EAPN-Galicia

Cómo llegar Página web

EAPN-Galicia Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de EAPN-Galicia, Organización no gubernamental (ONG), Rúa República de El Salvador, 3, 2ºD, Santiago de Compostela.

Rede Europea contra a Pobreza. 157 entidades do Terceiro Sector de Acción Social galego loitando contra a pobreza, a exclusión e a desigualdade social e de xénero e defendendo os dereitos das persoas en pobreza ou exclusión Rede Europea contra a Pobreza. 140 entidades do Terceiro Sector de Acción Social galego loitando contra a pobreza, a exclusión e a desigualdade social e de xénero. Traballando polas mesmas causas, desde un enfoque de dereitos pola defensa dos intereses das persoas en situación ou risco de pobreza e da súa participación comunitaria plena, mediante a incidencia política e social propositiva.

28/10/2026

Ana Pardo, presidenta de EAPN Galicia expón as medidas necesarias para frear o aumento de pobreza e desigualdade en Galicia na presentación do XVI informe 'O Estado da Pobreza en Galicia. 2026'.

🔹Modificar a Lei de Inclusión Social de Galicia para facilita o acceso á RISGA e a complementariedade co IMV.
🔹Acatar a Lei de Impulso Demográfico cun Plan de Apoio ás familias monoparentais.
🔹Medidas específicas para combater o empobrecemento xuvenil.
🔹Facerlle fronte a .

💬Discurso completo: https://eapn-galicia.com/claves-e-demandas-para-evitar-que-a-pobreza-e-a-desigualdade-sigan-medrando-en-galicia/

27/10/2026

🎥 Revive os mellores momentos do II Simposio Europeo sobre Aporofobia!

📍 Santiago de Compostela acolleu os días 23 e 24 de setembro un encontro impulsado por EAPN - España, en colaboración con EAPN Galicia, para reflexionar sobre a aporofobia e como combatela.

Expertas e expertos de distintos eidos puxeron sobre a mesa un reto clave: avanzar cara un marco común europeo que recoñeza a aporofobia como motivo de discriminación.

▶️ Dalle ao play e volve a vivir o Simposio!
Visita a canle de Youtube de EAPN - España para ver o vídeo resumo completo.

💜 Seguimos traballando para que a pobreza nunca sexa motivo de rexeitamento nin discriminación.

💙 Sumámonos á campaña polo Día Nacional do Dano Cerebral que se celebra hoxe.Grazas a entidades como Dano Cerebral Galic...
26/10/2026

💙 Sumámonos á campaña polo Día Nacional do Dano Cerebral que se celebra hoxe.

Grazas a entidades como Dano Cerebral Galicia que traballan día a día pola defensa dos dereitos das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias.

"A vida continúa, o apoio tamén"

🧾 Consulta aquí o manifesto e todas as convocatorias para hoxe e os vindeiros días: https://danocerebralgalicia.org/gl/actualidade/a-vida-continua-o-apoio-tamen-manifesto-polo-dia-nacional-do-dano-cerebral-adquirido

23/10/2026

IMPORTANTE. Detalle das 442 OFERTAS DE EMPREGO en organizacións do Terceiro Sector Social financiadas pola convocatoria Coopera 2026 da Xunta de Galicia
Data máxima de contratación: 10 de decembro de 2026

🚨🏠A  vivenda continúa a ser un dos principais factores de empobrecemento da sociedade galega. ⚖️🏠Aumenta a fenda das per...
22/10/2026

🚨🏠A vivenda continúa a ser un dos principais factores de empobrecemento da sociedade galega.

⚖️🏠Aumenta a fenda das persoas que viven de alugueiro fronte as que o fan en propiedade 👉 31, 4 puntos.
📊Un 47,1% de persoas que viven de alugueiro están en risco de pobreza fronte a un 15,7% que viven en propiedade.

💸Os fogares galegos por primeira vez, dende o COVID-19 acadan o pico máis alto de gasto medio en vivenda sobre o gasto total dos fogares, ascendendo ao 31,5%.

🏠💚As condicións de habitabilidade tamén empobrecen.
👉O 24,8% dos fogares manifesta ter humidades na súa vivenda e 15,3% deficiencias de illamento térmico ou acústico.
👉O 16,3% da poboación galega non pode manter a súa vivenda adecuada en inverno.

⚠️Urxe atallar a .

✊Dende EAPN pedimos compromiso orzamentario e de planificación a curto, medio e longo prazo, coordinación entre administracións e Diálogo Civil coas entidades sen ánimo de lucro.

📊Coñece máis datos do XVI informe 'O Estado da Pobreza en Galicia. 2026'
📎https://eapn-galicia.com/galicia-perde-impulso-na-reducion-da-pobreza-tras-os-avances-despois-da-pandemia/
📄Informe:https://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2026/10/Informe-Estado-da-Pobreza-en-Galicia-2026.pdf

📢600.000 galegas e galegos atópanse en risco de pobreza e/ou exclusión social, 91.000 máis que o ano anterior.📊Queres sa...
21/10/2026

📢600.000 galegas e galegos atópanse en risco de pobreza e/ou exclusión social, 91.000 máis que o ano anterior.

📊Queres saber máis sobre os datos e principais indicadores de pobreza en Galicia?

🔵Acompáñanos no seminario web 'O Estado da Pobreza en Galicia. 2026'.
📆Mércores 28 de outubro
🕙10:00 h - 11:30 h | 💻 En liña
🖱️Inscríbete aquí: https://forms.cloud.microsoft/e/1EA0PUJVYT

Presentarase o XVI informe 'O Estado da Pobreza en Galicia. 2026' que recolle datos como:
👥 O principal grupo prexudicado foi a mocidade, cun 27,6% de mozos e mozas entre 18 e 29 anos en risco de pobreza e exclusión social.
🏠 A vivenda segue a ser unha das principais causas de empobrecemento: un 47,1% de persoas que viven de alugueiro están en risco de pobreza fronte a un 15,7% que viven en propiedade.
⚖ O impacto da pobreza amortiguouse grazas o papel do Estado de benestar evitando que 747.000 persoas entrasen na pobreza.

👉Inscríbete xa: https://forms.cloud.microsoft/e/1EA0PUJVYT

➕info: https://eapn-galicia.com/galicia-perde-impulso-na-reducion-da-pobreza-tras-os-avances-despois-da-pandemia/

⚠️A pobreza increméntase en Galicia 3,3 puntos, afectando a unhas 600.000 galegas e galegos.📊Datos do XVI informe 'O Est...
20/10/2026

⚠️A pobreza increméntase en Galicia 3,3 puntos, afectando a unhas 600.000 galegas e galegos.

📊Datos do XVI informe 'O Estado da Pobreza en Galicia. 2026' que presentamos co motivo do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza no Consello Económico e Social de Galicia.

📎Nova completa co informe aquí 👉 https://eapn-galicia.com/galicia-perde-impulso-na-reducion-da-pobreza-tras-os-avances-despois-da-pandemia/

🎥Vídeo da presentación do informe 👉 https://youtu.be/A5_GqtBAwak

19/10/2026

O XVI informe “O Estado da Pobreza en Galicia 2026”, revela que no ano 2025 a pobreza e a exclusión social aumentou 3,3 puntos afectando a 600.000 galegos e galegas Este incremento na pobreza afecta especialmente a poboación moza: o 27,6% de mozos e mozas entre 18 e 29 anos

16/10/2026

A mocidade é o grupo de idade no que máis impacto a pobreza.

Así o explica Xose Cuns, director da EAPN Galicia na presentación do XVI informe 'O Estado da Pobreza en Galicia 2026'

Dirección

Rúa República De El Salvador, 3, 2ºD
Santiago De Compostela
15701

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando EAPN-Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos