InteRed Galicia ONGD

InteRed Galicia ONGD InteRed é unha ONGD que traballa por una educación transformadora, xera participación e compromis

Que hai detrás dos coidados que sosteñen a nosa vida? 🤔💜A semana pasada estivemos no CPI de San Vicente, na Baña, para r...
26/01/2026

Que hai detrás dos coidados que sosteñen a nosa vida? 🤔💜
A semana pasada estivemos no CPI de San Vicente, na Baña, para reflexionar co alumnado de 3º da ESO sobre a importancia de situar a vida e os coidados no centro do taboleiro social. 📍✨
A través do panel educativo Aldea dos Coidados, exploramos conceptos clave como a interdependencia e a ecodependencia, e afondamos na idea de que todas as persoas precisamos coidados ao longo de toda a vida. Foi un espazo para:
👉 Visibilizar o traballo doméstico e de coidados, tradicionalmente feminizado e moitas veces invisibilizado.
👉 Analizar a crise global dos coidados, comprendendo o papel fundamental que desempeñan as mulleres migrantes neste sistema.
👉 Repensar a nosa corresponsabilidade na organización do fogar e no coidado do territorio que habitamos. 🌿🤝
Queremos agradecer á rapazada da Baña a súa escoita activa, a implicación durante a sesión e a capacidade de recoñecer —con tanto cariño— o esforzo que realizan as súas familias para soster o día a día. Construír futuro é asumir que nos necesitamos mutuamente. 🌍💪
📢 O panel permanecerá exposto no centro ata o 27 de xaneiro.

EducaciónTransformadora Ecofeminismo CoidarAVida

Dende InteRed apoiamos espazos de formación que fortalecen ás persoas e colectivos sociais 🌍 Nesta ocasión queremos reco...
15/12/2025

Dende InteRed apoiamos espazos de formación que fortalecen ás persoas e colectivos sociais 🌍

Nesta ocasión queremos recomendarvos que lle botedes unha ollada a este Curso de Facilitación de Grupos impulsado por Subúrbia e Amigas da Terra.✨

Facilitar grupos tamén é aprender a escoitar 👂, a coidar e a xestionar os conflitos con máis consciencia.

Por experiencia propia, sabemos que este curso é unha experiencia de traballo persoal e colectivo na que se adquiren ferramentas, habilidades e técnicas para comprender mellor como funcionan os grupos 🔄, coidar ás persoas que os forman 🤝 e acompañar procesos colectivos con máis presenza e sentido 🌱.

Este curso estrutúrase en 8 módulos (7 presenciais + 1 online) que terán lugar entre xaneiro e xuño de 2026 nos espazos de 📍A Casa Vella (Allariz) e Eco dos Teixos (Valdeorras), entornos de natureza e benestar na provincia de Ourense (Galiza).

ℹ️Para mais información podes contactar a: [email protected]
ℹ️E para inscribirte, podes facelo no link da bio de

✨Unha experiencia para medrar, fortalecer o colectivo 🧑‍🤝‍🧑 e crear conexións reais entre as persoas, poñendo os coidados e as relacións no centro.

Nós cremos no cambio colectivo, nos coidados 🫂 e na aprendizaxe compartida 🗣️ como motor de transformación social.

Dende InteRed apoiamos espazos de formación que fortalecen ás persoas e colectivos sociais 🌍 Nesta ocasión queremos reco...
15/12/2025

Dende InteRed apoiamos espazos de formación que fortalecen ás persoas e colectivos sociais 🌍 Nesta ocasión queremos recomendarvos que lle botedes unha ollada a este Curso de Facilitación de Grupos impulsado por Subúrbia e Amigas da Terra. ✨
Facilitar grupos tamén é aprender a escoitar 👂, a coidar e a xestionar os conflitos con máis consciencia.
Por experiencia propia, sabemos que este curso é unha experiencia de traballo persoal e colectivo na que se adquiren ferramentas, habilidades e técnicas para comprender mellor como funcionan os grupos 🔄, coidar ás persoas que os forman 🤝 e acompañar procesos colectivos con máis presenza e sentido 🌱.
Este curso estrutúrase en 8 módulos (7 presenciais + 1 online) que terán lugar entre xaneiro e xuño de 2026 nos espazos de 📍A Casa Vella (Allariz) e Eco dos Teixos (Valdeorras), entornos de natureza e benestar na provincia de Ourense (Galiza).
ℹ️Para mais información podes contactar a: [email protected]
ℹ️E para inscribirte, podes facelo no link da bio de
✨Unha experiencia para medrar, fortalecer o colectivo 🧑‍🤝‍🧑 e crear conexións reais entre as persoas, poñendo os coidados e as relacións no centro.
Nós cremos no cambio colectivo, nos coidados 🫂 e na aprendizaxe compartida 🗣️ como motor de transformación social.

Explorando futuros que coidan a vida a través da palabra e a imaxe ✨✏️🌿O pasado venres, dende InteRed, levouse a cabo o ...
08/12/2025

Explorando futuros que coidan a vida a través da palabra e a imaxe ✨✏️🌿
O pasado venres, dende InteRed, levouse a cabo o Obradoiro “Explorando os Relatos Gráficos Ecotópicos” xunto co alumnado do Máster de Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario da USC.
Foi un encontro creativo no que se abriu un espazo para pensar e relatar debuxando futuros esperanzadores, baixo unha mirada ecofeminista e centrada nos coidados 🤲💜.
Grazas á artista e facilitadora Adela Vázquez Veiga polo seu acompañamento tan creativo e cercano, e ao alumnado participante pola súa implicación e ganas de construír xuntas novos horizontes posibles 🤝✨.

🌱 Aldea dos Coidados: un espazo para pensar e construír xuntas 🌱En InteRed cremos que os coidados son o centro da vida e...
01/12/2025

🌱 Aldea dos Coidados: un espazo para pensar e construír xuntas 🌱
En InteRed cremos que os coidados son o centro da vida e da xustiza social. Por iso, elaboramos este panel ilustrado da “Aldea dos Coidados”, un mapa simbólico que nos axuda a reflexionar sobre como queremos organizar as relacións, os tempos e os espazos para garantir vidas dignas.

Este panel é moito máis que unha imaxe: é unha ferramenta pedagóxica para traballar en escolas, colectivos e comunidades sobre ecofeminismo, corresponsabilidade e dereitos. Representa lugares e dinámicas que poñen os coidados no centro, fronte a modelos que priorizan o consumo e a explotación.

⚠️ Importante: os coidados seguen recaindo maioritariamente nas mulleres, o que xera desigualdades e sobrecarga. Queremos visibilizar esta realidade e promover a corresponsabilidade entre todas as persoas e institucións, porque coidar é unha tarefa colectiva.

🙏 Grazas especiais á artista Adela Vázquez Veiga polo seu talento e sensibilidade, ao deseñador gráfico Mauro Trastoy e ás entidades e persoas que colaboraron neste proceso:
➡ Alumnado de 3º ESO de Oratoria do IES Illa San Simón de Redondela / APAIOGA (Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega) / .coop

💡 Queremos que esta Aldea sexa un punto de partida para seguir tecendo redes de coidado e solidariedade.
📌 Se queres saber máis ou usar este recurso, escríbenos por privado!

Dirección

Praza Do Matadoiro, 7
Santiago De Compostela
15703

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando InteRed Galicia ONGD publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a InteRed Galicia ONGD:

Atajos

Compartir