NOVA ESCOLA GALEGA

Llamar Página web

NOVA ESCOLA GALEGA Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de NOVA ESCOLA GALEGA, Organización sin ánimo de lucro, Rúa de Luis Freire, 5 baixo, Santiago de Compostela.

Co nome de NOVA ESCOLA GALEGA nacía, o 11 de Xuño de 1983, en Santiago de Compostela, un movemento asociativo de base, coa finalidade de construír un sistema educativo GALEGO, PÚBLICO e DEMOCRÁTICO.

    Achégate e participa, temos que botar a lingua por fóra para fiar propostas de futuro. Vémonos este xoves, 15, ás 17...
13/10/2026



Achégate e participa, temos que botar a lingua por fóra para fiar propostas de futuro.
Vémonos este xoves, 15, ás 17,30 hs.

   Deixounos Xosé Manuel Beiras. Un home lúcido, comprometido con este país e con todas as causas xustas. Compartiu con ...
08/10/2026




Deixounos Xosé Manuel Beiras. Un home lúcido, comprometido con este país e con todas as causas xustas.
Compartiu con nós ás súas análises sobre moitos dos problemas que nos preocupan, con xenerosidade e compromiso, dando sempre azos á esperanza.
Deixamos aqui, con esta lembranza, o noso pesar que sabemos compartido por milleiros de persoas, e desde logo o noso agradecemento e admiración por quen pensou unha Galicia sen límites.

Non deixedes de visitar a nosa web para descargar o novo NEG Opina: Diante da proposta de actualización do Plan Xeral de...
05/10/2026

Non deixedes de visitar a nosa web para descargar o novo NEG Opina: Diante da proposta de actualización do Plan Xeral de Normalización da Lingua. Agardamos que estas reflexións poidan contribuír ao debate social e educativo.

Co gallo de contribuír ao debate social e educativo o Grupo de traballo de Normalización lingüística de Nova Escola Galega vén de publicar un novo NEG Opina.

  Onte participamos neste encontro de axentes clave na promoción da lingua galega, dentro do contexto de MULTILX Stakeho...
04/10/2026



Onte participamos neste encontro de axentes clave na promoción da lingua galega, dentro do contexto de MULTILX Stakeholder Gathering, proxecto de investigación onde participan 10 universidades europeas, e estudan o caso entre outras, de linguas ameazadas, rexionais minorizadas etc.,
No programa da xornada mostrouse o exemplo da experiencia da regueifa, como caso de estudo en relación ao galego por terse valorado moi positiva como proposta colectiva. salientándose varias cuestións como resultado da traxectoria do traballo das regueifas ao longo destes anos:
- a efectividade exitosa que se da nas situacións de transmisión entre pares
- a vivencia de espazos seguros para a lingua que repecuten tanto no escolar, extraescolar e de lecer
- o coidado pola cultura popular como parte do noso patrimonio
- a forza identitaria que lle da ao grupo organizarse para as regueifas tour e como crea base social crítica
Unha das novas máis esperanzadoras é o efectivo relevo xeracional.(xa está a xeración de adolescentes regueifeiras comezando a traballar coas crianzas de primaria),
As reflexións colectivas destacaron tamén algunhas preocupacións comúns:o fracaso estructural da administración coa lingua e o feito de que non se percibe que o espazo de sociabilidade en galego sexa seguro.
Agradecemos as Escolas Semente e ao conxunto de entidades organizadoras o convite a participar neste produtivo encontro.

Traémosvos unha nova e interesante proposta para o vindeiro 15 de outubro. Un faladoiro - debate no que analizaremos os ...
02/10/2026

Traémosvos unha nova e interesante proposta para o vindeiro 15 de outubro. Un faladoiro - debate no que analizaremos os diferentes modelos xurdidos para paliar a situación de emerxencia á que se enfronta a nosa lingua e achegaremos propostas de futuro. Contaremos para elo con Celia Armas, profesora, representante da plafatorma Queremos Galego!, coordinadora do ámbito do ensino no Protocolo Lingua Vital; Nel Vidal, profesor, representante do Consello Da Cultura Galega, coordinador do ámbito educativo do informe Un país coa súa lingua e
Valentina Formoso, profesora, integrante do grupo de traballo de NL de Nova Escola Galega. A moderación correrá da man de Santiago Quiroga, orientador, coordinador nacional das Escolas de Ensino Galego Semente. Non faltes, a entrada é libre ata completar a capacidade do noso local.

