18/05/2026
🦆✨ O próximo 27 de maio celebramos en Santiago o encontro solidario “Un parrulo, moitas historias”, unha tarde para desfrutar en familia mentres apoiamos a infancia e o acollemento familiar. 💛
Temos preparado un plan moi especial:
✨ Merenda
✨ Contacontos
✨ Obradoiro creativo (decoraremos o noso propio parrulo)
✨ Espazo de encontro para familias
📍 Onde? Hotel Puerta del Camino (Santiago)
🕕 Cando? De 18:00 a 20:00 h
🎟️ Entradas no link da bio
👉 Toda a recadación irá destinada aos programas de apoio á infancia, adolescencia e acollemento familiar de ACOUGO en Galicia.
💛 Como podedes colaborar?
• Difundindo esta iniciativa
• Participando no evento ou colaborando coa fila 0
• Animando a outras familias a sumarse
Porque cada pequeno xesto pode cambiar grandes historias. Agardámosvos! ✨