Agadea Alzheimer

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Agadea Alzheimer Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer

AGADEA é unha asociación sen ánimo de lucro, constituída en 1994 por un grupo de familiares de enfermos de Alzheimer para buscar respostas, compromisos, apoios e recursos necesarios para coidar mellor e con menos dificultades aos seus enfermos.

🎃🌰 En Rianxo celebramos o Samaín e o magosto!No noso Centro Terapéutico compartimos unha xornada de tradicións de outono...
02/11/2026

🎃🌰 En Rianxo celebramos o Samaín e o magosto!

No noso Centro Terapéutico compartimos unha xornada de tradicións de outono: preparamos a cabaza, gozamos das castañas e puxemos a proba a puntería co billar holandés. 🎯

Entre xogadas, conversas e momentos en compañía, seguimos facendo do centro un espazo para participar, compartir e g***r. 💚

🍂 Porque as tradicións tamén se manteñen vivas cando as celebramos xuntas e xuntos!

🍂 Mans que crean, momentos que compartimos.No Centro Terapéutico de Salgueiriños experimentamos coa arxila, modelando e ...
30/10/2026

🍂 Mans que crean, momentos que compartimos.

No Centro Terapéutico de Salgueiriños experimentamos coa arxila, modelando e pintando creacións propias. Tamén saímos recoller follas e outros elementos naturais para elaborar unha coroa de outono. 🎨🌿

Propostas para explorar texturas e cores, poñer en práctica as nosas habilidades e g***r do proceso en compañía, ao ritmo de cada persoa.

💚 En AGADEA, o outono tamén se vive creando e compartindo!

💚 Coidar ata o final tamén é acompañar, escoitar e estar presentes.Onte, 28 de outubro, o noso Centro de Día de Ribeira ...
29/10/2026

💚 Coidar ata o final tamén é acompañar, escoitar e estar presentes.

Onte, 28 de outubro, o noso Centro de Día de Ribeira acolleu a primeira sesión do curso «Coidados e acompañamento ao final da vida», no marco da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

🗣️ Contamos con Ignacio Novo Veleiro, médico internista e coordinador do Servizo de Hospitalización a Domicilio e Coidados Paliativos da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

Un espazo de aprendizaxe para seguir avanzando nun acompañamento centrado na dignidade, no benestar e nas necesidades de cada persoa e da súa familia. 🤝

📅 O vindeiro mércores, 4 de novembro, continuaremos coa segunda sesión: «Coidados sanitarios no final da vida: enfermidade avanzada e coidados paliativos».

Grazas a Ignacio e a todas as persoas participantes por compartir este encontro! 💚

💚 Unha visita a FINSA Padrón cun significado especialOnte achegámonos a FINSA en CONCELLO DE PADRÓN para falar sobre dem...
28/10/2026

💚 Unha visita a FINSA Padrón cun significado especial

Onte achegámonos a FINSA en CONCELLO DE PADRÓN para falar sobre demencias, prevención e os recursos e servizos de AGADEA. E fixémolo cun compañeiro moi especial: Feliciano, participante de ACTIVA-T e antigo traballador de FINSA, que regresou ao que fora o seu lugar de traballo.

Xunto a el participaron Taida Sánchez, neuropsicóloga de AGADEA, e Lucía Fandiño, coordinadora da Área de Santiago, nun encontro para achegar a realidade das demencias ao ámbito laboral e dar a coñecer os apoios dispoñibles para as persoas e as súas familias.

A presenza de Feliciano puxo en primeiro plano algo que queremos seguir facendo visible: as persoas que participan nos nosos programas teñen moito que achegar, tamén desde a súa historia e os vínculos coa comunidade.

Grazas a FINSA pola acollida e por abrir este espazo de sensibilización, e a Feliciano por acompañarnos! 🌿

🎨💚 CASE 2.300 VISITAS! GRAZAS!A exposición   despídese da Cidade da Cultura de Galicia cunha acollida extraordinaria. ✨🖌...
28/10/2026

🎨💚 CASE 2.300 VISITAS! GRAZAS!

A exposición despídese da Cidade da Cultura de Galicia cunha acollida extraordinaria. ✨

🖌️ Grazas a todas as persoas que nos visitastes e, especialmente, ás artistas e aos artistas de AGADEA que compartiron as súas creacións.

💚 Un agradecemento moi especial á nosa profesora Beatriz S. Saá, pola súa dedicación, sensibilidade e por facer da pintura un espazo de expresión e coidado.

🏛️ Grazas tamén á Fundación Cidade da Cultura de Galicia pola súa colaboración e por dar visibilidade a este proxecto.

🌿 Porque a arte tamén é memoria, emoción e unha forma de coidarnos.

27/10/2026
🌰 Compartir tradicións, unir xeracións!O venres celebramos en Concello de Cuntis un magosto moi especial cos nenos e nen...
27/10/2026

🌰 Compartir tradicións, unir xeracións!

O venres celebramos en Concello de Cuntis un magosto moi especial cos nenos e nenas do Cuntilín. Compartimos tamén unha partida de bingo, nunha xornada de encontro entre maiores e pequenos. 💚

Porque compartir tempo, xogos e tradicións é unha maneira de coñecernos mellor e crear vínculos entre xeracións.

Grazas ao Cuntilín por compartir esta xornada connosco! 🥰

🎨🌽 Creatividade e tradición para o Pasabodeghas!Así quedaron as creacións que as persoas usuarias de AGADEA en Concello ...
26/10/2026

🎨🌽 Creatividade e tradición para o Pasabodeghas!

Así quedaron as creacións que as persoas usuarias de AGADEA en Concello de Vedra elaboraron para a edición deste ano: sombreiros cheos de cor e un mural no que as follas de millo se transformaron en arte. 💚

23/10/2026

🎨💚 «Coidándonos» chega á televisión pública!

📺 O Telexornal de La 1 de TVE fíxose eco da exposición «Coidándonos», unha iniciativa de AGADEA Alzhéimer que amosa como a arte pode converterse nunha poderosa ferramenta de expresión, conexión e benestar para as persoas con alzhéimer e outras demencias.

🖌️ Cada obra conta unha historia. Cada pincelada é unha oportunidade para expresar emocións, estimular a creatividade e descubrir capacidades que permanecen máis alá da memoria.

💚 Grazas a TVE por dar visibilidade a este proxecto e, sobre todo, ás persoas protagonistas, que nos lembran que a creatividade non ten idade nin entende de diagnósticos.

▶️ Compartimos a reportaxe emitida en La 1.

📱💚 A tecnoloxía tamén é autonomía!Esta semana, en ActivaT, aprendemos a movernos polo mundo dixital con máis seguridade ...
23/10/2026

📱💚 A tecnoloxía tamén é autonomía!

Esta semana, en ActivaT, aprendemos a movernos polo mundo dixital con máis seguridade e confianza.

👩‍💻 Andrea, alumna do Máster en Psicoxerontoloxía e voluntaria de AGADEA, acompañounos nun obradoiro práctico sobre prevención de fraudes en Internet e uso de aplicacións útiles para o día a día, como a do SERGAS.

🔐 Porque a tecnoloxía non ten idade e aprender a utilizala axúdanos a gañar independencia, confianza e autonomía.

👏 Grazas, Andrea, por compartir os teus coñecementos!

Dirección

Salgueiriños De Abaixo, Nº 15/As Cancelas
Santiago De Compostela
15703

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 20:00
Martes 09:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 20:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Agadea Alzheimer publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Agadea Alzheimer:

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos