07/08/2026
A Xunta de Galicia activa o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (PLATERGA) en
nivel 2, con motivo do previsible incremento da mobilidade e da concentración de persoas
en distintos puntos da xeografía galega para o avistamento da eclipse solar do día 12 de
agosto.
Solicítase que se manteñan os medios e recursos dispoñibles en situación de alerta, co fin
de garantir unha resposta rápida e eficaz ante calquera incidencia que poida producirse.
Naqueles concellos con PEMU, lémbrase a conveniencia de proceder a súa activación co
obxecto de asegurar a necesaria coordinación entre administracións e garantir que todos
os medios e recursos se atopen preparados, en alerta e plenamente operativos.