09/09/2026
Este venres vémonos en Pont-Up Store 🙌
Un ano máis, desde a Fundación Roberto Rivas estaremos na Pont-Up Store, un dos puntos de encontro do ecosistema emprendedor galego, que os días 11 e 12 de setembro reúne en Pontevedra proxectos, entidades e persoas con ganas de compartir, aprender e crear novas conexións.
E precisamente diso vai tamén a nosa visita💡
O venres estaremos alí e aproveitaremos a xornada para facer unha nova quedada da comunidade : percorreremos Pont-Up, coñeceremos outros proxectos emprendedores de preto e escoitaremos ás persoas que están detrás deles para que nos conten que fan, como está sendo a súa experiencia e que aprenderon polo camiño.
Pero, sobre todo, queremos que sexa unha oportunidade para coñecernos, compartir experiencias e facer rede. Porque moitas veces dunha conversa, dun contacto ou de descubrir o que está facendo outra persoa poden xurdir novas ideas e colaboracións. 🤝
📍 Pont-Up Store · Pontevedra
📅 Venres, 11 de setembro
Se formas parte de DO Territorio, vémonos alí. E se tes un proxecto en Pont-Up, queremos coñecerte.
Ah! E se non formas parte, únete ao canle de WhatsApp onde compartimos todas as quedadas e información de interese para as persoas emprendedoras 🩷