ACEM - Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

ACEM - Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras O noso obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple, Párkinson e ELA

🤝 Visita da AEPEF a ACEMO pasado 30 de outubro recibimos en ACEM a visita da traballadora social da Asociación Española ...
10/11/2026

🤝 Visita da AEPEF a ACEM

O pasado 30 de outubro recibimos en ACEM a visita da traballadora social da Asociación Española de Paraparesia Espástica Familiar Aepef Giovanna Tejada, acompañada da delegada territorial, Susi Pérez Delegación Galicia Aepef .

Agradecémoslles o seu interese en coñecer as nosas instalacións e o noso funcionamento 🏡. Compartimos o obxectivo de tecer redes de colaboración entre entidades que, neste caso, nos permitan achegarnos ás persoas con PEF e ás súas familias 💙

Grazas pola visita! Seguimos sumando 🙌

📢 𝗢𝗳𝗲𝗿𝘁𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗲𝗺𝗽𝗿𝗲𝗴𝗼 - 𝗔𝗖𝗘𝗠🔍 Buscamos:🔹 𝗧𝗿𝗮𝗯𝗮𝗹𝗹𝗮𝗱𝗼𝗿/𝗮 𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗹: Lalín (residencia na comarca do Deza)🔹 𝗘𝗱𝘂𝗰𝗮𝗱𝗼𝗿/𝗮 𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗹: ...
09/11/2026

📢 𝗢𝗳𝗲𝗿𝘁𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗲𝗺𝗽𝗿𝗲𝗴𝗼 - 𝗔𝗖𝗘𝗠

🔍 Buscamos:
🔹 𝗧𝗿𝗮𝗯𝗮𝗹𝗹𝗮𝗱𝗼𝗿/𝗮 𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗹: Lalín (residencia na comarca do Deza)
🔹 𝗘𝗱𝘂𝗰𝗮𝗱𝗼𝗿/𝗮 𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗹: Santiago

📅 Contrato de 12 meses ao 75 % da xornada, con incorporación en decembro.

👉 Requisito: estar inscrito/a como demandante non ocupado/a no Servizo Público de Emprego de Galicia.

📩 Envía o teu CV a [email protected] indicando o posto no asunto.

ℹ️ 🔗 https://www.acemsantiago.org/emprego-26.html

06/11/2026
06/11/2026
Hoxe presentamos o mural colaborativo impulsado dende o noso proxecto  . Unha preciosa obra de Fernando Yáñez no Pavil...
06/11/2026

Hoxe presentamos o mural colaborativo impulsado dende o noso proxecto . Unha preciosa obra de Fernando Yáñez no Pavillón do Restollal, na que participan persoas con esclerose múltiple e párkinson de ACEM, que é posible grazas á colaboración da Fundación “la Caixa” e ao apoio do Concello de Santiago

O mural denominado CORAXES é unha merecida homenaxe a tres campións do mundo composteláns de distintas xeracións e disciplinas. Parabéns a Alejandra Neira, Borja Iglesias e a Esther Pedrosa polos seus logros deste ano e por ser grandes referentes.

A obra recolle ademais a man da diversidade: Inspirada no xesto de Borja Iglesias de pintarse as uñas como mostra do seu compromiso
contra o racismo, a homofobia e a discriminación, unha gran man con cinco uñas pintadas. Cada unha leva un símbolo e un valor: igualdade, liberdade, compañeirismo, esforzo e respecto.

As persoas con esclerose múltiple e párkinson de
ACEM participan na creación do mural, converténdoo nun espazo de encontro, expresión e participación colectiva. Porque todas as persoas teñen algo que achegar na construción dunha sociedade máis inclusiva, diversa e respectuosa.

Grazas a María Rozas, tenente de alcaldesa e a Pilar Lueiro, concelleira de deportes polo apoio.
A Alejandra Neira, Esther Pedrosa e Borja Iglesias pola gran acollida. A Fernando Yáñez por facelo artisticamente posible. Grazas tamén aos medios por facerse eco da iniciativa.

04/11/2026

𝗜𝗡𝗔𝗨𝗚𝗨𝗥𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝗗𝗔 𝗘𝗫𝗣𝗢 "𝗥𝗘𝗛𝗔𝗕𝗜𝗟𝗜𝗧-𝗔𝗥𝗧𝗘"

📌 Onte inauguramos a exposición no Centro Sociocultural das Fontiñas.

🙏 Grazas a todas as persoas que vos achegastes a arroupar aos artistas e ao concelleiro de Sustentabilidade Xesús Domínguez por acompañarnos.

🏺 A mostra é unha escolma das obras resultantes dos obradoiros de cerámica castrexa -con Sandra Obarrio Ceramica Castrolandin Fundación Terra Termarum Castrolandín - e de pintura -coa artista Inés Silvalde -.

🕗 Poderá visitarse ate o día 12 de novembro incluído, en horario de 8:30 a 14:30 e de 16:30 a 21:30h. Sábado de 10 a 14h.

🤝 𝗥𝗲𝗵𝗮𝗯𝗶𝗹𝗶𝘁𝗔𝗿𝘁𝗲 é un proxecto de ACEM que conta coa colaboración da Fundación "la Caixa", ORAL GROUP CENTROS DENTALES , Concello de Santiago Pazo de Raxoi e da Rede de Centros Socioculturais de Santiago.

02/11/2026

Esta era a nosa sorpresa, dentro do proxecto .
Unha intervención mural de Fernando Yáñez na que participarán persoas con esclerose múltiple e párkinson de ACEM que é unha homenaxe a tres deportistas de referencia da idade, campións do mundo este ano: Borja Iglesias, Alejandra Neira e Esther Pedrosa.
Unha acción que conta co apoio do Concello de Santiago Pazo de Raxoi e a colaboración da Fundación "la Caixa".

Dirección

Rúa De Queixume Dos Pinos, 4, A Coruña
Santiago De Compostela
15705

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando ACEM - Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a ACEM - Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos