Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Cómo llegar Página web

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia www.ccoo.gal Defendemos os teus dereitos laborais e sociais. Asesoramento, apoio mutuo e información transparente sobre o teu convenio, emprego, ...

📢 Temos unha mensaxe para Núñez Feijóo, que hoxe se permitiu darnos leccións sobre cando os sindicatos deben convocar mo...
03/11/2026

📢 Temos unha mensaxe para Núñez Feijóo, que hoxe se permitiu darnos leccións sobre cando os sindicatos deben convocar mobilizacións: o imos á folga xeral. Xa sabemos que a dereita deste país non quere que a conversa pública trate de especulación, de rendismo, de beneficios empresariais millonarios con salarios precarios, de pensións, de servizos públicos. Pois hai unha mala nova: a maioría social quere falar de todo isto e ímolo poñer enriba da mesa o 11N.

🔴 O líder do PP usou o tráxico accidente de Toledo como pretexto para desacreditar a ; non se debeu de enterar que CCOO desde o minuto un estivo ao carón das vítimas e defendeu ao persoal do sector ferroviario fronte a culpabilización desde o Goberno central.

‼ Lembrámoslle tamén ao señor Feijóo que, precisamente, con esta folga reclamamos mellores servizos públicos. Son necesarias máis inversións en infraestruturas e en persoal no sector ferroviario. Agora, xa nos explicará como se acomenten esas inversións coa política de agallos fiscais da dereita aos máis ricos.🤔

📷 Ferrol, Vilagacía, Santiago.

🟥 CCOO acada un acordo en Aldeas Infantiles Galicia🤝 Tras unha intensa negociación, conseguimos melloras e garantías par...
03/11/2026

🟥 CCOO acada un acordo en Aldeas Infantiles Galicia

🤝 Tras unha intensa negociación, conseguimos melloras e garantías para as traballadoras:
✅ Evitamos despedimentos forzosos e conseguimos 6 recolocacións.
✅ Melloramos un 5 % o plus de nocturnidade e ampliamos a franxa retribuída ata as 08:00 h.
✅ Conseguimos indemnizacións superiores ás inicialmente ofrecidas pola empresa.
✅ Acordamos un marco para as novas quendas e o seguimento do seu cumprimento.

✊ CCOO liderou a negociación e elaborou as propostas que permitiron acadar o acordo.

🔴 CCOO NEGOCIA. CCOO DEFENDE. CCOO RESPONDE.

🌐 Toda a información:
🔗 https://ccooensino.gal/ccoo-acada-un-acordo-en-aldeas-infantiles-galicia/

🤔⁉️ Tes dúbidas sobre a  ? Imos resolvelas en directo!Sentamos cun avogado de CCOO para contestar as túas preguntas e ac...
03/11/2026

🤔⁉️ Tes dúbidas sobre a ? Imos resolvelas en directo!

Sentamos cun avogado de CCOO para contestar as túas preguntas e aclarar o que necesites saber antes da folga xeral. En directo en Instagram e en Youtube o próximo 5 de novembro ás 18:00.

Enlace a YouTube 👉 https://youtube.com/live/9gK9UYPj-sA?feature=share

03/11/2026

🔥✊ «Os empresarios criminalizan á clase traballadora a conta das baixas e logo aínda teñen o 'cuajo' de pedir cartiños por cumprir as normas de prevención. Son samesugas!»

‼ Pechamos onte en Pontevedra as asembleas de persoas delegadas para preparar a . «Hai que levantarse, organizarse, saír a rúa e falar con todo o mundo para paralizar o país o », proclamou a secretaria xeral, Amelia Pérez.

➕ Vivenda, salarios, control de prezos, servizos públicos, dereito á saúde laboral; de todo isto vai a folga, tamén coas eleccións xerais no horizonte. «Queremos que na campaña se fale do que lle importa á maioría social».

02/11/2026

Non podemos consentir que o esforzo e a entrega de toda unha vida queden en nada. 💔

Detrás de cada prato, de cada coidado e de cada ano de servizo no Hospital Provincial de Pontevedra hai rostros, familias e historias de persoas que levan ata 34 anos deixando a pel no seu traballo. Agora, cando o traslado a Montecelo está preto, a única resposta que reciben son a incerteza e a ameaza do despedimento.

Corenta familias atópanse na cuerda floxa, soportando un desgaste emocional inxusto despois de tanto tempo de dedicación. Non é só un posto de traballo; é a dignidade de quen sempre estivo aí, especialmente cando máis se necesitaba.

📢 Exiximos á Xunta e ao Sergas responsabilidade e vontade política. A subrogación cara ao Hospital de Montecelo é unha necesidade real e unha cuestión de xustiza. Non queremos máis promesas baleiras nin silenciamentos; queremos solucións xa.

💪 Porque a dignidade non se negocia. Seguiremos loitando man a man ata garantir o último posto de traballo!

📌 Plataforma Conxunta do Convenio Colectivo de Comercio Vario da Coruña.Dende CCOO Servizos presentamos a plataforma (CC...
02/11/2026

📌 Plataforma Conxunta do Convenio Colectivo de Comercio Vario da Coruña.

Dende CCOO Servizos presentamos a plataforma (CCOO, UGT, CIG) coas melloras que defendemos para todas as traballadoras e traballadores do sector:

🗓️ Xornada e Conciliación: Redución da xornada laboral a 1.750 h en 2027 e 1.715 h en 2028, 12 sábados libres ao ano e 35 días naturais de vacacións.
💰 Salarios: Incrementos do 7% (2026), 5% (2027) e 5% (2028) con revisión ao IPC real e atrasos. Suba de domingos e festivos a 80 € en 2026.
🤝 Licenzas e Axudas: 6 días por enfermidade grave de familiares, 40 h/ano para acompañamento médico e 100 €/fillo/a de axuda escolar.
📝 Contratación: Xornada mínima parcial de 27h/semana e eliminación de categorías inferiores.

Plataforma completa: https://www.ccooservicios.es/galicia/2026/10/30/convenio-comercio-vario-coruna-2026-2028-plataforma/

Se tes calquera dúbida, consulta co teu ou túa delegada de CCOO. Que medida cres que achega máis á túa calidade de vida? Déixanos a túa opinión 👇



Servicios CCOO

🟥 Recuperamos a xubilación parcial anticipada do PTXAS laboral da USC✍️ CCOO asina o acordo que permite recuperar este d...
02/11/2026

🟥 Recuperamos a xubilación parcial anticipada do PTXAS laboral da USC

✍️ CCOO asina o acordo que permite recuperar este dereito, bloqueado polos cambios normativos de 2025.

✅ Acceso ata 3 anos antes da idade ordinaria de xubilación.
✅ Redución da xornada de ata o 75 %.
✅ Posibilidade de acumular o tempo de traballo pendente.
✅ Mantemento do premio extraordinario de xubilación.

🌐 Toda a información na nosa web:
🔗 https://ccooensino.gal/ccoo-asinamos-o-acordo-que-recupera-a-xubilacion-parcial-anticipada-do-ptxas-laboral-da-usc/

Foto: Santi Alvite. USC.

🚨 Persoal da cociña do Hospital Provincial esixe o mantemento de 40 postos de traballo en risco co traslado ao novo Mont...
02/11/2026

🚨 Persoal da cociña do Hospital Provincial esixe o mantemento de 40 postos de traballo en risco co traslado ao novo Montecelo.

📣 Persoas traballadoras, na súa maioría mulleres e algunhas con máis de 30 anos de experiencia, temen quedarse na rúa cun despido obxectivo sen que a Xunta e o Sergas se dignen a escoitalas.

🛑 Percorremos hoxe as rúas de Pontevedra para advertir de que CCOO defenderá eses postos de traballo!

📢   en Pontevedra: Última asemblea en preparación da  , con gran éxito de convocatoria.🚨 Amelia Pérez expón as razóns pa...
02/11/2026

📢 en Pontevedra: Última asemblea en preparación da , con gran éxito de convocatoria.

🚨 Amelia Pérez expón as razóns para a folga, desde os prezos da vivenda ata a carestía da vida, pasando polo futuro das pensións e dos servizos públicos.

✊ O hai que paralizar o país e deixar claro na rúa que somos máis e que esiximos un futuro digno.

📢 Comezamos a semana coa vista posta na  , na que organizaremos nove manifestacións, a central en Vigo. Porque, ademais ...
02/11/2026

📢 Comezamos a semana coa vista posta na , na que organizaremos nove manifestacións, a central en Vigo. Porque, ademais de pechar os centros de traballo, temos que encher as rúas para esixir vivenda digna, salarios axeitados e servizos públicos de calidade.

➕ Pola tarde do tamén nos mobilizaremos nas protestas que partan dos movementos sociais. Témennos unidos e unidas.

Dirección

Rúa De Miguel Ferro Caaveiro, 15703 Santiago De Compostela
Santiago De Compostela
15707

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Sindicato Nacional de CCOO de Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos