Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia

Cómo llegar Página web

Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia A súa voz é a nosa. Traballamos para conseguir o cumprimento dos dereitos dos nenos e das nenas en Galicia e noutros lugares do mundo.

27/10/2026

🔷 Detectar a tempo tamén é acompañar

A detección do autismo pode vir acompañada de moitas preguntas e incertezas, tanto para a nena ou o neno como para a súa familia.

👉🏼 A detección temperá e un diagnóstico adecuado son fundamentais para comprender as necesidades de cada nena e neno e facilitar o acceso canto antes aos apoios e recursos que precisan.

👉🏼 Cada persoa é diferente e tamén o son as súas necesidades. Por iso, contar cunha valoración adecuada permite ofrecer un acompañamento individualizado, respectando os seus ritmos, capacidades e particularidades.

👉🏼 As familias tamén necesitan información, orientación e acompañamento durante todo o proceso. Resolver dúbidas e contar con profesionais de referencia pode axudar a afrontar esta etapa con máis seguridade e ferramentas.

Porque un diagnóstico non define unha persoa. É unha ferramenta para comprender, acompañar e facilitar os apoios que cada nena e neno necesita.

A saúde mental da infancia e da adolescencia require unha resposta temperá, accesible e continuada.Nesta nova publicació...
23/10/2026

A saúde mental da infancia e da adolescencia require unha resposta temperá, accesible e continuada.

Nesta nova publicación de o foco na necesidade de reforzar a atención infanto-xuvenil, ampliar os equipos profesionais, mellorar a prevención e garantir unha maior coordinación entre Sanidade, Educación e Política Social.

Os Orzamentos 2027 deben permitir consolidar recursos, evitar rupturas na atención durante a transición á vida adulta e garantir unha resposta adecuada tamén nas situacións de maior complexidade ou risco.

Porque investir en saúde mental infantil significa investir en prevención, acompañamento e benestar presente e futuro.

📄 Consulta o informe completo "Os dereitos da infancia e adolescencia en Galicia 2026”: https://infanciagalicia.org/wp-content/uploads/2026/08/OS_DEREITOS_DA_INFANCIA_EN_GALICIA_comprimido.pdf

📢 ABRIMOS UN NOVO PROCESO DE SELECCIÓNDesde a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia buscamos incorporar ao ...
21/10/2026

📢 ABRIMOS UN NOVO PROCESO DE SELECCIÓN

Desde a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia buscamos incorporar ao noso equipo un/unha técnico/a en incidencia política e políticas públicas de infancia.

🔎 Buscamos unha persoa comprometida coa defensa dos dereitos da infancia e da adolescencia, con capacidade de análise, iniciativa e experiencia no ámbito da incidencia política.

📋 Características do posto:

📍 Modalidade híbrida – Santiago de Compostela.

🕒 Xornada de 28,5 horas semanais.

📅 Contrato de 12 meses.

✅ Incorporación prevista para o 1 de decembro de 2026.

Requisitos indispensables:
- Grao ou Licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración.
- Inscrición no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoa demandante de emprego non ocupada.
- Coñecementos acreditados en políticas públicas, infancia, administración pública, lexislación e orzamentos.
- Competencia fluída en galego, tanto oral como escrita.

📩 Como presentar a candidatura?

Envía o teu CV e unha carta de motivación a [email protected], co asunto «Selección incidencia política + nome e apelidos».

📅 Prazo de presentación: ata o 6 de novembro de 2026.

Esta contratación enmárcase nos Programas Coopera, financiados pola Xunta de Galicia para impulsar o emprego e a cooperación no Terceiro Sector de Acción Social.

🔗 Consulta a convocatoria completa e todos os requisitos:
https://infanciagalicia.org/tecnico-a-incidencia-politica-programas-de-cooperacion/

🔄 Axúdanos a difundir esta oportunidade para seguir traballando pola defensa dos dereitos da infancia e da adolescencia en Galicia

📢 NOVAS SEMANAIS DAS ENTIDADES MEMBROUnha semana máis, compartimos as iniciativas, actividades e propostas das entidades...
20/10/2026

📢 NOVAS SEMANAIS DAS ENTIDADES MEMBRO

Unha semana máis, compartimos as iniciativas, actividades e propostas das entidades que forman parte da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG). 💫

📌 FAGAMOS | Xornada informativa para familias monomarentais

📅 21 de outubro | 17:30 h
📍 CSC das Fontiñas, Santiago de Compostela

Un espazo para informar, compartir experiencias e achegar recursos ás familias monomarentais. A xornada contará con servizo de conciliación.

💜 FAGAMOS e ACOUGO | Familias que transforman: monomarentais e acolledoras

📅 23 de outubro | 18:30 a 20:30 h
💻 Modalidade online

Un encontro de empoderamento con Inma Alonso e Natalia Gómez para reflexionar sobre as realidades, experiencias e desafíos das familias monomarentais e acolledoras.

🧠 FUNDACIÓN SALMA | Nova guía de benestar emocional e saúde mental

A entidade presentou a súa Guía de Bienestar Emocional y Salud Mental Infantil y Juvenil, unha ferramenta para promover a prevención, a sensibilización e o acompañamento da saúde mental de nenos, nenas e adolescentes.

🏡 ACOUGO | A corresponsabilidade nos coidados

📅 31 de outubro | 11:00 a 13:30 h
📍 Centro Social de Padrón

Unha xornada para reflexionar sobre a conciliación, a corresponsabilidade e a importancia das redes de apoio no acollemento familiar, a partir da curtametraxe Non me dá a vida.

🌱 ASEIA | XI Xornadas ASEIA

📅 22 e 24 de outubro
📍 Edificio da Deputación Provincial de Pontevedra, Vigo

Baixo o lema «Coidar o comunitario: o futuro das infancias e as adolescencias», ASEIA organiza unha nova edición das súas xornadas, centradas na importancia da comunidade, os vínculos e o acompañamento á infancia e á adolescencia.

👉 Desliza para coñecer todas as propostas e consulta os perfís das entidades para obter máis información e acceder ás inscricións.

📚✨ Os dereitos da infancia tamén se aprenden entre viñetas!O pasado sábado 17 de outubro, con motivo da celebración da X...
20/10/2026

📚✨ Os dereitos da infancia tamén se aprenden entre viñetas!

O pasado sábado 17 de outubro, con motivo da celebración da Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2026, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, desde a Plataforma fixemos entrega de exemplares do libro «Todas as nenas e nenos temos dereitos», protagonizado por Os Bolechas. 📖

Estes exemplares estarán dispoñibles nas bibliotecas de centros educativos de Galicia, contribuíndo a achegar os dereitos da infancia aos nenos e nenas dunha maneira próxima, visual e divertida, a través de personaxes tan coñecidos como Os Bolechas.

As bibliotecas escolares son espazos fundamentais para a aprendizaxe, a reflexión e a sensibilización, e constitúen unha ferramenta esencial para promover unha sociedade máis consciente e comprometida cos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes.

🌈 Porque coñecer os nosos dereitos é o primeiro paso para poder exercelos e defendelos!

📰 A pobreza infantil en Galicia, no foco dos medios de comunicación.A presentación dos datos da Enquisa de Condicións de...
13/10/2026

📰 A pobreza infantil en Galicia, no foco dos medios de comunicación.

A presentación dos datos da Enquisa de Condicións de Vida 2026 da Plataforma de Organizacións de Infancia puxo o foco na realidade da infancia e adolescencia en Galicia e nos retos que aínda temos por diante para garantir os seus dereitos.

📢 Diferentes medios de comunicación recolleron esta presentación e deron voz a unha cuestión que nos interpela como sociedade: a necesidade de combater a pobreza infantil e avanzar cara a unha Galicia na que todas as nenas, nenos e adolescentes teñan as mesmas oportunidades.

A pobreza infantil non depende dunha única causa. O emprego, a conciliación, a vivenda e a protección social condicionan...
07/10/2026

A pobreza infantil non depende dunha única causa. O emprego, a conciliación, a vivenda e a protección social condicionan directamente as condicións de vida de moitos nenos, nenas e adolescentes.

Nesta nova publicación de poñemos o foco na necesidade de reforzar as políticas dirixidas aos fogares con NNA a cargo, mellorar o acceso á vivenda, avanzar na protección económica das familias e prestar unha atención específica ás situacións de maior vulnerabilidade.

Os Orzamentos 2027 son unha oportunidade para garantir recursos suficientes e medidas coordinadas que permitan previr e reducir a pobreza infantil en Galicia.

📄 Consulta o informe completo “Os dereitos da infancia e adolescencia en Galicia 2026”:https://infanciagalicia.org/wp-content/uploads/2026/08/OS_DEREITOS_DA_INFANCIA_EN_GALICIA_comprimido.pdf

📊 68.000 nenos, nenas e adolescentes están en risco de pobreza ou exclusión social en Galicia.Os novos datos da Enquisa ...
02/10/2026

📊 68.000 nenos, nenas e adolescentes están en risco de pobreza ou exclusión social en Galicia.

Os novos datos da Enquisa de Condicións de Vida amosan un empeoramento dos principais indicadores de pobreza infantil en Galicia no último ano.

A taxa AROPE infantil sitúase no 19,3 %, 3,3 puntos máis que o ano anterior, mentres que a pobreza infantil alcanza o 14,2 % e a pobreza severa o 6,8 %.

Detrás destas cifras hai tamén unha realidade especialmente vulnerable: máis de 25.000 nenos, nenas e adolescentes atópanse moi preto do limiar da pobreza.

Neste carrusel recollemos algúns dos principais datos para entender a situación da infancia en Galicia.

📄 Consulta a Análise da Enquisa de Condicións de Vida con enfoque de infancia en Galicia 2026 completa na nosa web:https://infanciagalicia.org/wp-content/uploads/2026/10/AnalisisECV2026_Galicia_POI_galego.pdf

📊 O 19,3 % da infancia e adolescencia en Galicia está en risco de pobreza ou exclusión social.A taxa AROPE infantil sitú...
01/10/2026

📊 O 19,3 % da infancia e adolescencia en Galicia está en risco de pobreza ou exclusión social.
A taxa AROPE infantil sitúa a Galicia como a segunda comunidade autónoma coa porcentaxe máis baixa, só por detrás do País Vasco, e moi por debaixo da media estatal, que alcanza o 33,2 %.

Pero estar por debaixo da media non significa que a situación sexa positiva: ese 19,3 % representa 68.000 nenos, nenas e adolescentes en Galicia.

Ademais, a evolución do último ano deixa un dato especialmente relevante: mentres a taxa AROPE infantil se reduce no conxunto do Estado, en Galicia aumenta 3,3 puntos.

👉 Desliza para consultar a comparativa por comunidades autónomas e os datos de Galicia fronte á media estatal.

🔗 Consulta todos os datos: https://infanciagalicia.org/a-pobreza-e-a-exclusion-social-infantil-aumentan-en-galicia-mentres-se-reducen-no-conxunto-de-espana/

📊 Presentamos o Informe de Condicións de Vida con enfoque de infancia en Galicia 2026Os novos datos amosan unha realidad...
01/10/2026

📊 Presentamos o Informe de Condicións de Vida con enfoque de infancia en Galicia 2026

Os novos datos amosan unha realidade que require atención: 68.000 nenos, nenas e adolescentes viven en risco de pobreza ou exclusión social en Galicia, 10.000 máis que en 2024.

A taxa AROPE infantil sitúase no 19,3 %, cun incremento de 3,3 puntos, nun contexto no que este indicador descende no conxunto do Estado.

O informe analiza tamén a evolución da pobreza infantil e da pobreza severa, a situación dos máis de 25.000 nenos, nenas e adolescentes que viven no límite da pobreza e os principais retos que estes datos presentan para Galicia.

Desde a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, xunto coa Plataforma de Infancia, poñemos o foco na necesidade de reforzar as políticas de apoio ás familias e avanzar en medidas que garantan os dereitos e as condicións de vida da infancia e adolescencia.

🔗 Consulta a nova e accede ao informe completo a través da ligazón: https://infanciagalicia.org/a-pobreza-e-a-exclusion-social-infantil-aumentan-en-galicia-mentres-se-reducen-no-conxunto-de-espana/

Dirección

Rúa Belvís 2
Santiago De Compostela
15703

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Martes 09:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 14:00
17:00 - 20:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos