04/11/2025
Chega o I Campionato Mundial do Ghaiteiro Petroleiro!
Na mañá do vindeiro sábado 22 de novembro, a Casa das Máquinas de Compostela acollerá este torneo que comezará ás 11:00 h.
A inscrición é de balde ata completar cabida (máximo de 24 participantes) e haberá premios para as tres primeiras clasificadas
Acompañando o campionato, poderás visitar unha exposición especial sobre o xogo do Ghaiteiro e o seu universo, aberta tamén o xoves 20 e o venres 21, de 18:00 a 21:00 h, cando se celebrarán sesións de introdución ao xogo.
E ademais, o sábado e acompañando o Campionato haberá actividades paralelas dende as 11:00 h:
Obradoiro de collage para todas as idades co ilustrador Diego Estebo
Elaboración dun mural colectivo a cargo de Lúa Gándara
Tres días para g***r do xogo, da arte e da creatividade!
O Ghaiteiro Petroleiro é un xogo de cartas feito con hilillos de plastilina da A.C. Unha Gran Burla Negra de carácter paródico e popular que combina humor, crítica social e referencias culturais propias do país. A través dunha baralla ilustrada elaborada por moitos ilustradores e ilustradoras galegas, recrea situacións e personaxes inspirados no imaxinario galego contemporáneo, propoñendo partidas nas que a estratexia se mestura co azar e coa retranca. O seu funcionamento baséase en roldas nas que os xogadores deben empregar cartas con diferentes valores e efectos para superar retos ata acadar a victoria.
Co apoio do Concello de Santiago e a Deputación da Coruña