Festas Barrio de San Pedro - Santiago de Compostela

Cómo llegar Página web

Festas Barrio de San Pedro - Santiago de Compostela Barrios para Bailar
Non para Especular 💗
A nosa Utopía 🍉

💜 Celebramos á nosa veciña e amiga Begonha Caamanho desde o barrio 💜Que siga medrando a semente de xustiza social, soror...
03/11/2026

💜 Celebramos á nosa veciña e amiga Begonha Caamanho desde o barrio 💜

Que siga medrando a semente de xustiza social, sororidade e traballo comunitario que nos deixou. Que saibamos coidala, mantela viva e agrandala xuntas, tecendo redes e facendo comunidade.

O barrio vístese de alegría!

Grazas Museo do Pobo Galego por acollernos!

🎨 Ana Ferot
📸 Sonia Díaz

🏠💜 SEN VIVENDA NON HAI VIDA. SEN VECIÑANZA, TAMPOUCO COMERCIO!O comercio de barrio precisa veciñanza, e a veciñanza prec...
02/11/2026

🏠💜 SEN VIVENDA NON HAI VIDA. SEN VECIÑANZA, TAMPOUCO COMERCIO!

O comercio de barrio precisa veciñanza, e a veciñanza precisa vivenda. Porque cando os prezos expulsan as persoas das súas casas, tamén se baleiran as rúas, pechan as tendas e pérdese a vida que fai dos barrios lugares únicos.

📢 Este 11 de novembro, Folga Xeral! Porque defender o dereito a vivir nos nosos barrios tamén é defender o pequeno comercio, a hostalaría e a economía local.

Fronte á especulación, máis comunidade. Fronte á expulsión, máis redes. Fronte a un modelo de cidade que converte todo en negocio, barrios para vivir!

✊ Comercio, hostalaría e veciñanza: sumemos forzas!

💜 A vivenda é un dereito, non un negocio. Sen vivenda non hai vida!

🏘️💥 MÁIS DE 1.000 MOTIVOS PARA IR Á FOLGA!E ningún é quedar na casa mentres nos botan dela! 🏠💨Non queremos barrios de po...
30/10/2026

🏘️💥 MÁIS DE 1.000 MOTIVOS PARA IR Á FOLGA!

E ningún é quedar na casa mentres nos botan dela! 🏠💨

Non queremos barrios de postal, queremos barrios con veciñes, con vida, con tendas, con bares, con redes de afectos e coidados. Queremos poder quedar, medrar, envellecer e seguir facendo barrio sen que nos boten por non poder pagar.

Así que toca organizarse, xuntarse e darlle un pouco de guerra á especulación! 💜✊

📣 O Comité de Folga do Barrio de San Pedro volve reunirse!

📅 Mércores, 4 de novembro
🕣 Ás 20:30 h
📍 Local da AV A Xuntanza

Veciñanza, colectivos, comercio, hostalaría e toda a xente que non queira acabar vivindo fóra do seu propio barrio: este tamén é o voso sitio!

Traede ganas. Que de motivos imos sobrades! 🔥

🏘️ BARRIOS PARA VIVIR, NON PARA ESPECULAR!
📢 O 11N, os barrios en folga!

🗓️ Venres, ás 11:00 h, presentamos perante os medios e a veciñanza o Comité de Folga Territorial.🤝 Un espazo formado por...
29/10/2026

🗓️ Venres, ás 11:00 h, presentamos perante os medios e a veciñanza o Comité de Folga Territorial.

🤝 Un espazo formado por veciñes, sindicatos e colectivas da comarca, que estamos tecendo redes e sumando forzas de cara á Folga Xeral do 11N.

🏘️ Porque defender a vivenda é defender os nosos barrios, os comercios de proximidade, os espazos compartidos e as redes de coidados. É defender o dereito a quedar, a vivir e a construír comunidade.

💜 Fronte á especulación, máis comunidade. Fronte á expulsión, máis redes. Fronte ao negocio, a vida!

📣 BARRIOS PARA VIVIR, NON PARA ESPECULAR!

11N 🏘️ BARRIOS PARA VIVIR, NON PARA ESPECULAR! 💥📣 Comité de Folga do Barrio de San Pedro, Almáciga e Basquiños para prep...
26/10/2026

11N 🏘️ BARRIOS PARA VIVIR, NON PARA ESPECULAR! 💥

📣 Comité de Folga do Barrio de San Pedro, Almáciga e Basquiños para preparar a Folga Xeral do 11N.

Porque queremos barrios vivos, vivendas accesibles e comunidades que se coiden. Porque vivir aquí non pode ser un luxo nen os nosos fogares un negocio.

🗓️ Mércores 28 de outubro
🕣 Ás 20:30 h
📍 Asociación Veciñal A Xuntanza

Veciñanza, colectivas, redes de afectos e todas as persoas que queirades participar 💚

Poliamor de Barrios ❤️

💥 O 11N, BARRIOS PARA VIVIR E NON PARA ESPECULAR! 💥En San Pedro, Concheiros, Rúa de Abaixo, Basquiños e a Almáciga estam...
23/10/2026

💥 O 11N, BARRIOS PARA VIVIR E NON PARA ESPECULAR! 💥

En San Pedro, Concheiros, Rúa de Abaixo, Basquiños e a Almáciga estamos fartas. Os nosos barrios non se venden: queremos vida e vivenda dignas, non especulación, turistificación e xentrificación!

