Cómo llegar Página web Contactar con la organización

AGARESO Somos profesionais da comunicación traballando en proxectos de cooperación e de educación para o cambio social

30/10/2026

Gladys Galeano é unha das mulleres que compartíu a súa historia dentro do proxecto "Dignificando Os Coidados".

💬 "Durante moito tempo non tiven pagas nin vacacións. Algunhas das secuelas que me quedaron é que non podo conciliar o sono".

"Dignificando os Coidados" é un proxecto de e que acompaña a mulleres migrantes no seu proceso de mellora das súas condicións sociolaborais.

🎙Podes ver e escoitar o vídeopodcast completo feito por todas elas na nosa canle de Youtube.

"Venimos a sumar, no a competir".

🌈 Malia os avances xurídicos no ámbito europeo (UE e Consello de Europa) e malia que o dereito da UE prevalece normalmen...
28/10/2026

🌈 Malia os avances xurídicos no ámbito europeo (UE e Consello de Europa) e malia que o dereito da UE prevalece normalmente sobre o dereito nacional, na práctica a igualdade segue baixo presión, especialmente no que respecta ás persoas LGBTQIA+. Ademais, hai atrasos moi grandes na transposición dos textos da UE á lexislación nacional, que sempre dependen das forzas políticas en xogo.

O 75 % das persoas LGBTQIA+ considera que os seus gobernos non fan o suficiente contra a discriminación. Por iso, o Consello de Europa aprobou a súa primeira Estratexia para a Igualdade de Dereitos das Persoas LGBTIQA+ (2027-2032), e o traballo dos movementos comunitarios e das organizacións segue sendo esencial. 🏳️‍🌈

ℹ️ Esta campaña forma parte das actividades de PGV Network, unha rede que reúne organizacións de toda Europa para concienciar sobre a violencia de xénero, promover o diálogo e animar as comunidades a pasar á acción.

🪇Iniciamos unha nova fase do proxecto de educación para o desenvolvemento, Epdlab.📆A semana pasada xuntámonos cos docent...
27/10/2026

🪇Iniciamos unha nova fase do proxecto de educación para o desenvolvemento, Epdlab.

📆A semana pasada xuntámonos cos docentes para presentar o proxecto, que xa vai pola súa 12.ª edición.

📝Este ano propuxemos unha renovación do enfoque, baseándonos en suxestións do profesorado e co obxectivo de mellorar e actualizar os contidos. En consecuencia, traballaremos a alfabetización mediática desde os dereitos humanos.

Benvidos a esta nova fase👏

🎬 PRESENTACIÓN VIDEOPODCAST DIGNIFICANDO COIDADOS🎥📅Este pasado venres, Agareso e  presentamos en Santiago o videpodcast ...
26/10/2026

🎬 PRESENTACIÓN VIDEOPODCAST DIGNIFICANDO COIDADOS🎥

📅Este pasado venres, Agareso e presentamos en Santiago o videpodcast Dignificando Coidados, enmarcado nun proxecto que leva o mesmo nome e que protagonizan mulleres que se adican ao coidado de persoas ou a limpeza.

📣A partires de hoxe estará dispoñible na canle de Youtube de Agareso, para que as súas demandas cheguen o máis lonxe posible. Non dubidedes en achegarvos a velo

🙏Financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a reda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2025.

23/10/2026

🏠 No estado español, o servizo doméstico emprega a unhas 550.000 personas, das cales o 90% son mulleres e, dentro desta porcentaxe, máis da metade son mulleres migrantes. Elas son así o sostén de moitas casas galegas.

Agora queren que lles deamos espazo e as escoitemos 🎙

Este sábado 24 de outubro presentamos en Santiago de Compostela o videopodcast “Dignificando os coidados”, un traballo feito polas mulleres migrantes que traballan nos coidados e na limpeza para dignificar o seu labor e a súa vida.

Se tes ganas de escoitar de primeira man o que teñen que contar e amosar o teu apoio, non faltes a esta cita 💜

📅 Sábado 24 de outubro · 20:00 h
📍Sede AFundación, Rúa do Vilar 19, Santiago de Compostela.
[Entrada libre ata completar aforo]

Vémonos alí?

Porque "Venimos a sumar, no a competir"

Un proxecto de e , co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e o Xacobeo 2027.

22/10/2026

Ata pronto, Dilma! 💜

Despois de máis de tres semanas en Galicia, Dilma Cruz regresou a Honduras. Foron días coñecendo labregas de aquí e tecendo alianzas con organizacións e colectivos que comparten unha forma de producir moito máis ligada á terra e coa vista posta no futuro. 🌱🌎

Foron días de encontros, saberes compartidos e comunidade, que deixan unha pegada fonda en todas as persoas que tivemos a sorte de aprender con ela.

🙌 Grazas, Dilma, por cada semente, cada remedio e cada conversa. Desde seguiremos tendendo pontes entre Honduras e Galicia.

