27/10/2026
📢 Nin un paso atrás no camiño da inclusión nas aulas!
🔹 Desde Down Galicia queremos deixar clara a nosa postura ante o modelo de Aulas Senda que a Consellería de Educación vén de implantar no sistema educativo.
⚠️ Con esta medida, a Xunta de Galicia continúa creando aulas segregadas, o que supón un retroceso inaceptable que vulnera os dereitos do alumnado ao negarlle a aprendizaxe, a participación e o espazo común da aula ordinaria. Un modelo que estigmatiza e segrega, afastándose do obxectivo dunha educación realmente inclusiva.
🤝 Deste xeito, a Federación súmase ao manifesto da Asociación Galega de Mestras e Mestres Pola Inclusión (Agampi), que asina e comparte, e rexeita de xeito rotundo este modelo segregador, contrario ao marco normativo e internacional e que representa un claro paso atrás no camiño cara a unha inclusión real nas aulas.
📣 As administracións deben escoitar á comunidade educativa e ás entidades sociais que apoian no día a día ao alumnado e ás súas familias. Por iso, reclamamos unha rectificación por parte da Consellería de Educación, que ten a obriga de garantir os recursos e os apoios necesarios para todo o alumnado, dentro dun espazo educativo común, inclusivo e participativo.