Ecoloxistas en Acción

Cómo llegar Página web

Ecoloxistas en Acción Xente defendendo a ecoloxía social en Galiza.

Na rúa radioactiva do Principe en Vigo para lembrar á veciñaza a necesidade de organizarse e mobilizarse para que a nosa...
07/11/2026

Na rúa radioactiva do Principe en Vigo para lembrar á veciñaza a necesidade de organizarse e mobilizarse para que a nosa terra non sexa un vertedoiro.

Súmate á loita con Ecoloxistas en Acción!

Máis información en botacontas.gal.

Diante do Concello de Vigo fixemos un chamamento conxunto de cara á folga xeral do 11 de Novembro. As organizacións soci...
05/11/2026

Diante do Concello de Vigo fixemos un chamamento conxunto de cara á folga xeral do 11 de Novembro. As organizacións sociais, veciñais, culturais, feministas, ecoloxistas, estudantís e sindicais da cidade que constituimos a Alianza pola Vivenda e o Comité Municipal de Extensión da Folga imos da man para acadar que a Folga Xeral teña o maior impacto posible.

Animamos a toda a clase traballadora e a veciñanza a que secunde a folga xeral e se una ao seu comité más próximo para avanzar conxuntamente na conquista dos dereitos sociais e laborais.

Fronte á carestía da vida: polo dereito á vivenda, na defensa dos salarios, das pensións dos e servizos públicos.

02/11/2026

«Comunidades enerxéticas? Pero que lerias son esas? Eu págolle a luz de toda a vida a Fenosa e déixome de historias cos veciños»… Cantas veces escoitaches o comodismo de quen prefire seguir pagando o que lle boten?

Xuntarse coa veciñanza para poñer en marcha unha comunidade enerxética leva tempo. Pero botaches as contas do que nos custa seguir engordando os beneficios do oligopolio con facturas abusivas? A experiencia da defensa do monte comunal en Tameiga ensínanos o camiño: organizarse non só permite producir enerxía propia e aforrar cartos, senón tamén poñer un freo ao espolio do noso territorio por parte das multinacionais.
Construír soberanía enerxética dende abaixo esixe organización e implicación? Si. Pero os números cantan: actuar xuntas sempre paga a pena!

Descobre a campaña completa e todos os vídeos en: https://www.botacontas.gal

Defende a terra e un modelo enerxético xusto. Súmate a Ecoloxistas en Acción Galiza!

Folga xeral pola vivendaPorque traballar xa non garante chegar a fin de mes, porque os alugueiros se comen os nosos sala...
28/10/2026

Folga xeral pola vivenda

Porque traballar xa non garante chegar a fin de mes, porque os alugueiros se comen os nosos salarios e porque os beneficios duns poucos seguen medrando. O 11N paramos o país.

11 de novembro · Folga xeral Folgaxeral Pola vivenda Porque traballar xa non garante chegar a fin de mes, porque os alugueiros se comen os nosos salarios e porque os beneficios duns poucos seguen medrando. O 11N paramos o país. Participa na folgaLe o programaFaltan 25 díaspara o 11N Vivenda ✱ S...

🏠 CARA Á FOLGA XERAL: VIGO POLO DEREITO A TEITO📢 O venres 30 ás 19:00 h, saímos ás rúas de Vigo para defender o dereito ...
27/10/2026

🏠 CARA Á FOLGA XERAL: VIGO POLO DEREITO A TEITO

📢 O venres 30 ás 19:00 h, saímos ás rúas de Vigo para defender o dereito a unha vivenda digna!

📍 Dende o Farol de Urzaiz

Esiximos respostas e medidas reais ante a emerxencia habitacional, con reivindicacións dirixidas tanto á Xunta de Galicia como ao Concello de Vigo.

Porque a vivenda é un dereito, non un privilexio. ✊

Polo dereito a teito! Por unha vivenda digna para todas! 🏠🔥

Amnistía Internacional, As Ninguéns, a parroquia do Cristo da Victoria, a CGT, Ecoloxistas en Acción, Oxfam e SOS Racism...
26/10/2026

Amnistía Internacional, As Ninguéns, a parroquia do Cristo da Victoria, a CGT, Ecoloxistas en Acción, Oxfam e SOS Racismo Galicia convocaron á cidadanía a unha concentración el domingo 25 de outubro diante do MARCO para rexeitar o aumento do racismo e o discurso de odio tras a entrada extraordinaria de persoas migrantes en Ceuta o pasado 30 de xullo.

Amnistía Internacional, As Ninguéns, a parroquia do Cristo da Victoria, a CGT, Ecoloxistas en Acción, Oxfam e SOS Racismo Galicia convocaron á cidadanía a unha concentración el domingo 25 de outubro diante do MARCO para rexeitar o aumento do racismo e o discurso de odio tras a entrada extraord...

25/10/2026

Concentración para rexeitar o aumento do racismo e o discurso de odio tras a entrada extraordinaria de persoas migrantes en Ceuta o pasado 30 de xullo.

Reclamamos unha sociedade que sitúe a humanidade por encima do medo, onde todas as vidas teñan o mesmo valor por igual, tamén nas fronteiras”. Os Estados teñen a obrigación de garantir os dereitos de todas as persoas. Ningunha persoa pode ser golpeada, humillada, perseguida ou sometida a un trato degradante, como pasou en Ceuta.

24/10/2026

Quedar no sofá sae máis caro do que pensas. Arrincamos a nosa nova campaña "Bota contas… Paga a pena"

Parar proxectos destrutivos como Altri ou a minaría contaminante esixe saír á rúa, organizarse e poñer o corpo. Custa tempo e esforzo? Claro que si. Pero defender o noso territorio e o noso futuro sempre paga a pena.

Bota contas e descubre todos os vídeos da campaña en: https://www.botacontas.gal

Ecoloxistas en Acción chamamos á folga xeral de 24 horas convocada o 11 de novembro  polo dereito a unha vivenda digna, ...
19/10/2026

Ecoloxistas en Acción chamamos á folga xeral de 24 horas convocada o 11 de novembro polo dereito a unha vivenda digna, a perda de poder adquisitivo da clase traballadora e o aumento xeneralizado dos prezos que nos impiden desenvolver vidas plenas e estables.

Castellano | GalegoEcoloxistas en Acción chama á folga xeral de 24 horas convocada o próximo 11 de novembro polo dereito a unha vivenda digna, a perda de poder adquisitivo da clase traballadora e o aumento xeralizado dos prezos que nos impiden ás persoas desenvolver vidas plenas e estables.

No verán máis tórrido do último século e medio, as catro intensas e prolongadas vagas de calor estivais de 2026 elevan a...
19/10/2026

No verán máis tórrido do último século e medio, as catro intensas e prolongadas vagas de calor estivais de 2026 elevan as puntas de ozono ao seu nivel máis alto desde 2019, afectando a práctica totalidade da poboación galega.

Ecoloxistas en Acción pide á Xunta de Galicia que informe debidamente á poboación do risco para a súa saúde durante episodios de elevada contaminación por ozono como os rexistrados na Coruña e Vigo en xullo e setembro.

No verán máis tórrido do último século e medio, as catro intensas e prolongadas vagas de calor estivais de 2026 elevan as puntas de ozono ao seu nivel máis alto desde 2019, afectando a práctica totalidade da poboación galega.

Dirección

Santiago De Compostela
15704

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Ecoloxistas en Acción publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos