Colexio Oficial de Xoiaria

Colexio Oficial de Xoiaria Tenemos como misión promocionar la joyería de Galicia.

O Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia, é unha corporación de dereito público de carácter profesional, dotada de personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins e o exercicio das súas funcións, creada pola Lei 9/2006 do 1 de decembro, e amparada pola Constitución, o Estatuto de Autonomía de Galicia e a lexislación de colexios profesionais.

20/05/2026

Hai momentos que se viven unha soa vez. ✨
As probas, a emoción, os detalles… e a ilusión de atopar a xoia perfecta para un día tan especial.
acompaña eses momentos únicos.

As nosas palabras son identidade, memoria e futuro.Neste Día das Letras Galegas rendemos homenaxe a Begoña Caamaño, unha...
17/05/2026

As nosas palabras son identidade, memoria e futuro.

Neste Día das Letras Galegas rendemos homenaxe a Begoña Caamaño, unha voz imprescindible da cultura galega.

Día das Letras Galegas. 💙

15/05/2026

Unha xoia queda para sempre.
Non polo material, senón polo que representa.
Un momento, unha lembranza, unha historia que sempre vai contigo. ✨
cóntao neste vídeo.
Porque hai historias que tamén brillan. 👇

✨ XVI Certame “Deseña unha xoia para a túa nai”Detrás de cada debuxo hai ilusión, creatividade e unha mirada única sobre...
07/05/2026

✨ XVI Certame “Deseña unha xoia para a túa nai”

Detrás de cada debuxo hai ilusión, creatividade e unha mirada única sobre a xoiaría.
E detrás de cada xoia realizada hai oficio, dedicación e o saber facer dos profesionais do noso sector.

Este certame permítenos achegar a xoiaría galega ás novas xeracións, pero tamén lembrar a importancia de seguir poñendo en valor unha profesión creativa, artesanal e profundamente humana.

Grazas a todos os participantes, familias, centros educativos e ás empresas colaboradoras que fixeron posible esta edición 💛

📸 Todas as fotos do acto de entrega de premios na seguinte ligazón: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1422566083230777&type=3

XVI certame Deseña unha xoia para a túa nai.🎨🏆 Recoñecemento ao CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Celanova pola súa con...
06/05/2026

XVI certame Deseña unha xoia para a túa nai.

🎨🏆 Recoñecemento ao CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Celanova pola súa contribución á promoción das artes plásticas e difusión da profesión de xoiaría na escola. Os nosos parabéns!!!

Os gañadores do XVI certame Deseña unha xoia para a túa nai:👉O álbum de fotos completo en:https://www.facebook.com/media...
06/05/2026

Os gañadores do XVI certame Deseña unha xoia para a túa nai:

👉O álbum de fotos completo en:https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1422566083230777&type=3

1. Xabier Garrido González. 3 anos. EEI O Grupo (Marín)

2. Samuel Ramirez Mena. 4 anos. CPR Nosa Señora do Pilar (Foz)

3. Álex Román Rodríguez. 3 anos. CPR Hermanos Quiroga (O Porriño)

4. Ximena Cepeda Alcalde. 5 anos. CPR Vilas Alborada (Santiago de Compostela)

5. Ángel Martínez Portas. 6 anos. CPR Sagrada Familia (Cangas de Morrazo)

6. Salvador Tarrío Martínez. 5 anos. CPR Vilas Alborada (Santiago de Compostela)

7. Carla Carrera Lobato. 10 anos. CPR Santiago Apostol (Ponteareas)

8. Sofía Pacios Pereira. 9 anos. CPR La Inmaculada (Marín)

9. Lidia Vizoso Fernández. 10 anos. CEIP Santa Rita (Viveiro)

10. Nicolás Gómez Malvar. 12 anos. CPR Alca (Ames)

11. Catarina Lado Solla. 12 anos. Santiago de Compostela

12. Elena González Cierto. 12 anos. CPR Alca (Ames)

Os nosos parabéns!

UNION JOYERA DE BERGONDO, Fink-Orfebres, Oscar Joyeros, Oscar Rodriguez Blanco, Fundación Pública Artesanía de Galicia, EASD Mestre Mateo, Gabriel Alen Castro, Ardentia xoiajeweljoya, Luis Gonzalez, Raul Pesqueira Fariña,

05/05/2026
E ti, que nai es? 💫A dos 90, a dos 2000… ou a que marca tendencia hoxe?Porque antes de ser mamá…xa marcaba tendencia.Cho...
03/05/2026

E ti, que nai es? 💫
A dos 90, a dos 2000… ou a que marca tendencia hoxe?
Porque antes de ser mamá…
xa marcaba tendencia.
Chokers, aros, charms, colares…
cada xoia forma parte da súa historia 💛
✨ Este Día da Nai, regala algo máis ca unha xoia:
regala unha historia.
Porque unha nai non se esquece, lévase.

02/05/2026

Volvemos saír á rúa 🎤

Dúas preguntas. Nada máis:

Que valor lle dás a unha xoia cando decides regalarlle unha á túa nai?

E se tiveras que escoller unha xoia que a represente…
cal sería? 💭

Porque unha xoia non é só un agasallo.
É o que significa, o que transmite, o que queda.

Este Día da Nai, regala xoiería.
Porque unha nai non se esquece. Lévase ✨

Dirección

Rúa Laverde Ruiz, 6/Entresuelo
Santiago De Compostela
15702

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Colexio Oficial de Xoiaria publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir