02/11/2026
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2026/11/02/kaiser-krenchie-fuera-refugio-bando-familia-adoptiva/00031793614444035530298.htm
❤️ Tiñamos moitísimas ganas de darvos esta noticia!
Pero tivemos que levar todo con moitísimo segredo, por razóns obvias. Como ben sabedes, non temos ningunha confianza na dirección do Refuxio de Bando nin na veterinaria responsábel, e tiñamos medo de que algo puidese saír mal.
Hoxe, por fin, podemos contarvos que Kaiser e Krenchie están fóra de Bando! ❤️
E isto foi posíbel, hai que dicilo ben alto e ben claro, grazas á loita incansábel de Loreto, da asociación 3PA, que non deixou de pelexar por eles ata conseguir sacalos de alí.
Non podemos esquecer que a veterinaria que continúa á fronte da clínica de Bando chegou a solicitar en dúas ocasións o sacrificio destes cans. Hoxe, afortunadamente, están vivos e teñen unha nova oportunidade.
Pola nosa parte, como sabedes, seguimos adiante co procedemento xudicial polo sacrificio de Gosu. Agardamos de corazón que a xustiza nos dea a razón, porque o noso obxectivo non é só conseguir responsabilidades polo que lle aconteceu a Gosu, senón tamén que as persoas responsábeis da súa morte e da xestión que levamos tanto tempo denunciando deixen de estar á fronte do refuxio.
Non queremos que ningún outro animal teña que pasar polo que pasou Gosu.
Queda moito por facer, moito por denunciar e moitas cousas que cambiar en Bando. Pero hoxe temos unha boa noticia que celebrar.
Grazas, Loreto, por non renderte. Grazas a 3PA por loitar por eles. Kaiser e Krenchie merecían esta oportunidade. ❤️🐾
Agora a atoparlles o mellor fogar