Por todo iso xa estamos no Comité de Folga Territorial na Comarca de Compostela, unindo a forza dos barrios e o tecido veciñal para coordinarnos e ir todes a unha cara ao 11N. Isto só é o comezo. ✊🔥

📲 Queres organizarte e estar activa nos nosos barrios de cara a folga? Mándanos un privado ou fala connosco para sumarte ao comité territorial

🏘️ ESTE SÁBADO, O BARRIO DE SAN PEDRO SAE Á RÚA🏘️Levamos anos vendo como nos expulsan dos nosos barrios, como converten ...
02/10/2026

🏘️ ESTE SÁBADO, O BARRIO DE SAN PEDRO SAE Á RÚA🏘️

Levamos anos vendo como nos expulsan dos nosos barrios, como converten as nosas casas en negocio e como fan da cidade un parque temático para quen pode pagar.

𝗡𝗢𝗡 𝗡𝗢𝗦 𝗗𝗔 𝗔 𝗚𝗔𝗡𝗔!!!

Este sábado saímos xuntes, con purpurina, rabia e moito poliamor de barrio, para defender os nosos fogares, as nosas redes e as vidas que aquí construímos.

📍 11:45 h | Praza 8M
🚶‍♀️ Imos xuntes ata o Obradoiro
📢 12:00 h | Concentración pola Vivenda

𝔽𝕠𝕣𝕒 𝕣𝕖𝕟𝕥𝕚𝕤𝕥𝕒𝕤 𝕖 𝕗𝕠𝕟𝕕𝕠𝕤 𝕓𝕠𝕚𝕥𝕣𝕖.
𝔹𝕒𝕣𝕣𝕚𝕠𝕤 𝕡𝕒𝕣𝕒 𝕍𝕚𝕧𝕚𝕣, 𝕟𝕠𝕟 𝕡𝕒𝕣𝕒 𝔼𝕤𝕡𝕖𝕔𝕦𝕝𝕒𝕣.

🏠💜 SUMÁMONOS Á CONVOCATORIA DO SINDICATO DA VIVENDA DE COMPOSTELA!Hoxe ás 19h, na Praza do Obradoiro.🏳️ Estaremos coas n...
29/09/2026

🏠💜 SUMÁMONOS Á CONVOCATORIA DO SINDICATO DA VIVENDA DE COMPOSTELA!

Hoxe ás 19h, na Praza do Obradoiro.

🏳️ Estaremos coas nosas bandeiras para que, entre todes, enchamos as xanelas dos barrios e fagamos que luza toda Compostela!

🏠Ah e tamén algún chaveiro casa… feito polas amigas de Despunte Makers.

💜 Barrio de San Pedro, hoxe e sempre, saímos ás rúas!Desde a Praza 8M, ás 19:45h, xuntámonos para apoiar a mobilización ...
28/09/2026

💜 Barrio de San Pedro, hoxe e sempre, saímos ás rúas!

Desde a Praza 8M, ás 19:45h, xuntámonos para apoiar a mobilización por Maricarmen e por todas as persoas que están a loitar polo dereito a unha vivenda e a permanecer nos seus barrios.

📍 Alameda de Compostela
🕢 19:45h — desde a Praza 8M

Porque o dereito a vivir non se negocia.
Porque os barrios son para a veciñanza!

🏠 BARRIOS PARA VIVIR, NON PARA ESPECULAR. 💜

Imoooos!

Maricarmen, nin unha máis!Hoxe as imaxes do crime levado a cabo contra Maricarmen inundaron as nosas vidas.🏘️ Os Barrios...
23/09/2026

Maricarmen, nin unha máis!

Hoxe as imaxes do crime levado a cabo contra Maricarmen inundaron as nosas vidas.

🏘️ Os Barrios non poden ser o nicho de fondos voitre que nos expulsan das nosas casas axudados polo terrorismo policial do estado.

📸 A montaxe demostra que a loita pola vivienda leva décadas activa e non decaerá. Dende o branco e negro ata o infinito: 𝗢𝗦 𝗕𝗔𝗥𝗥𝗜𝗢𝗦 𝗦𝗢𝗡 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗩𝗜𝗩𝗜𝗥 𝗡𝗢𝗡 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗘𝗦𝗣𝗘𝗖𝗨𝗟𝗔𝗥!

🫂Estamos contigo Maricarmen e tamén estamos con todas as compas do Sindicato de inquilinas e inquilinos de Madrid
Grazas por non amedrentarvos e por pelexar contra esta inmundicia institucional que temos.

Dende o Barrio de San Pedro seguiremos sempre loitando por isto!

Dirección

Barrio De San Pedro
Santiago De Compostela
15703

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Festas Barrio de San Pedro - Santiago de Compostela publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos