Asanog Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia

Asanog Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia ASANOG es una asociación creada por familias de niños, niñas y adolescentes que están o han pasado por un cáncer infantil.
(1)

E tamén este sábado... temos planazo en San Xurxo de Vea 💛Despois da presentación da mañá seguimos coa festa!  Animámosv...
19/06/2026

E tamén este sábado... temos planazo en San Xurxo de Vea 💛
Despois da presentación da mañá seguimos coa festa! Animámosvos a achegarvos á foliada solidaria en San Xurxo de Vea desde as 12:00 h, unha xornada chea de música, alegría e solidariedade.

Contaremos cun cartel de luxo, con auténticas artistazas que veñen compartir o seu talento con nós:

🎶 CHARANGA OS INTOCABLES
🎶 AC A PONTE VELLA
🎶 EMT A XESTEIRA
🎶 OS PEREIRIÑOS
🎶 GALEGA DE BAILABLES
🎶 OS LÓSTREGOS
🎶 TEQUEXETELDERE
🎶 TAMPARRANTÁN
🎶 BARBUDE
🎤 Presenta Iago Castro
🗣 Pregón de Chelo do Rejo

E ademais…
🍽 Comida solidaria
🎈 Actividades infantís e inchables
🎭 E a compañía de David Orihuela

Unha sábado perfecto para desfrutar, compartir e colaborar con ASANOG nun ambiente único 💛 VÉMONOS 💛💛💛

Por fin "Superhéroes sin superpoderes" na nosa sede!Este sábado ás 11:30 en ASANOG teremos unha cita moi especial coa pr...
19/06/2026

Por fin "Superhéroes sin superpoderes" na nosa sede!

Este sábado ás 11:30 en ASANOG teremos unha cita moi especial coa presentación do libro Superhéroes sin superpoderes 💛 Tiñamos moitas ganas de poder compartir este momento na nosa casa, na Avenida Barcelona 30 (Santiago), e por fin temos día!

Ademais, será unha ocasión moi especial, porque tamén presentaremos o grupo de superviventes Pulseras Amarillas , creado para acompañarse, compartir e seguir camiñando xuntos.

💛 Anímate!

📅 Sábado 20 de xuño
🕒 11:30
📍 Avenida Barcelona, 30 (Santiago)

Un ano máis, grazas Oroso 💛A andaina solidaria de domingo converteuse nun punto de encontro onde a veciñanza de Oroso vo...
17/06/2026

Un ano máis, grazas Oroso 💛
A andaina solidaria de domingo converteuse nun punto de encontro onde a veciñanza de Oroso volveu demostrar algo moi especial: a súa solidariedade e compromiso.
Queremos dar as grazas ao Concello de Oroso por seguir impulsando esta iniciativa e a todas as persoas que participastes, camiñastes e sumastes apoio ás familias de ASANOG.

Grazas por estar sempre aí, mercar rifas, por formar parte e acompañarnos cos vosos pasos. ☺

Hai cousas que comezan cun pequeno xesto e acaban unindo a moita xente…Hoxe pola mañá tivemos a sorte de compartir en Ra...
12/06/2026

Hai cousas que comezan cun pequeno xesto e acaban unindo a moita xente…

Hoxe pola mañá tivemos a sorte de compartir en Radio Líder algo que nos fai moita ilusión: este domingo volvemos a Oroso cunha nova andaina solidaria 💛
Un ano máis, grazas ao compromiso do , esta cita convértese nun punto de encontro onde deporte, solidariedade e comunidade van da man. Sentímonos moi agradecidos por poder contar con eles e con todas as persoas que fan posible que esta iniciativa siga medrando.

📍 Este domingo 14 de xuño ás 10:00 h, na praza do Concello

👉 Participación libre
👉 Mesa informativa de ASANOG
👉 Produtos solidarios
👉 E… un sorteo ao final da andaina

É unha oportunidade para camiñar xuntos, coñecernos un pouco máis e apoiar ás familias con cancro infantil e xuvenil. Grazas a todas as persoas que facedes posible que isto siga acontecendo un ano máis. 💛

Se che apetece pasar unha mañá diferente e sumar o teu gran de area… agardámoste en Oroso!

Xa é mañá ☺☺👆👆  Este mércores temos unha cita moi especial na Libraría Couceiro   (19:00 h) coa presentación de Tríade T...
09/06/2026

Xa é mañá ☺☺👆👆 Este mércores temos unha cita moi especial na Libraría Couceiro (19:00 h) coa presentación de Tríade Tétrica, de Javier García.
É unha proposta moi interesante para achegarse á poesía e pasar unha boa tarde… e ademais, colaborar con ASANOG 💛

Encantaríanos verte alí e compartir este momento.

Ata mañá :)

Presentación do poemario Tríade Tétrica de Javier García 📖O próximo mércores 10 de xuño ás 19:00 teremos o gusto de asis...
04/06/2026

Presentación do poemario Tríade Tétrica de Javier García 📖

O próximo mércores 10 de xuño ás 19:00 teremos o gusto de asistir a este marabilloso encontro na Libraría Couceiro (Santiago) para coñecer este libro e compartir un bo momento precioso arredor da poesía de Javier.

Ademais, este proxecto ten un lado moi especial: colabora con ASANOG, apoiando ás familias con cancro infantil e xuvenil en Galicia.

Se che apetece pasar unha tarde diferente, agardámoste 💛

15/05/2026

💙 DÍA DE LAS FAMILIAS

🎗️Este ponemos rostro a quienes forman parte de las Juntas Directivas del movimiento asociativo de la Federación Española de Familias de Cáncer Infantil.
Madres, padres, hermanos, familiares y supervivientes que han vivido el diagnóstico de la enfermedad, el tratamiento y todo lo que viene después.

Porque lo que nos une como movimiento asociativo también es lo que nos diferencia: somos familias.

🎗️Porque seguimos transformando las necesidades de las familias en apoyo, derechos y acompañamiento.

Dirección

Avd. De Barcelona 30 Bajo
Santiago De Compostela
15706

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asanog Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Asanog Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia:

Compartir