Galiza

«Esta publicación realizouse co apoio financeiro da Xunta de Galicia. O contido da dita publicación é responsabilidade exclusiva de Amigas da Terra e Enxeñería sen Fronteiras e non reflicte necesariamente a opinión da Xunta de Galicia»

Dilma Cruz remata a súa xira polas granxas das labregas da Secretaría de Mulleres do Sindicato Labrego Galego con Belén ...
16/10/2026

Dilma Cruz remata a súa xira polas granxas das labregas da Secretaría de Mulleres do Sindicato Labrego Galego con Belén Fervenza, en Horta do Cadaval (Redondela). 👩🏽‍🌾

🌱 Días de paseos e conversas para coñecer a realidade de cada unha e de aprendizaxes sobre plantas medicinais, saúde e coidados das mulleres. Visitaron Cesantes para coñecer a acuicultura e o marisqueo da ría, onde Dilma probou o mexillón e o polbo por primeira vez. Tamén se achegaron ata o mercado de Redondela e Dilma mercou sementes para levar a Honduras.

💬 “Ela sabe moito de plantas, de como usalas para curar, e de saúde e coidados das mulleres. Está sendo un luxo”, conta Belén. “Entre labregas entendémonos moi ben á hora de traballar e cando visitamos a terra.”

🤰🏽 Tamén falaron moito do labor como parteira de Dilma e da importancia de recuperar a soberanía do propio corpo das mulleres de aquí.

Grazas Dilma, Pura, Uxía e Belén polos saberes compartidos estes días!

📍 Agora Dilma segue camiño: este sábado estará nas Xornadas de Educación Ecosocial de Tomiño e o luns no encontro Somos Ponte, en Pontevedra.



«Esta publicación realizouse co apoio financeiro da Xunta de Galicia. O contido da dita publicación é responsabilidade exclusiva de Amigas da Terra e Enxeñería sen Fronteiras e non reflicte necesariamente a opinión da Xunta de Galicia»

👩👵 DIGNIFICANDO COIDADOS🎙📻📅Durante este 2026, Agareso está desenvolvendo, xunto con  un proxecto chamado Dignificando co...
09/10/2026

👩👵 DIGNIFICANDO COIDADOS🎙📻

📅Durante este 2026, Agareso está desenvolvendo, xunto con un proxecto chamado Dignificando coidados, dirixido a mulleres migrantes que traballan no sector do fogar, tanto coidando persoas como realizando tarefas de limpeza.

📝📣A través del, entre outras cousas, pretendíase que adquiriran as ferramentas comunicativas e as habilidades sociais necesarias para poder identificar, argumentar e expor publicamente as súas vulnerabilidades, demandas...

👭Durante máis dunha ducia de talleres, as participantes foron tecendo redes entre elas, compartiron experiencias, dor e tamén alegría. Ademais, aprenderon a manexar as diferentes ferramentas da comunicación e a expresar aquelo que desexan trasladar á sociedade na que viven e traballan.

🎙Como resultado do seu traballo nestes talleres, elaborouse un videpodcast que van presentar en público o próximo sábado, 24 de outubro, ás 20 horas na Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela).

🙏Financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a reda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2025.

⛏️ 🌎 En setembro contámosvos tres casos de minaría en Galiza. Hoxe cruzamos o océano para falar dunha mina de ouro en Co...
05/10/2026

⛏️ 🌎 En setembro contámosvos tres casos de minaría en Galiza. Hoxe cruzamos o océano para falar dunha mina de ouro en Copán (Honduras) que leva máis de corenta anos aberta e pola que seis veciños foron procesados por acampar pacificamente nun cerro sagrado para o pobo maia-chortí.

⚠️ O modelo é o mesmo que denunciamos en Touro, Corcoesto ou Budiño. O prezo de opoñerse, non. Honduras ten o número máis alto de asasinatos de defensoras da terra do mundo. En 2025, asasinaron no país a 12 persoas, o dobre que o ano anterior.

🌱 Estes días acompáñanos en Galiza Dilma Cruz, campesiña hondureña, que estará connosco ata o 20 de outubro.

🤝 Por todo isto existe Mulleres Bravas, para tender pontes entre quen defende a vida aquí e alí.

👉 Desliza e comparte

🔗 mulleresbravas.gal

📚 Fontes: Calan Institute (CATRA) en Contracorriente; Global Witness.



«Esta publicación realizouse co apoio financeiro da Xunta de Galicia. O contido da dita publicación é responsabilidade exclusiva de Amigas da Terra e Enxeñería sen Fronteiras e non reflicte necesariamente a opinión da Xunta de Galicia»

02/10/2026

🎬 Toma nota: o 14 de outubro estreamos en Galicia “La Tierra os hará libres. Sepur Zarco”, o documental que fixemos xunto a Mujeres Transformando el Mundo (MTM) en Guatemala. 

🌱 O documental percorre a loita das mulleres q'eqchi' de Sepur Zarco, que enfrontaron aos seus agresores e ao propio Estado ata lograr, en 2016, a primeira condena dun tribunal nacional por escravitude sexual como crime de lesa humanidade nun conflito armado. Pero a xustiza segue pendente: a devolución das súas terras continúa sen resolverse.

📍 Sala Numax · 18.00h

✨ E haberá coloquio con Paula Barrios, coordinadora de MTM e a nosa contraparte en Guatemala, que visitará Galicia esa semana.

Reservade o día! 💜

Dirección

Rúa Do Hórreo 22
Santiago De Compostela
15702

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 18:00
Martes 09:00 - 18:00
Miércoles 09:00 - 18:00
Jueves 09:00 - 18:00
Viernes 09:00 - 15:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando AGARESO publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a AGARESO:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos