Cómo llegar Página web

ACADAR ACADAR é unha Entidade Social profesionalizada que marca o seu obxectivo nas necesidades das mulleres con discapacidade de Galicia.

🔎Buscamos persoal técnico en administración e contabilidade para a nosa asociación:📍R. de Dublín, 3, Bajo, 15707,Santiag...
20/10/2026

🔎Buscamos persoal técnico en administración e contabilidade para a nosa asociación:

📍R. de Dublín, 3, Bajo, 15707,Santiago de Compostela.

Requisitos imprescindibles:

->Estar en situación de desemprego inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia.

->Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas de cooperación nas convocatorias dos anos 2025, 2024 e 2023.

📩Envíanos o teu CV a: [email protected]

O Programa de Apoderamento e Activación para o Emprego de COCEMFE segue acompañando a mulleres no seu proceso de desenvo...
20/10/2026

O Programa de Apoderamento e Activación para o Emprego de COCEMFE segue acompañando a mulleres no seu proceso de desenvolvemento persoal.

💼 Aprender, compartir, avanzar.

Participa e forma parte dunha rede que te apoia para chegar máis lonxe.

Esperámoste!

Contacta: 617101436
Escribe a: [email protected]

📣A túa X pode cambiar a vida de moitas persoas! 💜Un ano mais, a asociación conta con melloras na calidade do seus serviz...
16/10/2026

📣A túa X pode cambiar a vida de moitas persoas! 💜

Un ano mais, a asociación conta con melloras na calidade do seus servizos para nenas e mulleres con discapacidade, grazas a quenes marcaron a X solidaria na declaración da renda. O Proxecto ACADAR 3.0: Mellora dos recursos dixitais para unha atención de calidade é un proxecto financiado pola Conselleria de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF da declaración da renda.

O pasado mércores, no grupo de encontro entre mulleres con discapacidade da cidade de Lugo, acudimos ao Museo Provincial...
15/10/2026

O pasado mércores, no grupo de encontro entre mulleres con discapacidade da cidade de Lugo, acudimos ao Museo Provincial de Lugo. Desfrutamos dunha visita accesible e inclusiva, na que aprendemos e vivimos a arte a través dos nosos sentidos.

Tamén puidemos desfrutar de dúas exposicións que se atopan nos espazos da Rede Museística Provincial de Lugo.

🎨 "500 mulleres na arte".
exposición e arquivo documental
da artista e investigadora Co**ha Mayordomo, que busca dar visibilidade ás mulleres que forman parte do mundo da arte.

🍉 "Mulleres de Gaza", unha exposición que nos permitiu ver a través dos seus ollos a realidade que vive o pobo palestino.

💜Grazas a por permitirnos desfrutar de esta experiencia.

Seguimos compartindo experiencias xuntas e fortalecendo os nosos lazos. 🌸

Estes encontros poden levarse a cabo grazas ao proxecto Plan de Prioridades de e

Hoxe, no grupo de encontro entre mulleres con discapacidade da cidade de Santiago de Compostela, desfrutamos dunha xorna...
15/10/2026

Hoxe, no grupo de encontro entre mulleres con discapacidade da cidade de Santiago de Compostela, desfrutamos dunha xornada de manualidades na que deixamos voar a creatividade e compartimos moito mais ca unha actividade. 💜

Foi un momento no que nos acompañamos, apoiamos e axudamos, compartindo experiencias, aprendizaxes e vivencias. Creamos un espazo seguro no que cada unha puido expresarse, experimentar a súa creatividade e desfrutar da compañía das demais. 🫂✨

Ademais, permitiunos facer unha pausa no día a día, desconectar por un momento e g***r dun tempo para nós. 🧘‍♀️

Seguimos medrando xuntas e fortalecendo os nosos lazos. 🌸

Estes encontros poden levarse a cabo grazas ao proxecto Plan de Prioridades de e .

👆 Os días 8 e 9 de outubro realizamos no centro ocupacional LIMISI en Xinzo de Limia, obradoiros de empoderamento, dirix...
13/10/2026

👆 Os días 8 e 9 de outubro realizamos no centro ocupacional LIMISI en Xinzo de Limia, obradoiros de empoderamento, dirixidos a mulleres con discapacidade.

Fortalecendo as súas capacidades propias, a súa autoestima e reforzando o traballo en grupo. Así como, dando a coñecer ferramentas e recursos de cara a detección e a erradicación dos distintos tipos de violencia en correlación co concepto de relacións basadas no bo trato.

Grazas a quenes marcaron a na declaración da renda, a asociación ACADAR leva a cabo este programa chamado ACTIVA-DAS, a través do cal se benefician máis de 35 mulleres con discapacidade de diversas zonas de Galicia.
Este proxecto é posible co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF da declaración da renda.

O teu X pode cambiar a vida de moitas persoas❗

Voltamos ás aulas 🏫 co proxecto "VIO 9: Ver para erradicar", co obxectivo de sensibilizar ao estudantado 👩‍🎓👨‍🎓 sobre a ...
08/10/2026

Voltamos ás aulas 🏫 co proxecto "VIO 9: Ver para erradicar", co obxectivo de sensibilizar ao estudantado 👩‍🎓👨‍🎓 sobre a igualdade, a diversidade afectivo-sexual, a discapacidade e a prevención de todo tipo de violencias, particularmente a prevención da violencia de xénero. Nesta ocasión, acudimos ao IES A Basella, de Vilanova de Arousa, grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra!

Este 2026, ACADAR é beneficiaria da axuda económica para a consolidación do movemento asociativo de mulleres, grazas á C...
02/10/2026

Este 2026, ACADAR é beneficiaria da axuda económica para a consolidación do movemento asociativo de mulleres, grazas á Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia

Unha axuda que facilita o mantemento dos servizos da asociación para seguir atendendo e fomentando a participación de mulleres e nenas con discapacidade.

Os días 23 e 30 de setembro estivemos realizando na Fundación Barcala, en Negreira, varios obradoiros de inclusión socio...
30/09/2026

Os días 23 e 30 de setembro estivemos realizando na Fundación Barcala, en Negreira, varios obradoiros de inclusión socio-laboral dirixidos a mulleres con discapacidade.

Esta iniciativa enmárcase nos itinerarios de emprego e no desenvolvemento de habilidades pre-laborais no colectivo.

Grazas a quenes marcaron a na declaración da renda, a asociación ACADAR iniciou o Programa de Inclusión e Transición ao Emprego para mulleres con discapacidade. Este proxecto é posible co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF da declaración da renda.

O teu X pode cambiar a vida de moitas persoas❗

Dirección

Rúa Dublín, 3
Santiago De Compostela
15707

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando ACADAR publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir