Federación Alzhéimer Galicia

Cómo llegar Página web

Federación Alzhéimer Galicia Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias

Na actualidade FAGAL desenvolve os seus propios programas baseados principalmente na divulgación e formación de familiares de enfermos con algunha demencia. A maiores da cobertura e coordina algúns dos programas que se levan a cabo nas asociacións federadas:

- Centros de Día:
- Da rede pública en Pontevedra, Vigo, Moaña, Lugo, Ribeira e Ferrol
- Propios: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, ...
- Servizo de atención e acollida a persoas afectadas.
- Información e asesoramento en recursos sociais.
- Servizo de axuda a domicilio.
- Orientación xurídico - legal.
- Grupos de autoaxuda.
- Programa de estimulación domiciliaria.
- Fisioterapia domiciliaria.
- Asesoramento en adaptacións funcionais.
- Fisioterapia grupal.
- Atención psicolóxica individual para familiares.
- Tratamento fisioterapéutico individual para familiares.
- Transporte adaptado.
- Asesoramento en adaptacións funcionais.
- Deseño e difusión de exposicións formativas e de sensibilización.
- Obradoiros de formación para familiares e profesionais.
- Obradoiros de memoria e detección precoz.

👉 Lembrade que este xoves día 5 de Novembro con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas Coidadoras realiz...
03/11/2026

👉 Lembrade que este xoves día 5 de Novembro con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas Coidadoras realizaremos unha xornada formativa.

Esta xornada estará composta por unha breve formación introductoria: Hai igualdade nos coidados? que abordará o contexto actual desde unha perspectiva de xénero e a continuación ampliaremos temáticas grazas a unha Mesa Redonda Formativa onde falaremos coas protagonistas, persoas coidadoras das que poderemos escoitar de primeira man vivencias e necesidades.

‼️​Para incricións: [email protected]

Deputación da Coruña

👉 O vindeiro xoves día 5 de Novembro con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas Coidadoras realizaremos ...
29/10/2026

👉 O vindeiro xoves día 5 de Novembro con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas Coidadoras realizaremos unha xornada formativa.

Esta xornada estará composta por unha breve formación introductoria: Hai igualdade nos coidados? que abordará o contexto actual desde unha perspectiva de xénero e a continuación ampliaremos temáticas grazas a unha Mesa Redonda Formativa onde falaremos coas protagonistas, persoas coidadoras das que poderemos escoitar de primeira man vivencias e necesidades.

‼️​Para incricións: [email protected]

Deputación da Coruña

👉 Hoxe os nosos pensamentos están coa xente afectada tras o accidente ferroviario de Urda. Dende FAGAL expresamos a nosa...
29/10/2026

👉 Hoxe os nosos pensamentos están coa xente afectada tras o accidente ferroviario de Urda. Dende FAGAL expresamos a nosa solidariedade con todas as víctimas e as súas familias, aos que perderon seres queridos ou atravesan momentos difíciles. Recoñecemos e agradecemos o traballo dos servicios de emerxencia, como do resto de profesionais e persoas voluntarias. Dende Galicia mostramos todo o noso apoio e consideración.

👉 Continuamos formando en igualdade ás nosas asociacións baixo o programa Pontes Cara a Igualdade financiado pola Deputa...
27/10/2026

👉 Continuamos formando en igualdade ás nosas asociacións baixo o programa Pontes Cara a Igualdade financiado pola Deputación da Coruña. O pasado venres realizamos unha formación para AFAPO onde avanzamos na prevención das violencias e na igualdade!

Deputación da Coruña

👉Desde a Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL) queremos expresar o noso agradecemento á conselleira de Política Social e ...
23/10/2026

👉Desde a Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL) queremos expresar o noso agradecemento á conselleira de Política Social e Igualdade polo seu labor durante esta etapa, así como pola súa dedicación e compromiso no ámbito das políticas sociais en Galicia.

Queremos poñer en valor a súa disposición para escoitar as necesidades das entidades sociais e a importancia de manter espazos de diálogo e colaboración que permitan avanzar cara a unha sociedade máis xusta, inclusiva e comprometida coas persoas que máis apoio precisan.

A atención ás persoas con alzhéimer e outras demencias, ás súas familias e ao movemento asociativo que as acompaña require sensibilidade, implicación e vontade de colaboración. Por iso, agradecemos o traballo compartido e a oportunidade de seguir facendo visible unha realidade que precisa do compromiso de toda a sociedade e das institucións públicas.
Desexamos que continúe o seu traballo loitando polos dereitos das persoas cunha demencia neurodexenerativa e o seu contorno de coidados.

Fabiola García

👉 Onte comezamos unha nova etapa do noso programa "DivulgaMente". Este programa, que se desenvolve grazas á colaboración...
21/10/2026

👉 Onte comezamos unha nova etapa do noso programa "DivulgaMente". Este programa, que se desenvolve grazas á colaboración da Fundación Barrié leva información sobre o Alzhéimer e outras demencias ás novas xeracións a través de charlas divulgativas, experiencias en primeira persoa e participación activa. Tivemos o pracer de estrear esta tempada na propia sede da Fundación Barrié na Coruña con 279 alumnos de 5 centros educativos de A Coruña. Queremos agradecer a colaboración de Carlos Spuch, do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, como docente implicado en todas as charlas, a Loli, coidadora familiar que nos contou de primeira man a súa experiencia persoal, e a Elena Viqueira, Directora Técnica de AFACO que moderou a mesa.

⭐​Cada recordo conta, cada persoa importa.

Fundación Barrié
AFACO

👉 Desde FAGAL continuamos impartindo formacións ao abeiro do programa "Pontes cara a igualdade" financiado pola Deputaci...
19/10/2026

👉 Desde FAGAL continuamos impartindo formacións ao abeiro do programa "Pontes cara a igualdade" financiado pola Deputación da Coruña. O pasado venres estivemos na asociación Afafes en Cee con unha formación de Sensibilización en Igualdade de Xénero.

AFAFeS Alzheimer Deputación da Coruña

👉 Hoxe é o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza e para conmemoralo asistimos onte ao evento organizado por E...
17/10/2026

👉 Hoxe é o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza e para conmemoralo asistimos onte ao evento organizado por EAPN no que se desenvolveu o informe do estado de pobreza en Galicia. Para máis información podes consultar o informe completo neste enlace:https://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2026/10/Informe-Estado-da-Pobreza-en-Galicia-2026.pdf

14/10/2026

💼 Ter un traballo é una fonte de identidade, de utilidade e de pertenza. Por iso, é un dereito para todas as persoas.

🎯 No marco do 20º aniversario da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, lembramos que aínda existen prexuízos no ámbito empresarial. Sen embargo, a capacidade, a formación ou a experiencia non poden quedar nun segundo plano.

🗣 Hoxe escoitamos a Ruth, que nos recorda a importancia de dar oportunidades laborais ás persoas con discapacidade. Porque cómpre acadar un mercado de traballo inclusivo, libre de estereotipos e de discriminación.

Dirección

Rúa Dublín, 8B Baixo
Santiago De Compostela
15707

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Federación Alzhéimer Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos