11/10/2026
Este é un encontro con mulleres que traballan ou traballaron no mar e na terra. Labregas, gandeiras, mariscadoras, redeiras, viticulturas, sindicalistas, cooperativistas... pero tamén para mulleres doutros ámbitos, como a innovación social, a creatividade e a arte, o ensino ou o terceiro sector. Aquí tes o programa completo:
👉 https://galiciasolidaria.org/somos-ponte-celebra-un-encontro-entre-traballadoras-do-sector-primario-de-pontevedra-e-o-sur-global/
🌎 Mulleres galegas e mulleres do Sur Global como Antonia e Dilma (Honduras), Élida e Hadee (Guatemala) ou Haydée (Nicaragua): mulleres do mar e da terra e mulleres defensoras de dereitos que paga a pena coñecer e coas que aprender e inspirarse:
🗓️ 19 de outubro
⌚ 10:00-18:00, con posibilidade de asistencia parcial
📍 Salón de Plenos do Pazo Provincial (Pontevedra)
👉 De balde, con inscrición previa en https://forms.gle/zJ6wu7jtXMxgEWwdA
Ademais, nesta xornada de encontro organizada ao abeiro do programa Somos Ponte poderás:
👉Participar pola mañá na regueifa colectiva facilitada por Raquel Doallo aopaso
👉E, xa pola tarde, experimentar como dende a danza é posible elaborar un discurso crítico, en "Á beira, ou como (re)situar o corpo na orilla", baixo a dirección artística de Eva Comesaña e Alejandra Balboa
Podes vir a toda a xornada ou a parte dela, pero sempre con inscrición previa. Agardámoste! 😉
▫️ Antonia, Dilma, Haydée, Élida e Hadee participan en Somos Ponte grazas á colaboración de Mulleres Bravas, de Enxeñería sen Fronteiras e Amigas da Terra, e das compañeiras de Solidariedade Internacional de Galicia 💜
▫️ SomosPonte é un proxecto que desenvolvemos en colaboración coa Deputación Pontevedra