AGA Activistas Galegas Antiespecistas

Cómo llegar Contactar con la organización

AGA Activistas Galegas Antiespecistas Colectivo interseccional focado no antiespecismo

Este domingo 6 de setembro por eles
04/09/2026

Este domingo 6 de setembro por eles

A paciencia esgótase ante a submisión intelectual dunha sociedade que se autodenomina “progresista” e “civilizada”, pero...
11/08/2026

A paciencia esgótase ante a submisión intelectual dunha sociedade que se autodenomina “progresista” e “civilizada”, pero que segue a afundirse na máis absoluta miseria moral e lóxica cando se trata de mirar aos ollos dos animais non humanos. O especismo non só está lonxe de desaparecer; está a medrar sen freo, mutando nunha actitude aínda máis perversa: a de quen discrimina, explota e masacra sen o máis mínimo remorso e, o que é peor, sen ningunha vergonza á hora de xustificalo públicamente.
Asistimos horrorizados a un espectáculo diario de impunidade dialéctica. Xa non importa a corrente ideolóxica, o partido político ou o carné de identidade que se sinale. A dereita rancia reacciona berrando “tradición” ou “economía” para soster industrias de tortura; e a esquerda máis teórica, tan protectora sobre o papel de calquera minoría ou vulnerabilidade, desvíase con piruetas argumentais insultantes cando o prato sobre a mesa esixe coherencia ética. Todos, absolutamente todos, únense nun bloque común cando se trata de defender os seus privilexios baseados no nacemento biolóxico doutra especie.
A indignación é máxima cando se escoitan argumentos tan falaces que desafían a intelixencia humana máis básica:
“Sempre se fixo así”: Unha apelación á tradición que sostería a escravitude humana se aplicaramos a mesma nula profundidade intelectual.
“As plantas tamén senten”: Unha mentira biolóxica botada con prepotencia para poñer ao mesmo nivel un sistema nervioso central cunha reacción celular, demostrando que prefiren destruír a ciencia antes que asumir a súa culpa.
“A economía rural depende disto”: O mesmo argumento que defendía o traballo infantil nas minas ou o colonialismo no século XIX.
Dá noxo ver a soberbia coa que se airean estas falacias nos medios de comunicación, nas redes sociais e nas ceas de Nadal. Ninguén ten vergonza de quedar en evidencia intelectual. Ninguén ten a decencia de dicir: “Sei que fago dano, pero son egoísta”. Non. Necesitan construír un pedestal de superioridade artificial, racionalizando o irracional para poder durmir pola noite mentres financian o inferno.

08/08/2026

Manifestación Touradas Fora de Pontevedra

De pedra e frías coma o bronce, ao igual que as estatuas de Padrón, é como nos quedamos ao coñecer que o  co alcalde  NO...
29/06/2026

De pedra e frías coma o bronce, ao igual que as estatuas de Padrón, é como nos quedamos ao coñecer que o co alcalde NON votou a favor de eliminar o Derbi Asnal, porque 255 persoas ( o 62,6 % das 408 persoas entrevistadas ) respostaron que non consideran as carreiras de burros como Unha forma de maltrato animal.E ti que pensás?

27/06/2026

ESPERPENTO PLENO PADRON II
O xoves 25/06/26 estivemos no Pleno do para apoiar a Moción que solicitaba eliminar o Derbi Asnal das festas de Padrón presentada polo . Lamentablemente non saiu adiante polos 6 votos en contra do PP, 6 votos de abstención do PSOE e 1 voto a favor do BNG. O pior de todo foi a intervención do alcalde que avalou o seu inmovilismo ante o maltrato animal no seu Concello nunha enquisa da cal nin coñecemos as fontes, nin os custes, nin os datos analizados...

26/06/2026

Este xoves 25/06/26, estivemos no Pleno do Concello para apoiar a Moción para a Eliminación do Derbi Asnal que presentaba o BNG.
O nivel de esperpento e falta de empatía que vivimos co argumentario do Alcalde de Padrón foi abrumador.
Unha persoa que se autodesigna implicado no bienestar animal ao mesmo tempo argumentaba, sen pestanear, que os seus veciños non perciben maltrato nas carreiras de burros e que haberá que esperar uns 15 anos para que se decaten que ese "festexos" anacrónico deixar de ter sentido.
E nos, aínda estupefactas, nos preguntamos se non se supon que os representantes políticos, elexidos en urnas pola cidadanía, teñen a responsabilidade e a obriga moral de traballar na concienciación e educación dos seus veciños e de millorar a sociedade? Agora resulta que ata que a cidadanía deixe de asistir a un evento de maltrato non se vai cancelar.
Esperemos que ese alcalde non teña a mesma vara de medir ante casos de acoso sexual, de discriminación por raza, de maltrato de xénero, de danos ao patrimonio,dos efectos do cambio climático ... e non deixe pasar atrocidades mirando a outro lado, léase abstendose, coa penosa xustificación de que como a cidadanía NON percibe maltrato, ao goberno local non lle corresponde implicarse nin involucrarse en acometer cambios.
Do ninguneo as activistas xa outro día ..
Vergonza dos representantes políticos que gobernan sen escoitar ...

Este 25 de xuño de 2026. Representantes de AGA (activistas Galegas Antiespecistas), Irmandade Antiespecista, Asociación ...
25/06/2026

Este 25 de xuño de 2026. Representantes de AGA (activistas Galegas Antiespecistas), Irmandade Antiespecista, Asociación Abeiro, Loita Raposa e Santuario Vacaloura, asistirán hoxe ao Pleno do Concello de Padrón, que se celebrará ás 20:00 horas, para solicitar aos grupos políticos municipais que apoien a moción presentada polo BNG para a eliminación e prohibición das carreiras de asnos no municipio.

A iniciativa busca poñer fin a unha práctica que consideramos incompatible cos principios actuais de benestar animal e co respecto que merecen os animais. As carreiras de asnos supoñen a utilización destes animais como elemento de espectáculo, someténdoos a situacións de estrés e a condicións que non responden ás súas necesidades nin ao seu benestar.

Desde estas asociacións facemos un chamamento á responsabilidade do conxunto da corporación municipal para que dea un paso adiante na protección dos animais e apoie esta moción, situando a Padrón entre os concellos comprometidos con modelos festivos respectuosos e libres de prácticas que impliquen sufrimento ou explotación animal.

A nosa presenza no pleno pretende trasladar directamente aos representantes públicos a importancia desta cuestión e mostrar o apoio social existente á eliminación definitiva das carreiras de asnos.

Este xoves 25 de xuño ás 20:00 estaremos no Concello de Padrón para que se escoite que a cidadanía NON quere maltrato an...
23/06/2026

Este xoves 25 de xuño ás 20:00 estaremos no Concello de Padrón para que se escoite que a cidadanía NON quere maltrato animal nas festas de Padrón.
O presenta unha moción para eliminar as carreiras de asnos das festas.
Se ti tamén queres acabar coas "tradicións" que implican sufrimiento animal, achegate o xoves co teu cartel e a túa voz para pedir aos concelleiros que nos escoiten e retiren o Derbi Asnal.

Este xoves 25 ás 20h vémonos en Padrón. Achegate e axudanos a facer presión para que o concello remate co derbi asnal an...
23/06/2026

Este xoves 25 ás 20h vémonos en Padrón.
Achegate e axudanos a facer presión para que o concello remate co derbi asnal anual que tanto sufrimento causa.

Dirección

Santiago De Compostela

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando AGA Activistas Galegas Antiespecistas publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a AGA Activistas Galegas Antiespecistas:

Atajos

Compartir