06/10/2026
Bonita xornada de caza e convivencia a vivida este pasado domingo en Friol, no Tecor Cova da Serpe II. Unha xornada de caza de corzo na modalidade de batida na que non faltaron risas, anécdotas e bos momentos.🦌🌿
Dar grazas a todos os asistentes por facer posible esta xornada, pola compañía vivida entre cazadores unidos por unha mesma paixón que, pese a non coñecerse fixeron deste día unha gran xornada colectiva.
Grazas ao Tecor Cova da Serpe II polas facilidades e a disposición na organización aportada dende o primeiro día.⛰️
Agradecer aos colaboradores que fixeron posibles os sorteos entre os participantes como a Taller Armería Bergantiños Arion Pet Food España así como á Federación Galega de Caza pola colaboración na organización da batida.
Dar grazas tamén aos perreros que, cos seus cans, deron monte dende as primeira ata a última hora da batida de forma incansable facendo posible en gran medida esta xornada de caza.🐕
Grazas a todos pola colaboración e por asistir a unha xornada xa inesquecible para nós! Vémonos na próxima!