Fonte da Virxe

Cómo llegar Página web

Fonte da Virxe Organizando actividades e creando servizos de tipo ocupacional, laboral, educativo, cultural, residencial, de lecer e de tempo libre, etc.

A Asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos dos Enfermos Mentais, foi creada coa finalidade de promover a recuperación das persoas con enfermidade mental. A Asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos dos Enfermos Mentais, foi creada en xullo de 1994, coa finalidade de promover a recuperación dos enfermos mentais, a súa integración social, a mellora da asistencia e a súa calidade de vida, así como a defensa dos seus intereses e dereitos. A Asociación pretende, por unha banda, cubrir o baleiro existente de protección deste colectivo, promovendo e potenciando iniciativas que favorezan a súa integración laboral e social. E por outro, tentar cambiar actitudes erróneas informando sobre a realidade desta enfermidade que, como calquera outra de tipo orgánico, necesita: unha oportuna detección, prevención, un tratamento, unha medicación e de ser o caso, hospitalización e rehabilitación. O enfermo mental con tratamento adecuado, con seguimento da súa enfermidade, pode desenvolver unha vida normal, tanto a nivel social como laboral.

🏸☕ Hoxe visitamos as instalacións de Squash Santiago,no Milladoiro. Coñecemos os seus espazos, os deportes e actividades...
04/11/2026

🏸☕ Hoxe visitamos as instalacións de Squash Santiago,no Milladoiro. Coñecemos os seus espazos, os deportes e actividades que ofrecen e desfrutamos dunha agradable acollida cun café incluído.

👏 Moitas grazas pola vosa atención e por recibirnos tan ben!




🎃👻 O pasado venres celebramos o Samaín cun escape room terrorífico! Pasámolo de medo resolvendo enigmas, superando proba...
02/11/2026

🎃👻 O pasado venres celebramos o Samaín cun escape room terrorífico! Pasámolo de medo resolvendo enigmas, superando probas e levando algún que outro susto! 😱🕷️

Unha tarde diferente e moi divertida! 🖤




🔍 📢Buscamos Integrador/a Social para incorporación ao noso equipo a través dun Contrato de Cooperación.Se queres formar ...
29/10/2026

🔍 📢Buscamos Integrador/a Social para incorporación ao noso equipo a través dun Contrato de Cooperación.
Se queres formar parte dun proxecto comprometido coa saúde mental, agardamos a túa candidatura!




🍂🍁 O outono foi o protagonista destas semanas.🍂🍊🌿 Recollemos follas, herbas e froitos da estación e experimentamos cos a...
28/10/2026

🍂🍁 O outono foi o protagonista destas semanas.
🍂🍊🌿 Recollemos follas, herbas e froitos da estación e experimentamos cos aromas no taller de Rehabilitación cognitiva.
🎨Creamos tarxetas empregando a técnica zentangle con cores de outono no tallerde Trazos e Cores.
🍁 Decoramos o centro para dar a benvida a esta época do ano.
Actividades que combinaron estimulación sensorial, creatividade e traballo en equipo cun resultado precioso!



🌊🚶‍♀️Este sábado tocou descubrir recunchos únicos da Costa da Morte. Percorremos a ruta dos Penedos de Pasarela e Traba,...
26/10/2026

🌊🚶‍♀️Este sábado tocou descubrir recunchos únicos da Costa da Morte. Percorremos a ruta dos Penedos de Pasarela e Traba, fixemos parada en Camelle, visitamos o Faro de Cabo de Vilán e puxemos o broche final da xornada en Muxía.

21/10/2026

En Fonte da Virxe fuches irrepetible, cónstanos, e a túa praza non queda libre, son prazas de longa duración, marchas coma un sismo pero quedas, queiras ou non queiras.💜💜💜

Onte, a nosa presidenta, Mar Piñeiro, asistiu á presentación do Plan Estratéxico de Saúde Mental de Galicia 2026-2030.De...
17/10/2026

Onte, a nosa presidenta, Mar Piñeiro, asistiu á presentación do Plan Estratéxico de Saúde Mental de Galicia 2026-2030.

Desde a nosa entidade, valoramos a importancia de seguir avanzando na promoción da saúde mental, na prevención e na mellora da atención ás persoas que precisan apoio.

Grazas á por impulsar este tipo de iniciativas e por dar visibilidade a unha cuestión tan importante para a nosa sociedade.💚

💚 Nova xornada de petanca en Bandeira! 💚Un pracer participar nesta nova xornada de petanca en Bandeira, compartindo unha...
16/10/2026

💚 Nova xornada de petanca en Bandeira! 💚

Un pracer participar nesta nova xornada de petanca en Bandeira, compartindo unha xornada de deporte, convivencia e diversión. 🤝😊

Queremos agradecer a Saúde Mental FEAFES Galicia a organización desta xornada e a .p.bandeira pola súa colaboración e acollida. 👏💚

Grazas tamén aos técnic@s e a todas as persoas participantes das distintas asociacións por facer posible este encontro tan especial. 🫂🥰

Seguimos creando espazos de encontro, participación e inclusión a través do deporte! 💪💚

Moitas grazas a todas e todos por facelo posible! ♿🎉


Dirección

Rúa Campo Do Forno Numero 1 Baixo
Santiago De Compostela
15703

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fonte da Virxe publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos