05/11/2026
🟣 XA ESTAMOS A COMEZAR CO NOSO NOVEMBRO VIOLETA!
Unha programación de actividades que desenvolvemos dende a Área de Muller do Movemento pola Paz -MPDL- Galicia arredor do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
📅 Bótalle unha ollada á programación e non perdas detalle.
Agardámoste!
Estas actividades atópanse financiadas polo Programa de Acollida de Protección Internacional e polos proxectos «MIGRADAS: rompendo a transmisión interxeneracional das violencias de xénero», «Dereito á saúde mental e á estabilidade emocional de mulleres en situacións de vulnerabilidade social», «K'ut qach'ab'äl: Impulsando mecanismos de protección integral para defensoras e defensores de dereitos humanos no occidente de Guatemala» e «Con Voz Propia: as TICs como aliadas para a fin das violencias basadas no xénero» financiados polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones, Ministerio de Derechos Sociales Consumo y Agenda 2030, Ministerio de Igualdad, Fondos Europeos, cofinanciado pola Unión Europea, Dirección Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia e cooperación galega.