Boa Vida - Tenda Solidaria

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Boa Vida - Tenda Solidaria Páxina da Tenda Solidaria de Venda Xusta que a Asociación Boa Vida ten na rúa Santa Clara, 35 (Pontevedra). Grazas!

Coas túas doazóns nos puntos de recollida damos unha segunda oportunidade aos obxectos, mais tamén ás persoas. Na nosa Tenda Solidaria traballa unha equipa humana de voluntarias/os e traballadoras/es, reunida en torno ao proxecto de Boa Vida Inclusión Activa, que procura favorecer o acceso a recursos e oportunidades, e a mellora para persoas en situación de vulnerabilidade social.

🚨 Ceuta, moito máis que unha crise humanitaria.As fronteiras matan. A acollida salva.Dende Boa Vida, xunto a Traperos de...
16/10/2026

🚨 Ceuta, moito máis que unha crise humanitaria.

As fronteiras matan. A acollida salva.

Dende Boa Vida, xunto a Traperos de Emaús, organizamos unha Venta Solidaria para apoiar ás entidades sociais que traballan en Ceuta acompañando e acollendo a menores e a persoas migrantes en situación de vulnerabilidade.

A situación que atravesa Ceuta reflicte unha realidade moito máis ampla: desigualdade, conflitos, falta de oportunidades e políticas migratorias que poñen en risco a vida de milleiros de persoas.

Por iso apostamos pola solidariedade, a acollida e a construción dun mundo máis xusto, onde todas as persoas poidan desenvolverse con dignidade. 💙

📅 Sábado, 17 de outubro de 2026
📍 Pontevedra:
🛍️ Tenda Solidaria Boa Vida — Rúa Santa Clara, 35
🛍️ Tenda Solidaria Boa Vida — Rúa da Seca, 3

Todo o recadado destinarase a entidades sociais que traballan en Ceuta na acollida de menores e persoas migrantes vulnerables, como a Asociación Elín.

Agardámoste. O teu apoio tamén acolle.

16/10/2026
✊ A pobreza non é inevitable.Este sábado 17 de outubro, Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, saímos á rúa. ...
15/10/2026

✊ A pobreza non é inevitable.

Este sábado 17 de outubro, Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, saímos á rúa. Xunto a Amnistía Internacional e Manos Unidas, facemos un chamamento colectivo: a pobreza non é unha fatalidade, é o resultado de decisións políticas e económicas que podemos cambiar.

📍 Rúa Benito Corbal (á altura de Mango), Pontevedra
🕥 De 10:30h a 13:00h

Estaremos alí para visibilizar, denunciar e esixir. Porque mentres hai persoas sen fogar, sen ingresos, sen dereitos, non podemos falar de xustiza.

💪 Achégate. Súmate. Corre a voz.

⚖️🤝 Así foi o noso obradoiro "Asesórate"!Onte enchemos a nosa Oficina de Dereitos e Deberes Sociais (ODDS) para falar du...
17/09/2026

⚖️🤝 Así foi o noso obradoiro "Asesórate"!

Onte enchemos a nosa Oficina de Dereitos e Deberes Sociais (ODDS) para falar dun tema fundamental: os dereitos básicos laborais en relación á residencia.

Durante a sesión, compartimos información clara e práctica para:
✅ Coñecer os primeiros pasos para a obtención da residencia e os seus dereitos.
✅ Resolver dúbidas sobre a situación laboral de cada persoa.
✅ Gañar seguridade e ferramentas útiles para o día a día.

Grazas ás persoas que vos achegastes e fixestes desta xornada un espazo de confianza e aprendizaxe compartida. 💛

Se non puideches vir ou tes calquera dúbida, lembra que estamos aquí para axudarche. E atento ás próximas datas! 👀

📍 ODDS de Boa Vida | Rúa Echegaray, 10, 2º esquerda.
📲 698 124 762

Asesórate. Coñece os teus dereitos. Infórmate. Decide.

🎪✨ Un fito histórico: por primeira vez, Boa Vida estivo na Feira Franca!Este 5 de setembro quedará na nosa memoria. Desp...
15/09/2026

🎪✨ Un fito histórico: por primeira vez, Boa Vida estivo na Feira Franca!

Este 5 de setembro quedará na nosa memoria. Despois de todos estes anos traballando en Pontevedra, este 2026 foi o primeiro no que Boa Vida montou o seu propio posto na Feira Franca. E que ilusión tan grande! 🧡

Compartimos convosco estas imaxes da xornada, onde a artesanía foi a protagonista. Puideron atopar dende saquiños medievais ou bolsiñas aromáticas feitas con moito agarimo, ata artigos de barro e tecidos decorados. Todo elaborado coidando cada detalle para transportarnos á Idade Media.

Detrás desta mesa hai un equipo enorme que traballou para que isto fose posible. Grazas a todas as persoas que vos achegastes, que comprastes ou simplemente vos parastes a charlar con nós. Sen vós, este logro non tería sentido. 💪

Seguimos sumando pasos e facendo comunidade!

11/09/2026

Na procura de material para o cole? Ven ás nosas tendas solidarias.

Dirección

Rúa Santa Clara, Nº 35
Pontevedra
36002

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Martes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Miércoles 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Jueves 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Viernes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Sábado 10:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Boa Vida - Tenda Solidaria publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Boa Vida - Tenda Solidaria:

Atajos

Compartir