Redeiros_as

Cómo llegar Página web

Redeiros_as Rede social para mozas e mozos galegos baseada na participación infantil viculada aos seus dereitos

10/09/2026

🎙️ Xa está dispoñible o podcast A súa voz é a nosa!

Un espazo creado desde Redeir@s para escoitar directamente as voces, reflexións e propostas de nenos, nenas e adolescentes sobre os temas que lles preocupan e afectan.

Neste podcast falan dos seus dereitos, das súas experiencias e das demandas que consideran necesarias para mellorar o benestar da infancia e adolescencia. Porque participar non é só opinar: tamén é ser escoitados/as, compartir ideas e facer que a súa voz conte.

▶️ Escoita o podcast aquí: https://www.youtube.com/watch?v=J6dX1pQIyd8&t=1s

Seguimos traballando para que a voz da infancia e adolescencia teña cada vez máis espazo, máis forza e máis presenza.

🎙️ **A súa voz é a nosa**Que pensan nenos, nenas e adolescentes sobre a saúde mental, as redes sociais, a educación ou a...
08/09/2026

🎙️ **A súa voz é a nosa**

Que pensan nenos, nenas e adolescentes sobre a saúde mental, as redes sociais, a educación ou a forma na que as persoas adultas escoitamos as súas opinións?

En Redeir@s quixemos facer algo moi sinxelo e, ao mesmo tempo, moi importante: **sentarnos a escoitar**.

Así nace *A súa voz é a nosa*, un podcast creado pola Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia no que nenos, nenas e adolescentes comparten experiencias, preocupacións, reflexións e propostas sobre cuestións que forman parte do seu día a día.

Porque participar non é só poder falar.
É saber que a túa opinión conta. 💬

📅 **Estrea: 10 de setembro**

Moi pronto poderedes escoitalo. 🎧

Hoxe, rapaces e rapazas do grupo de participación de Redeir@s participaron no Pleno do Consello Autonómico de Infancia e...
23/06/2026

Hoxe, rapaces e rapazas do grupo de participación de Redeir@s participaron no Pleno do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia de Galicia. 🚀

Durante a sesión, a Xunta de Galicia presentou ao CAIA a nova Lei galega de protección da saúde das persoas menores de idade e prevención das condutas adictivas, unha norma orientada á prevención, á creación de contornas seguras e á protección da infancia e adolescencia.🫂

Escoitar á infancia e adolescencia non é só necesario: é un dereito.

Seguimos traballando para que a súa voz estea presente nas decisións públicas e para que as súas achegas sexan tidas en conta na construción de políticas máis xustas, coidadosas e centradas nos seus dereitos.

Este sábado volvemos xuntarnos en Santiago na nova xuntanza de Redeir@s 💛Durante toda a xornada compartimos ideas, refle...
25/05/2026

Este sábado volvemos xuntarnos en Santiago na nova xuntanza de Redeir@s 💛

Durante toda a xornada compartimos ideas, reflexións e tamén moitos momentos de convivencia e diversión. Falamos sobre saúde mental, redes sociais, presión, participación infantil e os dereitos da infancia a través dunha “cume de especialistas en igualdade” na que os propios nenos, nenas e adolescentes puxeron enriba da mesa propostas e demandas moi necesarias.

Tamén gravamos un podcast creado por eles e elas mesmas, no que reflexionaron sobre cuestións que lles preocupan no seu día a día e sobre como viven a adolescencia actualmente.

A xornada rematou cunha actividade de ocio e convivencia en Diver Jump, reforzando vínculos, creando grupo e compartindo tempo xuntos/as.

Grazas a todos os rapaces, rapazas, entidades e profesionais por facelo posible unha vez máis 💫

A voz da infancia tamén chegou ao Parlamento 💬Desde a POIG asistimos ao acto da Semana de Acción Mundial pola Educación ...
05/05/2026

A voz da infancia tamén chegou ao Parlamento 💬

Desde a POIG asistimos ao acto da Semana de Acción Mundial pola Educación impulsado pola Campaña Mundial pola Educación no Parlamento de Galicia.

Máis de 100 nenos, nenas e adolescentes reclamaron unha educación dixital máis xusta, segura e accesible para todas as persoas, especialmente en contextos de emerxencia.

Tamén estiveron presentes dúas persoas de Redeir@s e do CAIA, compartindo este espazo xunto a outros NNA de Galicia.

💻 A brecha dixital segue limitando o dereito á educación

📢 E a infancia ten claro que hai que actuar

👉 Máis info: https://redeiros.org/acto-cme-educacion-dixital-equitativa-galicia-parlamento/

Dirección

Belvís 2
Santiago De Compostela
15703

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Redeiros_as publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir