08/10/2026
Ola, chamome Lucía e nesta aventura de en Amarante tiven a sorte de poder participar en un montón de actividades como Paiva (quinta da palmirinha), un viñedo precioso no que hai un par de perretes súper amorosos, Cepelos ERPI (un centro de maiores), campamentos de verano e a Horta Urbana, da que persoalmente me namorei e a tomei como miña.
Tamén participei en varios proxectos que tiveron lugar durante a nosa estancia. Un destes foi o "Teatro da Rúa", no que tivemos que facer decorados para unha serie de actos que perfectamente podrían darse en grandes teatros.
Ademáis de participar en proxectos tamén fixen un proxecto propio, un libro de recetas con comidas e postres de todos os países dos voluntarios. Durante este proxecto puden cociñar e socializar un pouco máis cos voluntarios, así como facer que todas as persoas presentes na mesa disfrutaran dunha boa comida, como as magdalenas que se poden ver na foto.
A pesar de todo o traballo tamén houbo tempo para visitar Porto, Guimaraes, facer rutas de senderismo ou, como se lle chaman alí, "trilhos"; algunha visita ao mercado, cenas nos míticos bares e restaurantes, así como pasear e descubrir Amarante e todas as súas calles e tendas e, quen sabe, ao mellor se vos animades a ir descubrides cal é a mellor vista de Amarante.
Xuventude Galicia
Casa da Juventude de Amarante