Asociación Galega de Amizade con Israel

Cómo llegar Página web

Asociación Galega de Amizade con Israel A AGAI é unha asociación laica e apartidaria, fundada o un de decembro do 2006.

Os obxetivos sociais son:

1) Denunciar e traballar contra a perversa banalización do Holocausto.

2) Achegar á sociedade galega información alternativa ao empobrecedor “pensamento” único que domina os medios de comunicación ao respecto do conflito árabe-israelí

3) Crear foros de reflexión, opinión e debate, tanto nos circuitos culturais galegos como na rede de internet para tentar neutralizar e contrarrestar a constante e inxustificábel demonización de Israel e combater argumentalmente a xudeofobia reinante.

4) Animar a todos e todas os demócratas con ideas semellantes ás defendidas por esta Asociación para que fagan pública á súa militancia a prol da lexítima causa de Israel, porque ese sempre foi o seu dereito e na actualidade comeza a ser o seu deber.

5) Espallar o inmenso legado ético e cultural do pobo xudeo polo que todo Occidente segue en débeda con eles.

6) Rehabilitar e recuperar a pegada histórica do pobo xudeo no noso país para que ocupe o lugar que lle corresponde na nosa historia e na sociedade galega actual.

En lembranza das vítimas dos ataques terroristas o 07/10/2023 Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (A.G.A.I.)...
07/10/2026

En lembranza das vítimas dos ataques terroristas o 07/10/2023

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (A.G.A.I.), amosamos a nosa solidariedade e afecto coas vítimas da despiadada e criminal acción levada a cabo polo grupo terrorista Hamás contra a poboción israelí, acontecida hai tres anos.

Consecuencia da mesma, máis de mil dúas centas persoas foron asesinadas, a inmensa maioría civís de tódalas idades. Hamás irrompeu desde Gaza a territorio isarelí, atacando poboacións, postos militares e ata asistentes ó Festival Nova -neste último, 364 foron salvaxemente asesinados-. Varios milleiros de terroristas dedicáronse a matar durante horas a familias enteiras nas súas propias casas, a pais diante dos seus fillos e a fillos diante dos seus pais; cometéronse actos de extrema violencia contra mulleres e foron secuestradas máis de dúas centas cincuenta persoas.

Nunha xornada marcada pola dor, AGAI lembra a todas aquelas vítimas, e reafrimando o dereito de Israel a existir e a defenderse dos que queren aniquilalo.

Galicia, a sete de outubro de dous mil vinte e seis.


Tlf: 610424174 Mail.: [email protected] Web:

AGAI é a asociación galega de amizade con Israel, de carácter apolítico e sin ánimo de lucro. Coñece os nosos obxectivos e actividades

Falecemento de Yehuda Widawski. con 107 anos era considerado a persoa de maior idade supervivinte do Holocausto.Z'L'
15/09/2026

Falecemento de Yehuda Widawski. con 107 anos era considerado a persoa de maior idade supervivinte do Holocausto.
Z'L'

A Asociación Galega de Amizade con Israel (A.G.A.I.), diríxese á Xermolos, como organizadora do Festival de Pardiñas, en...
17/08/2026

A Asociación Galega de Amizade con Israel (A.G.A.I.), diríxese á Xermolos, como organizadora do Festival de Pardiñas, en relación ós incidentes acontecidos na última xornada do evento, que levaron á suspensión da actuación do grupo ruso Dobranotch.

En primeiro lugar, sinalar que A.G.A.I., con case vinte anos de existencia, é unha entidade que ten entre os seus fins denunciar a banalización do Holocausto, combater ese pensamento case único existente na nosa sociedade respecto ó conflito árabe-israelí, así como contrarrestar a demonización de Israel e defender o seu dereito lexítimo a existir,así como tamén por en valor o legado xudeu en Galicia. Sinalar que forman parte de A.G.A.I. ducias de homes e mulleres de distintas ideoloxías, crenzas e procedencias.

En segundo termo, cómpre resaltar o significado do Festival de Pardiñas, sen dúbida un dos máis importantes que se celebran no País, e recoñecer o traballo desenvolvido pola asociación Xermolos durante estas últimas décadas a prol da lingua e cultura galegas, especialmente un recoñecemento á figura de Alfonso Blanco.

Non obstante, o que sucedeu coa actuación da banda Dobranotch foi un exemplo de intolerancia de tal magnitude, que debe ser analizado. Que uns músicos sexan intimidados, acosados e atacados, ata o punto de que se asalte o escenario onde están tocando, resulta inaudito. E o máis detestable é a razón esgrimida por unha parte do público asistente, que non era outra que a presenza meses atrás en Israel do grupo en cuestión. Ese é un motivo de peso?. Quen son eses asistentes para decidir quen toca e quen non?. A organización non tiña a suficiente capacidade para garantir a continuidade da actuación musical e que o público puidese desfrutar da súa actuación ata o final?.

