Asemblea de Cooperación pola Paz

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Asemblea de Cooperación pola Paz Somos unha ONGD sen ánimo de lucro, laica, independente e defensora dos valores democráticos desde unha opción de xustiza social e económica.

Este espazo reflicte os anhelos de transformación que nos moven en ACPP Galicia Asemblea de Cooperación Pola Paz é unha ONGD sen ánimo de lucro, laica, independente e defensora dos valores democráticos desde unha opción de xustiza social e económica. Desde o seu nacemento en 1991, aposta firmemente polo pacifismo, a tolerancia e o diálogo. Apoiamos á sociedade civil, democrática e progresista dos países en vías de desenvolvemento xerando organización local, fomentando a participación cidadá e a procura de alternativas para conseguir sociedades máis xustas e máis democráticas, onde os beneficios do desenvolvemento redistribúanse máis equitativamente, dando o protagonismo aos axentes locais. Na liña educativa, ACPP afronta a realización de traballos e estudos orientados ao apoio e desenvolvemento das actividades de educación pola paz e sensibilización. Fomentar a tolerancia, solidariedade e interculturalidad á vez que se combate o racismo e a xenofobia, son os nosos obxectivos para que a nosa sociedade tome unha posición activa na defensa dos Dereitos Humanos

ⒷⓄⒶⓈ ⓃⓄⓋⒶⓈ! 💜Vimos de coñecer a resolución favorable da convocatoria de proxectos de educación para o desenvolvemento e ...
03/11/2026

ⒷⓄⒶⓈ ⓃⓄⓋⒶⓈ! 💜

Vimos de coñecer a resolución favorable da convocatoria de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global da Xunta de Galicia para o programa Escolas sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento (ESR-EpD). ACTÚA!

Con esta nova fase, damos continuidade ao itinerario "coñece, pensa, actúa", avanzando cara á participación e á acción transformadora. Queremos fortalecer a conciencia crítica e o compromiso social das comunidades educativas, universitarias e da sociedade civil galega, promovendo a cultura de paz e a loita contra o racismo e as discriminacións.

📚 A través de ACTÚA! impulsaremos o traballo coa Equipa ESR e as comunidades educativas, a formación e o acompañamento no ámbito universitario, os procesos de participación e acción colectiva pola paz, e a creación e difusión de recursos e ferramentas pedagóxicas.

🌱 Porque pasar da reflexión á acción tamén significa implicarnos, compartir aprendizaxes e construír colectivamente outras formas de relacionarnos e convivir.

E este camiño faise en rede, contando con persoas e organizacións que achegan os seus saberes, experiencias e formas de facer. Nesta etapa acompañaranos .atalaias , Ángela Fraga, , , entre outras aliadas e comunidades participantes.

✨ Comezamos unha nova etapa. Seguide atentas, que iremos compartindo as actividades e novidades do proxecto!

A arte tamén constrúe paz. 🎭💜A arte é moito máis ca unha forma de expresión: pode axudarnos a contar o que vivimos, pres...
24/10/2026

A arte tamén constrúe paz. 🎭💜

A arte é moito máis ca unha forma de expresión: pode axudarnos a contar o que vivimos, preservar a memoria, achegarnos ás experiencias doutras persoas e crear espazos de encontro. Tamén nos permite imaxinar outras formas de convivir e transformar os espazos que habitamos.

O clown, a través do xogo, a expresión corporal e a creatividade, pode abrir novas vías para comunicarnos, explorar as emocións, cuestionar as nosas formas de relacionarnos e afrontar os conflitos desde a empatía e a noviolencia.

📸 Esta imaxe pertence a o curso de clown "corpo, territorio e paz" da man de realizado en 2024, no marco de edicións anteriores do Elas Deciden. Recuperámola porque conecta cunha idea que segue moi presente: os procesos de paz se constrúen creando, compartindo e atopándonos coas outras persoas.

🎭 Desde Elas Deciden: corpo, territorio e paz, seguimos explorando o potencial da arte e da cultura como ferramentas de transformación social.

✨ F**a atenta ás próximas actividades que iremos anunciando!

08/10/2026

📩 Xa está aquí o boletín de outubro de ACPP!

🇨🇴 Abrimos esta edición cunha noticia moi especial: o Congreso da República de Colombia recoñeceu a traxectoria de ACPP no país coa concesión de dous recoñecementos pola nosa labor na defensa dos dereitos humanos, a construción de paz e o acompañamento a comunidades afectadas pola violencia.
🏅 Orde do Congreso de Colombia, no grao de Comendador, concedida polo Senado.
🏅 Orde da Democracia Simón Bolívar, no grao de Cruz Comendador, concedida pola Cámara de Representantes.

🇵🇸 Achegámonos tamén ao novo informe de B’Tselem sobre o desmantelamento sistemático da vida colectiva palestina.

🇹🇳 Desde Tunisia, coñecemos unha nova entrega do proxecto TAGHYIR, arredor do espazo creado en Aïn Draham para impulsar a economía social e solidaria no noroeste do país.

🌍 Desde Guinea-Bissau e Senegal, achegamos dous artigos sobre o noso traballo coas mulleres, e desde Cantabria falamos de coidados, igualdade e participación das mulleres rurais en Campoo-Los Valles.

🚨 Incluímos tamén información sobre a campaña Emerxencia Colombia, coa que estamos apoiando a resposta xunto ás nosas organizacións socias tras o terremoto do pasado 10 de agosto. E pechamos cunha actualización sobre o fin da campaña Emerxencia Gaza, tras estes meses de apoio á resposta ante a situación no territorio.

📸 Na imaxe (de esquerda a dereita): Gerardo Vega, de Forjando Futuros (FFF); Gloria Cuadras, exalcaldesa de Apartadó; Miguel González Gullón, director da AECID en Colombia; Trini Blanch, representante de ACPP; Nora Saldarriaga, directora de Forjando Futuros (FFF); e o senador Ariel Ávila.

👉 Le o boletín completo e descubre todas as historias e proxectos desta edición!

🌊 O pasado 26 de setembro estivemos en Canido na Feira   2026, un encontro arredor da economía social, o mar e as inicia...
06/10/2026

🌊 O pasado 26 de setembro estivemos en Canido na Feira 2026, un encontro arredor da economía social, o mar e as iniciativas que traballan por un futuro máis sostible e xusto.

Desde ACPP achegamos parte do traballo que desenvolvemos arredor do mar e das comunidades que viven del, especialmente a través do programa , que desenvolvemos en El Salvador xunto coa nosa organización socia CORDES. 🌊💙

E tamén presentamos Elas Deciden: mulleres do mar de El Salvador e Galicia tecendo redes, unha iniciativa que nace precisamente para conectar as experiencias das mulleres do mar de ambos os territorios, compartir aprendizaxes e poñer en valor os seus saberes, traballos e formas de organización. 🪢

Foi unha xornada para coñecer iniciativas, compartir aprendizaxes e seguir facendo alianzas.

Grazas a por organizar este espazo con tanto agarimo e por todos os coidados postos para facer posible o encontro. E grazas a todas as persoas e iniciativas que vos achegastes, conversastes con nós e contribuístes a facer rede.

🪢 De El Salvador a Galicia.
🌊 Das redes de pesca ás redes de mulleres.
🤝 E das redes ás alianzas que nos permiten seguir construíndo xuntas.


Esta actividade forma parte do proxecto "Elas Deciden" financiado pola

𝟤 𝓭𝓮 𝓸𝓾𝓽𝓾𝓫𝓻𝓸 · 𝓓í𝓪 𝓘𝓷𝓽𝓮𝓻𝓷𝓪𝓬𝓲𝓸𝓷𝓪𝓵 𝓭𝓪 𝓝𝓸𝓷 𝓥𝓲𝓸𝓵𝓮𝓷𝓬𝓲𝓪 Hai días nos que a xente sae á rúa.Para reclamar.Para defender dereito...
02/10/2026

𝟤 𝓭𝓮 𝓸𝓾𝓽𝓾𝓫𝓻𝓸 · 𝓓í𝓪 𝓘𝓷𝓽𝓮𝓻𝓷𝓪𝓬𝓲𝓸𝓷𝓪𝓵 𝓭𝓪 𝓝𝓸𝓷 𝓥𝓲𝓸𝓵𝓮𝓷𝓬𝓲𝓪

Hai días nos que a xente sae á rúa.

Para reclamar.
Para defender dereitos.
Para dicir que algo ten que cambiar.

📢 A non violencia tamén é iso: organizarse, participar, ocupar o espazo público e facer visible aquilo que non queremos normalizar.

🌍 Para a Ruta Pacífica de las Mujeres, movemento feminista e pacifista colombiano, a mobilización social é tamén unha forma de expresar o rexeitamento á guerra e construír paz: unha paz entendida como transformación moral, ética e cultural.

🤝🏽 Porque a cultura de paz non significa permanecer en silencio ante as inxustizas. Significa afrontar os conflitos sen reproducir a violencia, defender os dereitos e buscar formas colectivas de transformar a realidade.

📚 Desde a Educación para a Cidadanía Global, traballamos para que as persoas poidan coñecer, pensar e actuar sobre o mundo que habitan.

A paz non é quedar quietas.
A paz tamén se constrúe movéndonos.

🏡 Polo dereito a unha vivenda digna. É necesario actuar xa!Cada día que pasa, prodúcense desafiuzamentos, aumentan os pr...
30/09/2026

🏡 Polo dereito a unha vivenda digna. É necesario actuar xa!

Cada día que pasa, prodúcense desafiuzamentos, aumentan os prezos da vivenda e máis familias vense abocadas a situacións de exclusión residencial.

Desde ACPP reclamamos aos gobernos que adopten as medidas necesarias para garantir e protexer de xeito efectivo o dereito a unha vivenda digna, asegurando que todas as persoas poidan acceder a unha vivenda adecuada, segura e alcanzable.

Garantir o dereito á vivenda require respostas urxentes e políticas públicas que sitúen ás persoas e os seus dereitos no centro.

| A ilustración forma parte das accións contra os desaloxos da organización dominicana


🌱🇨🇺 Unha nova folla de ruta para a sostibilidade na HabanaO Xardín Botánico da Habana “Quinta de Los Molinos” presentou ...
25/09/2026

🌱🇨🇺 Unha nova folla de ruta para a sostibilidade na Habana

O Xardín Botánico da Habana “Quinta de Los Molinos” presentou o seu Plan Integral de Sostibilidade, unha folla de ruta que busca consolidar este espazo histórico como un referente en sustentabilidade, inclusión e economía circular.

♻️ O Plan recolle e articula diferentes iniciativas que xa se están desenvolvendo na Quinta, relacionadas coa accesibilidade, a inclusión sociolaboral, a educación ambiental, a economía circular e o coidado do patrimonio.

🌱 Como sinalou Alejandro Palmarola Bejerano durante a presentación, “a sustentabilidade non é un luxo, senón unha necesidade”. Unha idea que resume o propósito deste Plan: facer da Quinta de Los Molinos un espazo onde a sostibilidade, inclusión e patrimonio se encontran para construír futuro.

🤝🏽 Este Plan é tamén un dos resultados do proxecto de cooperación internacional “Consolidación dun modelo integral de xestión en materia de inclusión, emprendemento sostible e economía circular no Xardín Botánico Quinta de Los Molinos, A Habana”, que desenvolvemos xunto á nosa socia Oficina do Historiador da Cidade da Habana (OHCH), co financiamento do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

🌍 Desde ACPP seguimos apostando por alianzas que conectan persoas, territorios e capacidades para construír futuros máis xustos e sostibles.

📸 Na imaxe: Alejandro Palmarola Bejerano, presidente do Consello da Administración de La Quinta S.U.R.L., durante a presentación do Plan Integral de Sostibilidade, xunto ao público asistente ao acto.

23/09/2026

El Jardín Botánico de La Habana Quinta de los Molinos presentó este...

𝟤𝟣 𝓭𝓮 𝓼𝓮𝓽𝓮𝓶𝓫𝓻𝓸 · 𝓓í𝓪 𝓘𝓷𝓽𝓮𝓻𝓷𝓪𝓬𝓲𝓸𝓷𝓪𝓵 𝓭𝓪 𝓟𝓪𝔃🌍 O MUNDO EN DATOSPode haber paz sen igualdade?📊 Segundo o Informe dos Obxectiv...
21/09/2026

𝟤𝟣 𝓭𝓮 𝓼𝓮𝓽𝓮𝓶𝓫𝓻𝓸 · 𝓓í𝓪 𝓘𝓷𝓽𝓮𝓻𝓷𝓪𝓬𝓲𝓸𝓷𝓪𝓵 𝓭𝓪 𝓟𝓪𝔃

🌍 O MUNDO EN DATOS

Pode haber paz sen igualdade?

📊 Segundo o Informe dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2026 de Nacións Unidas, entre 2019 e 2025 aprobáronse 99 reformas legais para eliminar leis discriminatorias e establecer marcos de igualdade de xénero.

🌱 A paz tamén se constrúe transformando as desigualdades, defendendo os dereitos das mulleres e garantindo a súa participación na toma de decisións.

🤝🏽 Desde o programa Elas Deciden: corpo, territorio e paz, promovemos o diálogo entre feminismos do Norte e do Sur Global, visibilizando as loitas das mulleres na construcción de paz e fortalecendo redes para a defensa dos dereitos.

Porque os corpos, os territorios e as comunidades tamén son espazos de resistencia e construción de paz.

💜Non hai paz sen xustiza, nin xustiza sen igualdade. A paz constrúese en común.

📚 Fonte: The Sustainable Development Goals Report 2026 · Nacións Unidas

18/09/2026

🧳 O xogo segue viaxando!

Esta vez, “A viaxe, cando escapar non é un xogo” chegou ata Casaio, da man de , para compartir unha xornada de reflexión arredor da migración, o refuxio e os Dereitos Humanos.

🧩 A través do xogo, achegámonos ás historias de persoas que emprenden diferentes percorridos migratorios e ás circunstancias que condicionan as súas viaxes. Unha proposta para coñecer outras realidades, cuestionar prexuízos e reflexionar sobre o dereito á mobilidade humana.

🤝🏽 Grazas a Pedro e Elba de Eco dos Teixos por facernos un oco neste Campo de Voluntariado e, sobre todo, ao grupo de participantes por implicarse, xogar, preguntar e compartir con nós. Foi un pracer acompañarvos nesta viaxe!

🌍 “A viaxe, cando escapar non é un xogo” é un recurso pedagóxico de ACPP que forma parte do proxecto Abeirar, co apoio de Cooperación Galega.

E nós seguimos viaxando...🧳

Dirección

Rúa Das Galeras, 13
Santiago De Compostela
15705

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 19:00
Martes 09:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 19:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asemblea de Cooperación pola Paz publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Asemblea de Cooperación pola Paz:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos