12/09/2025
📌Nova edición das Xornadas sobre impartidas polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) nas que se informa ás familias dos riscos dun mal uso da
👉As actividades realizaranse entre o 19 de setembro e o 24 e outubro en aulas da Rede de 4 concellos de Galicia e no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura de Galicia
👉Está liderada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, dentro do convenio firmado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
✔Nos encontros tamén se achegan ás familias ferramentas e dinámicas para un mellor entendemento e achegamento ao uso das TIC por parte da rapazada.
O ciclo leva por título “Tecnoloxía, infancia e mocidade: ferramentas para familias” e celebraranse durante os meses de setembro e outubro, con charlas formativas presenciais de 2 horas de duración en aulas CeMIT de catro concellos galegos. O primeiro encontro terá lugar o vindeiro venres 19 de setembro na aula CeMIT de Moaña e continuará en Riotorto, Celanova e San Sadurniño. Adicionalmente, o día 10 de outubro, tamén se celebrará unha xornada no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura.
✔Dende o Cpetig se incide na necesidade de abordar este tema dende varias perspectivas como son a información, a responsabilidade e exemplo, a prevención e control e a creatividade.
Nas diferentes sesión, se explica aos participantes que é fundamental o establecemento de horarios no uso da tecnoloxía, así como marcar límites e tempos para a desconexión dixital. Tamén se incide na necesidade de establecer vías de comunicación entre as familias e a rapazada e, sobre todo, se insiste na necesidade de estar presentes.
A exposición das ferramentas e aplicacións para un bo uso das TIC cun enfoque creativo e para o control parental, tamén se tratan nestas sesións que pretenden crear pontes entre xeracións.
As sesións de control parental continúan este mes de setembro e rematan o 24 de outubro. O día 10 de outubro terá lugar a sesión adicional no Gaiás Tech.
Contidos das xornadas
Para fomentar unha boa educación dixital entre a cidadanía, durante as xornadas formativas abordarase esta temática dende varias perspectivas: riscos dun mal uso da tecnoloxía, bases dunha boa educación dixital (establecemento de horarios, límites, tempos para a desconexión dixital e comunicación e presenza), prevención e control a través do emprego de ferramentas e aplicacións para o control parental, máis aló de Family Link, e ofreceranse recomendacións e boas prácticas para unha boa educación dixital na casa.
Inscrición e calendario de actividades
O prazo de inscrición está aberto e pode realizarse a través de portal da rede CeMIT. As datas e aulas das xornadas son as seguintes:
Lugar Data e horario Inscrición
Aula CeMIT de
Moaña 19/09/2025
17:00 a 19:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/51390
Aula CeMIT de
Riotorto 03/10/2025
17:00 a 19:00 https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/51380
Centro Gaiás Tech – Cidade
da Cultura Santiago
de Compostela 10/10/2025
17:00 a 19:00 Control Parental - Tecnoloxía, infancia e mocidade: ferramentas para familias | Gaiástech
Aula CeMIT
de Celanova 17/10/2025
17:00 a 19:00 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/51645
Aula CeMIT de
San Sadurniño 24/10/2025
17:00 a 19:00