 Onte tivemos unha magnífica oportunidade para analizar avances e tamén elementos a resolver desde o reto que significa ...
30/09/2026


Onte tivemos unha magnífica oportunidade para analizar avances e tamén elementos a resolver desde o reto que significa a escola inclusiva, acolledora tamén da diversidade sexual. Da man de Sonia Fernández e Pepe Cabido afondamos na su experiencia nos Obradoiros de Igualdade do IES Antonio Fraguas. Testemuñas directas do que se avanzou e do que queda por avanzar foron Zaida Rodríguez e Isaac Expósito, moz@s que reclamaron do sistema educativo anticipación, formación para o profesorado e escoita activa diante do conflito. Foron máis de dúas horas de conversa e debate, moderado por Ignacio Valverde, que nos deixaron con moitas gañas de continuar.
Aproveitamos para felicitar a este instituto, premiado recientemente co Concepción Arenal 2026, que concede a Deputación da Coruña. O seu traballo continuado neste ámbito evidencia uns froitos dos que falan con orgullo estudantes. Parabéns e grazas!!

📣📣 Atención! Hai un pequeno cambio de hora para o faladoiro sobre Coeducación e diversidade sexual que desenvolveremos m...
28/09/2026

📣📣 Atención! Hai un pequeno cambio de hora para o faladoiro sobre Coeducación e diversidade sexual que desenvolveremos mañá martes na nosa sede en Conxo. A actividade dará comezo ás 18.50 e non ás 18.30 como estaba inicialmente previsto. Será da man de Sonia Fernández Casal e Xosé Cabido Pérez. Contaremos ademais co punto de vista de Isaac Expósito Domínguez e Zaida Rodríguez Pampín como representantes da mocidade. A entrada é libre ata completar a capacidade do local, e non precisa de inscrición previa. Agardámoste!

 !   O proxecto «Código violeta: unha experiencia intercurso para avaliar e (re)deseñar materiais didácticos con perspec...
26/09/2026

!

O proxecto «Código violeta: unha experiencia intercurso para avaliar e (re)deseñar materiais didácticos con perspectiva de xénero» recibiu hoxe o 2º premio na modalidade de docencia na XVII edición dos Premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación da USC.
O equipo responsable da iniciativa, formado maioritariamente por membros de CAVILA, grupo de traballo sobre materiais didácticos de Nova Escola Galega (NEG), desenvolveu esta experiencia a partir do traballo arredor da análise crítica dos materiais didácticos e da perspectiva de xénero.
Silvia López Gómez recolleu o premio en representación de todo o equipo e reivindicou no seu discurso a pegada de CAVILA e do Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos Jaume Martínez Bonafé no proxecto, así como unha maneira de entender e facer educación que forma parte da identidade de NEG: pública, democrática, feminista e galeguizadora.
💜 Parabéns a todo o equipo!

O vindeiro 29 de setembro a nosa sede acollerá un enriquecedor faladoiro sobre Coeducación e diversidade sexual. Será da...
18/09/2026

O vindeiro 29 de setembro a nosa sede acollerá un enriquecedor faladoiro sobre Coeducación e diversidade sexual. Será da man de Sonia Fernández Casal e Xosé Cabido Pérez. Contaremos ademais co valioso punto de vista de varias persoas mozas. Anímaste a acompañarnos? A entrada é libre ata completar a capacidade do local, e non precisa de inscrición previa.

https://neg.gal/actividades/faladoiro-coeducacion-e-diversidade-sexual/

  Guiados polo profesor Antón Costa Rico onte  tivemos ocasión de coñecer diversos espazos institucionais de Santiago de...
17/09/2026



Guiados polo profesor Antón Costa Rico onte tivemos ocasión de coñecer diversos espazos institucionais de Santiago de Compostela que acollen distintos aspectos da historia da educación de Galicia e mesmo algunhas importantes contribucións chegadas de América.
O Colexio de Fonseca, coa Biblioteca América e a Exposición sobre esta iniciativa centenaria foi o punto de partida. A seguir, o antigo hospital de San Roque foi tamén obxecto da nosa visita, na que contamos coa guía experta de Isabel Romaní, Bibliotecaria do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, quen explicou as características dos fondos bibliográficos e documentais que alí se custodian con vontade de que sexan coñecidos e estudados.
Rematamos este intenso percorrido no
Arquivo Histórico da USC, no que a súa Directora, Desirée Domínguez, amosou diversos tesouros que permiten coñecer en detalle experiencias educativas relevantes no ámbito educativo, planos escolares e mesmo expedientes moi significativos.
Logo de case catro horas de idescuberta rematamos con ganas de saber aínda máis. Queremos agradecer o interese e mesmo a paixón e complicidade coas que que tanto Isabel Romaní como Desirée Dominguez atenderon o noso grupo.
Grazas, coma sempre, ao noso compañeiro Antón Costa, experto creador de sinerxías grupais e institucionais.
Un pracer para NEG contar co interese e motivación das persoas que onte participastes neste roteiro. Repetiremos!

Dirección

Rúa De Luis Freire, 5 Baixo
Santiago De Compostela
15706

Teléfono

+34981562577

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando NOVA ESCOLA GALEGA publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir