04/11/2026
Un encontro con persoas usuarias da asociación foi o espazo elixido por Rosa Aneiros para presentar o audiolibro da súa novela "A noite das cebolas" editada por Edicións XERAIS. Un formato que se converte, como dixo o presidente da asociación Luciano Fernández nunha ferramenta de accesibilidade que facilita o acceso á cultura. O acto encadrouse na entrega a Rosa Aneiros do Premio Novela Europea organizado pola Asociación Cultural "Café Casino de Santiago", que estivo representada pola súa vicepresidenta Maribel Marín. O audiolibro foi presentado por Fran Alonso, director de Xerais.