15/09/2026
PREMIO SONRISA 2026: O RECOÑECEMENTO MÁIS ESPECIAL DO III CÓCTEL SOLIDARIO 💛✨
Un dos momentos máis emotivos do vindeiro 19 de setembro será a entrega do Premio Sonrisa 2026! 🏆
Este galardón naceu para recoñecer e agradecer a entrega, o esforzo continuado e a implicación de persoas que levan tempo debuxando sorrisos en menos, nenas, familias e persoal sanitario xunto á Obra Social Pediatría.
📸 Lembranza 2025: Na pasada edición, o recoñecemento foi para Ánxela Delgado (Psicóloga Clínica), en agradecemento á súa inestimable labor e cariño incondicional dende os comezos da OSP.
🎶 Música en directo con Boas Vibras: A entrega deste ano estará amenizada polo son da arpa de Nuria, de Noia Harp Fest, colaboradores fundamentais do noso proxecto Boas Vibras.
Quen recibirá o Premio Sonrisa nesta edición? Descúbreo connosco!
📅 Cando: 19 de setembro ás 12:00 h
📍 Onde: Fundación Laboral de la Construcción (Rúa Pontepedriña de Arriba, 13, Santiago)
🎟️ Faite coa túa entrada no enlace da nosa bio e acompáñanos neste momento tan especial!