verdegaia

verdegaia 693910691 (horario de atención telefónica de luns a venres en horario de tarde)

Asociación ecoloxista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente para a defensa do ambiente e o avance na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz.

12 meses 12 saberes: Identificación de árbores e arbustos, Meis, sábado 29 de agostoO vindeiro 29 de agosto achegarémono...
26/08/2026

12 meses 12 saberes: Identificación de árbores e arbustos, Meis, sábado 29 de agosto
O vindeiro 29 de agosto achegarémonos ata o concello de Meis para aprender a identificar árbores e arbustos. Faremos unha parte do percorrido do sendeiro coñecido como “A ruta da Pedra e da Auga”, aproveitando o bosque de ribeira que rodea o río Armenteira. Será un percorrido de dificultade baixa que transcorre practicamente enteiro baixo a sombra das árbores.
https://www.verdegaia.org/wp/2-meses-12-saberes-identificacion-de-arbores-e-arbustos-meis-sabado-29-de-agosto/

Estrea do Filme De Monte a Monte: territorios resilientes, de Rafa Xaneiro o 29 de agosto en FroxánNarra o percurso das ...
26/08/2026

Estrea do Filme De Monte a Monte: territorios resilientes, de Rafa Xaneiro o 29 de agosto en Froxán
Narra o percurso das na Galiza e Portugal.
O Filme recolle as actividades realizadas no proxecto Erasmus+ desenvolvido por Verdegaia, a Fundação Montescola e Veredas da Estrela entre 2024 e 2026 que trata de realizar actividades teórico-prácticas ao redor da procura de territorios máis resilientes ante o lume, as especies exóticas invasoras e o despoboamento rural.
https://www.verdegaia.org/wp/estre-do-filme-de-monte-a-monte-territorios-resilientes-de-rafa-xaneiro-o-29-de-agosto-en-froxan/

29 de agosto: Deseucaliptizamos Froxán (Lousame)Voluntariado ambiental: contra o lume actúa!As   non paran en Froxán coa...
22/08/2026

29 de agosto: Deseucaliptizamos Froxán (Lousame)
Voluntariado ambiental: contra o lume actúa!
As non paran en Froxán coa Fundação Montescola este verán!
Nesta nova roga eliminaremos rebentos de eucaliptos e consolidaremos o rexenerado de árbores nativas nunha zona na que xa acabamos de tumbar a pasada primavera.
https://www.verdegaia.org/wp/29-de-agosto-deseucaliptizamos-froxan-lousame/

21/08/2026

En agosto de 1976 publicouse a autorización para a construción en Regodola (Xove) dunha central nuclear que nunca se completou. O rexeitamento da cidadanía, que incluíu dúas masivas marchas dende Viveiro, foi quen de paralizar un proxecto que finalmente foi desbotado en 1984 na moratoria nuclea...

Rematan os Encontrinhos Cicloturistas 2026Case 300 km, máis de 120 cicloturistas, varios portos, moitos camiños… e mesmo...
20/08/2026

Rematan os Encontrinhos Cicloturistas 2026
Case 300 km, máis de 120 cicloturistas, varios portos, moitos camiños… e mesmo unha eclipse.
Un ano máis, as cicloturistas percorreron a nosa costa sen contaminar, demostrando que hai outras formas de viaxar, con menos impacto e de maneira máis sustentable. Dende A Coruña ata Ortigueira, seguindo a beira do mar sempre que foi posible e evitando as estradas con máis tráfico.

Gozamos do percorrido e tamén coñecemos de perto algúns dos impactos que estamos a sufrir na nosa terra: o gas fósil, a presión e o abandono dos espazos naturais, o monocultivo de eucalipto…
Grazas a todas as persoas que fixestes posible esta edición!!
https://www.verdegaia.org/wp/rematan-os-encontrinhos-2026/

IV Encontro  Encontro Burla Verde pola defensa da terra, Santiago de Arcos (Mazaricos), 5 e 6 de setembro  Por cuarto an...
19/08/2026

IV Encontro Encontro Burla Verde pola defensa da terra, Santiago de Arcos (Mazaricos), 5 e 6 de setembro

Por cuarto ano consecutivo, o Burla Verde volverá ser un espazo para encontrarnos, compartir experiencias, aprender, celebrar e seguir tecendo redes entre persoas e colectivos que saben que a defensa da terra é tamén a defensa da vida.

Fronte ás minas, ás macroplantas de biogás, á eólica mariña, aos encoros e ás centrais reversibles que ameazan a terra e a auga, volvemos xuntarnos para lembrar que o territorio non é unha mercancía.

https://www.verdegaia.org/wp/iv-encontro-burla-verde-santiago-de-arcos-mazaricos-5-e-6-de-setembro/

Os Encontrinhos Cicloturistas veñen de facer un acto reivindicativo ao seu paso pola Lagoa de Doniños. A lagoa de Doniño...
16/08/2026

Os Encontrinhos Cicloturistas veñen de facer un acto reivindicativo ao seu paso pola Lagoa de Doniños. A lagoa de Doniños e sistema Dunar de Valdoviño están incluidos na ZEC Costa de Ferrolterra - Valdoviño dende o ano 2003. Asemade é zona ZEPA.
A pesar destas figuras de conservación, a lagoa e o sistema dunar sofren diversos problemas de conservación:
- Proliferación de construcións ilegais na contorna da lagoa.
- Presenza continúa de cans soltos no sistema Dunar.
- Vehículos que causan molestias por ruído como motos de cross e quads
- Masificación turística.

Verdegaia presentou denuncia ante a Axencia para a Protección da Legalidade Urbanística no ano 2022, dando conta das tropelías que se estaban a producir na lagoa. Dita denuncia, de máis de 500 páxinas, redactada por dous coñecidos e reputados ecoloxistas de Ferrol, foi rexeitada pola APLU por, segundo eles, non haber indicios de delicto.

Podemos dicir que o principal problema deste espazo protexido é o abandono que sofre por parte das administracións local, autonómica e estatal, que son as que deberían facer efectivas as medidas e plans de protección.

Verdegaia-Ferrol.

13/08/2026

Grazas ao equipo de Teaming por darnos a posibilidade de difundir o traballo das eliminando especies exóticas invasoras e reforestando con frondosas autóntonas.
Podes colaborar con 1€/mes na plataforma Teaming en https://www.teaming.net/brigadasdeseucaliptizadoras

13/08/2026

🌳 ”Dejemos de llorar y volvamos al monte”

Tras los incendios que arrasaron Galicia en 2017, 🔥un grupo de personas decidió volver a los montes y 𝘁𝗿𝗮𝗻𝘀𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗿 𝗲𝗹 𝗱𝗼𝗹𝗼𝗿 𝗲𝗻 𝗮𝗰𝗰𝗶ó𝗻. 💪🏽 Desde entonces, voluntarios y comunidades trabajan juntos para recuperar el bosque, talar eucaliptos, crear corredores de biodiversidad y plantar vida nueva.

😍 Desde 2018, más de 1.500 voluntarios y voluntarias se organizan para 𝗲𝗹𝗶𝗺𝗶𝗻𝗮𝗿 𝗲𝘀𝗽𝗲𝗰𝗶𝗲𝘀 𝗶𝗻𝘃𝗮𝘀𝗼𝗿𝗮𝘀 como el eucalipto y las acacias para 𝗱𝗮𝗿 𝗲𝘀𝗽𝗮𝗰𝗶𝗼 𝗮 𝗹𝗮 𝗯𝗶𝗼𝗱𝗶𝘃𝗲𝗿𝘀𝗶𝗱𝗮𝗱 𝗮𝘂𝘁ó𝗰𝘁𝗼𝗻𝗮, como castaños o robles.

Ya han talado eucaliptos en 𝗰𝗶𝗲𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗵𝗲𝗰𝘁á𝗿𝗲𝗮𝘀 replantado y facilitando el regenerado de árboles autóctonos 𝗺á𝘀 𝗿𝗲𝘀𝗶𝘀𝘁𝗲𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗮𝗹 𝗳𝘂𝗲𝗴𝗼. Cada árbol plantado 🌳 es la esperanza de que los incendios tan dramáticos no vuelvan a suceder. Porque no podemos cambiar el pasado, pero sí el futuro.

📌 Cada á𝗿𝗯𝗼𝗹 autóctono cuesta entre 1,5 y 3€. Además, necesitan las 𝗵𝗲𝗿𝗿𝗮𝗺𝗶𝗲𝗻𝘁𝗮𝘀 para el trabajo en el monte: desbrozadoras, sierras eléctricas, hoces, hachas, tijeras, equipos de protección, azadas...

🤜🏽 ¡Únete con 1€ al mes al Grupo Teaming 💚de las Brigadas Deseucaliptizadoras para seguir 𝗿𝗲𝗰𝘂𝗽𝗲𝗿𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗹𝗼𝘀 𝗯𝗼𝘀𝗾𝘂𝗲𝘀 𝘆 𝗽𝗿𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗿 𝗹𝗼𝘀 𝗶𝗻𝗰𝗲𝗻𝗱𝗶𝗼𝘀!

▶️ https://bit.ly/f-brigadas

¿Qué es Teaming 💚?

Es la plataforma de donaciones de 1€ al mes, donde con el apoyo de muchas personas cambiamos vidas. Porque lo importante no es cuánto das, sino cuántos nos sumamos para hacerlo posible. Ayudar nunca fue tan fácil y seguro. 💫

Campamento de voluntariado no río Fonteliño (O Porriño)Ao longo de dúas semanas mozos e mozas procedentes de varias zona...
12/08/2026

Campamento de voluntariado no río Fonteliño (O Porriño)
Ao longo de dúas semanas mozos e mozas procedentes de varias zonas da Península colaborarán co proxecto de restauración ambiental de Verdegaia
Por terceiro ano consecutivo colaboramos co Campamento Sendeiros do Louro, organizando actividades de Educación ambiental en conxunto coa cooperativa Avada
https://www.verdegaia.org/wp/campamento-de-voluntariado-no-rio-fontelino-o-porrino/

Dirección

Santiago De Compostela
15705

Horario de Apertura

Lunes 17:00 - 20:00
Martes 17:00 - 20:00
Miércoles 17:00 - 20:00
Jueves 17:00 - 20:00
Viernes 17:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando verdegaia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a verdegaia:

Atajos

Compartir