Para A.G.A.I., que esa acción derivase no abandono dos músicos do escenario é avalar a política da cancelación e levar a censura á súa máxima expresión, resulta penoso e insoportable. O posterior comunicado da organización, no que defende a causa palestina e condena o xenocidio do pobo palestino por parte de Israel, tamén suscita a reacción da nosa asociación. Esquécense os de Xermolos que o sete de outubro de 2023, varios milleiros de terroristas -tamén se lles denomina milicianos- do grupo Hamás irromperon desde Gaza por terra e aire en poboacións e kibutzs israelís, executando a civís dentro das súas casas -máis de 1.200 mortos-, producíndose abusos se***is e secuestrando a 250 persoas que foron levadas a túneles gazatís. Así mesmo, deberían recordar que tamén atacaron ós asistentes a un festival de música, si, de música, como podería ser o de Pardiñas ou calquera outro que se celebra pola nosa xeografía, e mataron a máis de dous centos, a inmensa maioría xente moi nova que estaba alí para bailar e disfrutar da música, como en Pardiñas. Uns corenta foron secuestrados. Ese festival, chamado Nova, tiña un espírito pacifista e algúns dos participantes tamén defendían esa causa palestina para que teñan os árabes dese territorio o seu estado, pero en convivencia pacífica co estado de Israel. Ós señores de Hamás pouco lles importou e levaron por diante os que puideron, insistimos, rapaces e rapazas que só estaban alí para bailar. Cal debería ser a resposta proporcional dunha sociedade que recibe un ataque de tal magnitude, é unha pregunta para a cal se admiten e agradecen respostas. Ataques en forma de lanzamento continuado de misís que tamén se dirixen desde o Líbano ou Iemen (que está a máis de mil qms de Israel). Que debería facer Israel, en definitiva, cando o queren borrar do mapa, deixarse aniquilar, ser pasivo, agardar a que entren os milicianos de Hamás desde Gaza e Hizbulá desde o Líbano … Evidentemente, non.

O asunto palestino, mellor dito o conflito árabe-israelí, non se resolve con simples proclamas, nin tampouco se aclarará nesta misiva. Sorprende que nos últimos tempos, coas atrocidades e inxustizas que se cometen polo mundo adiante, só se focalicen os esforzos nunha única causa. Aínda que ese slogan, Free Palestine, desde o río ata o mar, conleve a aniquilación absoluta de Israel e como consecuencia da súa poboación xudía, oito millóns de persoas. Probablemente, a muller que subiu ó escenario para interromper a actuación do grupo ruso descoñece que o vinte por cento dos habitantes do estado de Israel son árabes, maioritariamente musulmáns, con plenos dereitos como cidadáns. Un apunte este para cando se fale de apartheit. Esa muller e os que levaban as bandeiras palestinas no concerto desta banda, supoñemos que tamén descoñecen que na cidade de Tel-Aviv se celebra anualmente o desfile do orgullo g*i, evento ó que se despraza masivamente xente homosexual dos países árabes do entorno. Había algún/algunha participante no festival de Pardiñas con esta orientación sexual?. É probable. Nesa Free Palestine non gozarían dos máis mínimos dereitos, con moitas posibilidades de acabar en prisión e incluso condenadas a morte. Todo o contario en Israel. Había xente con mascotas en Pardiñas?. Había, si. En Ramala, Jenín, Jericó, Gaza, non poderían andar paseando co seu adorado can/cadela, porque llelo matarían. Polas rúas, prazas, parques e praias isaelís, si.
Un festival como o de Pardiñas nunca se celebraría nesa Free Palestine, téñano en conta, amigos de Xermolos, nin tampouco se permitirían as postas en escena e moitas das vestimentas femininas que se contemplaron nas dúas xornadas do festival. En Israel, sen ningún problema.

Para rematar, o obxecto desta carta, reiterar o rexeitamento e a condena máis absoluta ó boicot sufrido polo grupo ruso -banda que ben sabían vostedes a música que proxecta- e que levou á cancelación da súa actuación, polo mero feito de ter tocado en Israel. Foi unha acción, ademáis, chea de racismo, xenofobia e odio.

Lamentar que a organización non fose quen de evitar ese brutal escrache, identificar os culpables e denuncialos ante a xustiza. A música, como o deporte, debería servir para unir os pobos e non seren utilizadas para todo o contrario.

Saúdos.

Xunta Directiva de A.G.A.I. (Asociación Galega de Amizade con Israe

Tel:610 42 41 74
Mail.:[email protected]
Web:

AGAI é a asociación galega de amizade con Israel, de carácter apolítico e sin ánimo de lucro. Coñece os nosos obxectivos e actividades

Algún dos motivos polo que ten sentido a amizade con Israel e co seu pobo.Que a Terra lle sexa leve ó valente soldado.Z"...
06/06/2026

Algún dos motivos polo que ten sentido a amizade con Israel e co seu pobo.
Que a Terra lle sexa leve ó valente soldado.
Z"L"

Feliz Cumpreanos, Israel. Mazal Tov.
14/05/2026

Feliz Cumpreanos, Israel. Mazal Tov.

A Asociación Galega de Amizade con Israel (A.G.A.I.) fíxolle chegar á Consellería de Cultura o malestar polo uso dunha i...
18/04/2026

A Asociación Galega de Amizade con Israel (A.G.A.I.) fíxolle chegar á Consellería de Cultura o malestar polo uso dunha instalación pública como a Biblioteca Nós de Ourense para servir de propaganda do movimento BDS, quen chama ó boicot contra todo o que teña a máis minima relación con Israel.
Entendemos que dar cabida a manifestos como este, que dan a entender que a Consellería de Cultura avala tales proclamas, están fora de lugar, polo que deberían ser retiradas.

13/04/2026
06/04/2026

A Asociación Galega de Amizade con Israel (A.G.A.I.) lamenta o falecemento dun dos seus socios, Manuel José Lemos Soliño.
Que a Terra lle sexa leve. Descanse en paz.
Z"L.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (A.G.A.I.), Feliz Pesaj a todos.Shalom
03/04/2026

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (A.G.A.I.), Feliz Pesaj a todos.
Shalom

Dirección

Galicia
Santiago De Compostela
APTO:730VIGO

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Galega de Amizade con Israel publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos