Cómo llegar Página web

Igaxes ONG para o futuro da infancia e a xuventude en situación vulnerable

🎃👻 Nótase que este ano o Samaín caeu na finde!Había que aproveitalo, que non volverá pasar ata 2037! 😱 E a rapazada de S...
02/11/2026

🎃👻 Nótase que este ano o Samaín caeu na finde!

Había que aproveitalo, que non volverá pasar ata 2037! 😱 E a rapazada de Santiago non deixou escapar a ocasión: puxéronse mans á obra con receitas arrepiantes, cabazas, disfraces e decoración para recibir o outono como toca.

Din tamén que repartiron lambonadas entre as cativas e cativos do barrio, tanto repartiron que nin unha galleta quedou para nos… 😪

Está claro que o pasaron de medo!



𝘗𝘳𝘰𝘨𝘳𝘢𝘮𝘢 𝘤𝘰𝘧𝘪𝘯𝘢𝘯𝘤𝘪𝘢𝘥𝘰 𝘱𝘰𝘭𝘰 𝘍𝘚𝘌+ 𝘎𝘢𝘭𝘪𝘤𝘪𝘢

Moita sorte nesta nova aventura 🍀Hoxe despedimos duas mozas dunha das vivendas Mentor, que comezan unha nova etapa: a vi...
30/10/2026

Moita sorte nesta nova aventura 🍀

Hoxe despedimos duas mozas dunha das vivendas Mentor, que comezan unha nova etapa: a vida independente.

Saír da vivenda é o paso de cara a autonomía. Organizarse pola súa conta, tomar decisións, asumir novas responsabilidades e seguir construíndo un proxecto de vida propio.

Desexámoslles todo o mellor ❤️‍🩹

Podes saber un pouco máis no novo post do blog ☝🏼



𝘗𝘳𝘰𝘨𝘳𝘢𝘮𝘢 𝘤𝘰𝘧𝘪𝘯𝘢𝘯𝘤𝘪𝘢𝘥𝘰 𝘱𝘰𝘭𝘰 𝘍𝘚𝘌+ 𝘎𝘢𝘭𝘪𝘤𝘪𝘢

🐶 Sabemos que se fora por eles os levarían a todos a casa, pero de momento imos empezar por saber cómo hai que coidalos....
23/10/2026

🐶 Sabemos que se fora por eles os levarían a todos a casa, pero de momento imos empezar por saber cómo hai que coidalos.

Grazas a por deixarnos pasar unha finde coñecendo o que facedes ❤️

E para rematar, unha boa dose de agarimos. 🥰



𝘗𝘳𝘰𝘨𝘳𝘢𝘮𝘢 𝘤𝘰𝘧𝘪𝘯𝘢𝘯𝘤𝘪𝘢𝘥𝘰 𝘱𝘰𝘭𝘰 𝘍𝘚𝘌+ 𝘎𝘢𝘭𝘪𝘤𝘪𝘢

Parabéns Yeimar! 🎉👏Tras a topar emprego en cuño tocaba buscar piso  e este outubro por fin o atopou!Ter unha oportunidad...
22/10/2026

Parabéns Yeimar! 🎉👏

Tras a topar emprego en cuño tocaba buscar piso e este outubro por fin o atopou!

Ter unha oportunidade laboral non sempre implica poder aproveitala. Nas vilas pequenas, a vivenda tamén pode ser unha barreira para a mocidade. Hai menos oferta dispoñible e en moitos casos non se atopan preto dos postos de traballo.

🏡 Atopar onde vivir non debería ser n obstáculo para comezar.

𝘗𝘳𝘰𝘨𝘳𝘢𝘮𝘢 𝘥𝘦 𝘵𝘳á𝘯𝘴𝘪𝘵𝘰 á 𝘷𝘪𝘥𝘢 𝘢𝘥𝘶𝘭𝘵𝘢, 𝘢𝘶𝘵𝘰𝘯𝘰𝘮í𝘢 𝘦 𝘦𝘮𝘢𝘯𝘤𝘪𝘱𝘢𝘤𝘪ó𝘯 𝘱𝘢𝘳𝘢 𝘱𝘦𝘳𝘴𝘰𝘢𝘴 𝘦𝘯 𝘴𝘪𝘵𝘶𝘢𝘤𝘪ó𝘯 𝘥𝘦 𝘷𝘶𝘭𝘯𝘦𝘳𝘢𝘣𝘪𝘭𝘪𝘥𝘢𝘥𝘦 𝘦𝘯 𝘻𝘰𝘯𝘢𝘴 𝘯𝘰𝘯 𝘶𝘳𝘣𝘢𝘯𝘢𝘴

Presentamos o proxecto My Rural Mentor dentro do IX Think tank de Jovenes e Inclusión sobre  . Un gusto compartir a nosa...
16/10/2026

Presentamos o proxecto My Rural Mentor dentro do IX Think tank de Jovenes e Inclusión sobre . Un gusto compartir a nosa experiencia con 17 entidades de todo o Estado. Seguimos traballando para mellorar a vida das e dos mozos do rural.

NingunMozoSenFuturo igaxes

Non sabes o que tes… ata que o atopas.👀As veces nos emperramos en ir lonxe para facer plans cando temos verdadeiras xoia...
08/10/2026

Non sabes o que tes… ata que o atopas.👀

As veces nos emperramos en ir lonxe para facer plans cando temos verdadeiras xoias ao carón da casa (e moitas veces non sabemos nin que están aí)

Foi un pouco o que lles pasou a rapazada de Santiago co Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela o descubrimiento do ano! 🤓

💡Un bo momento para apreciar os recursos culturais que temos na cidade, poder coñecelos, disfrutalos e facelos propios.



𝘗𝘳𝘰𝘨𝘳𝘢𝘮𝘢 𝘤𝘰𝘧𝘪𝘯𝘢𝘯𝘤𝘪𝘢𝘥𝘰 𝘱𝘰𝘭𝘰 𝘍𝘚𝘌+ 𝘎𝘢𝘭𝘪𝘤𝘪𝘢

Grazas a Sensogenomics  e ao Auditorio de Galicia Compostela Cultura puidemos vivir esta experiencia da man da Real Filh...
30/09/2026

Grazas a Sensogenomics e ao Auditorio de Galicia Compostela Cultura puidemos vivir esta experiencia da man da Real Filharmonía de Galicia

Sensogenoma é un proxecto interesantísimo co que aprendemos que a música tamén pode ser unha forma de descubrir cousas que non vemos.



𝘗𝘳𝘰𝘨𝘳𝘢𝘮𝘢 𝘤𝘰𝘧𝘪𝘯𝘢𝘯𝘤𝘪𝘢𝘥𝘰 𝘱𝘰𝘭𝘰 𝘍𝘚𝘌+ 𝘎𝘢𝘭𝘪𝘤𝘪𝘢

Parece que o verán non nos quere deixar!Con esta calor saír á rúa en Ourense é case unha misión suicida 🥵 Así que, tocou...
25/09/2026

Parece que o verán non nos quere deixar!

Con esta calor saír á rúa en Ourense é case unha misión suicida 🥵 Así que, tocou poñer a traballar a batidora 🧊🍓🍌

Van sobrados para sobrevivir a este forno 😎



𝘗𝘳𝘰𝘨𝘳𝘢𝘮𝘢 𝘤𝘰𝘧𝘪𝘯𝘢𝘯𝘤𝘪𝘢𝘥𝘰 𝘱𝘰𝘭𝘰 𝘍𝘚𝘌+ 𝘎𝘢𝘭𝘪𝘤𝘪𝘢

Plan de día completo na Ribeira Sacra ✨📸 Foto de rigor na Fervenza de Augacaída🏔️Visita ao miradoiro de Cabo do Mundo🛻 E...
24/09/2026

Plan de día completo na Ribeira Sacra ✨

📸 Foto de rigor na Fervenza de Augacaída
🏔️Visita ao miradoiro de Cabo do Mundo
🛻 E algunha ruta de senderismo onde o coche non chega

O ocio tamén conta á hora de facer vida nun lugar.

𝘗𝘳𝘰𝘨𝘳𝘢𝘮𝘢 𝘥𝘦 𝘵𝘳á𝘯𝘴𝘪𝘵𝘰 á 𝘷𝘪𝘥𝘢 𝘢𝘥𝘶𝘭𝘵𝘢, 𝘢𝘶𝘵𝘰𝘯𝘰𝘮í𝘢 𝘦 𝘦𝘮𝘢𝘯𝘤𝘪𝘱𝘢𝘤𝘪ó𝘯 𝘱𝘢𝘳𝘢 𝘱𝘦𝘳𝘴𝘰𝘢𝘴 𝘦𝘯 𝘴𝘪𝘵𝘶𝘢𝘤𝘪ó𝘯 𝘥𝘦 𝘷𝘶𝘭𝘯𝘦𝘳𝘢𝘣𝘪𝘭𝘪𝘥𝘢𝘥𝘦 𝘦𝘯 𝘻𝘰𝘯𝘢𝘴 𝘯𝘰𝘯 𝘶𝘳𝘣𝘢𝘯𝘢𝘴

📚 Xa é unha realidade: presentamos "Repensar la escuela: vulnerabilidade, inclusión e horizontes de cambio", agora que n...
22/09/2026

📚 Xa é unha realidade: presentamos "Repensar la escuela: vulnerabilidade, inclusión e horizontes de cambio", agora que non deixamos de falar do informe Pisa, unha nova publicación da Fundación Trébol de Iniciativa Social, entidade vinculada a IGAXES, pon a mirada nas mozas e mozos en situación de exclusión social.

Un libro que reflexiona sobre como construír unha escola que non deixe a ninguén atrás, que recoñeza a vulnerabilidade sen estigmatizala, e que abra camiños reais de cambio para o alumnado, as familias e o profesorado.

Nun momento no que o debate educativo está máis vivo ca nunca, esta obra achega a mirada de investigadoras e investigadores comprometidos coa inclusión educativa en Galicia.

Podes facerte cunha copia en 👉 https://lnkd.in/ewDVcVdg

Dirección

Rúa Do Valiño, 63-65
Santiago De Compostela
15707

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 19:00
Martes 08:00 - 19:00
Miércoles 08:00 - 19:00
Jueves 08:00 - 19:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Igaxes publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos