Fademur Galicia

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Fademur Galicia FADEMUR Galicia Rúa Doutor Maceira, 13 baixo 15706 Santiago de Compostela // email: [email protected]

Organización sen ánimo de lucro, que loita pola visibilización do papel das mulleres no medio rural apostando pola igualdade e o progreso das mesmas como ferramenta fundamental de integración e mellora da súa posición na sociedade.

No día de hoxe visitando a Cámara do Comercio de Santiago de Compostela co noso programa   👩🏻‍🌾 Aínda non te inscribiche...
30/10/2026

No día de hoxe visitando a Cámara do Comercio de Santiago de Compostela co noso programa 👩🏻‍🌾
Aínda non te inscribiches nos nosos cursos online?
💡Descubre máis: https://fademurgalicia.es/por-un-rural-vivo-e-xoven/

🤝 Seguimos creando alianzas e xerando oportunidades de colaboración.

No día de hoxe mantivemos unha reunión con Fademur Galicia (Federación de Asociacións de Mulleres Rurais), na que contamos coa participación da súa Secretaria Xeral, Rosa Arcos.

Durante a reunión compartimos iniciativas, intercambiamos ideas e exploramos novas vías de colaboración co obxectivo de crear sinerxías e impulsar proxectos conxuntos que contribúan ao desenvolvemento rural, á igualdade de oportunidades e ao fortalecemento do tecido empresarial e social.

O TRABALLO DE ANOS NON CAEU EN S**O ROTOHoxe congratulámonos de que o Observatorio de Violencia de Xénero do Consello Xe...
28/10/2026

O TRABALLO DE ANOS NON CAEU EN S**O ROTO

Hoxe congratulámonos de que o Observatorio de Violencia de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial propoña que o factor rural sexa un indicador de risco. Un paso importante e un avance para recoñecer unha realidade que desde FADEMUR Galicia levamos anos advertindo: o territorio inflúe e as mulleres do rural afrontan maiores dificultades e teñen maior desprotección fronte a violencia machista.

Levamos anos investigando, denunciando e reclamando medidas específicas que teñan en conta as particularidades do territorio. As nosas enquisas, estudos e campañas alertaban da percepción de desprotección da proximidade do agresor, da dependencia económica e das dificultades para denuniar que viven moitas mulleres no rural.

Recoñecer o problema é un paso. garantir a protección e os recursos necesarios para todas as mulleres, vivan onde vivan, é o obxectivo. Que hoxe se avance neste recoñecemento é unha boa noticia, pero tamén unha lembranza de todo o que queda por facer.

Desde FADEMUR Galicia seguiremos traballando para que o código postal non condicione a seguridade e protección das mulleres fronte a violencia de xénero.

💜 Pechamos o programa DICECO falando de conciliación e corresponsabilidade!Como peche final do programa DICECO, celebram...
23/10/2026

💜 Pechamos o programa DICECO falando de conciliación e corresponsabilidade!

Como peche final do programa DICECO, celebramos unha webinar aberta a todos os públicos sobre corresponsabilidade laboral, impartida por Javi Carballo, experto en igualdade laboral.

Inscríbete no seguinte enlace: https://forms.gle/gT81EuMXmrjQk7TT7

Un espazo de aprendizaxe e reflexión sobre a importancia de avanzar cara a unha conciliación real e efectiva, promovendo a igualdade de oportunidades e o reparto equilibrado das responsabilidades persoais, familiares e laborais.

💜 Porque conciliar é un dereito e a corresponsabilidade é o camiño cara a unha sociedade máis igualitaria!
Igualdade en Galicia

💜 Onte participamos co Concello de Meis na conmemoración do Día Internacional das Mulleres Rurais, nunha conversa de ref...
21/10/2026

💜 Onte participamos co Concello de Meis na conmemoración do Día Internacional das Mulleres Rurais, nunha conversa de reflexión sobre a autonomía, o liderado e o emprendemento das mulleres no rural.

Rosa Arcos Caamaño participou nun interesante coloquio no que compartiu experiencias e reflexións xunto a Loli Calvo, presidenta de Condes de Albarei e da AMCAE Asociación de Mujeres de Cooperativas Agro-alimentarias de España; Ana Vidal, emprendedora de Achega; e Elisa Villa, referente nos coidados comunitarios.

Un espazo para compartir experiencias, visibilizar o talento feminino e reivindicar a importancia de seguir avanzando na igualdade de oportunidades e no protagonismo das mulleres rurais.

Ademais, tivemos a oportunidade de coñecer as asociacións de mulleres do concello, achegarnos ao seu traballo e fortalecer os lazos entre mulleres e entidades do territorio.

Grazas ao Cim do Salnés e ao Concello de Meis por contar con nós e por impulsar estes espazos de encontro e participación.

20/10/2026

💜 Encantadas de entregarlle este premio á María Dolores Fernández Galiño, en recoñecemento ao seu compromiso coa defensa dos dereitos, a igualdade e a protección das persoas máis vulnerables.

Unha honra contar coa súa presenza e compartir este recoñecemento nun día tan especial para todas nós. Seguimos traballando xuntas por unha sociedade máis xusta e igualitaria!

📢 ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A ÚLTIMA EDICIÓN DE CAMBIA O CONTO!Poñemos en marcha a última edición da formación «...
20/10/2026

📢 ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A ÚLTIMA EDICIÓN DE CAMBIA O CONTO!

Poñemos en marcha a última edición da formación «Cambia o conto», unha iniciativa para promover a igualdade, a corresponsabilidade e o reparto equilibrado das tarefas domésticas e dos coidados no medio rural.

📝 INSCRÍBETE AQUÍ: https://forms.gle/ZR3hPoeyFzBqYYAs6

🏆Sempre e unha honra recibir un premio, nesta fin de semana foron dous.Recollémolos coa humildade de saber que é un reco...
18/10/2026

🏆Sempre e unha honra recibir un premio, nesta fin de semana foron dous.

Recollémolos coa humildade de saber que é un recoñecemento ao traballo cheo de xenerosidade de moitas mulleres, de moitas mans, durante estes 20 anos de traxectoria de Fademur Galicia.

Grazas ao PSdeG-PSOE Zas por agasallarnos co premio María Isabel Suárez Amado, conmemorando o día internacional das mulleres rurais.

Grazas a Federación de Asociacións de Veciñas e Veciños, por distinguirnos tamen voa vosa V de veciñanza.

💜🌾🫂

💜✨ Hoxe espertamos coa resaca emocional dun día que quedará para sempre na nosa memoria. Un deses días que nos lembran p...
16/10/2026

💜✨ Hoxe espertamos coa resaca emocional dun día que quedará para sempre na nosa memoria. Un deses días que nos lembran por que comezamos este camiño e por que paga a pena seguir percorréndoo xuntas. 🥹💜

📍 Onte, o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo encheuse de emoción, de abrazos, de reencontros e sorrisos.🫂🥰 Celebramos o Día Internacional das Mulleres Rurais e os 20 anos de FADEMUR Galicia, 🎂💜 dúas décadas traballando pola igualdade, polos dereitos das mulleres rurais e por un rural vivo, con oportunidades e con futuro. 🌱

💪💜 Porque estes anos non se entenden sen vós. Sen cada muller que abriu camiño, que rompeu barreiras, que loitou por facerse escoitar e que nunca deixou de crer nun rural máis xusto e igualitario.

💜 Grazas ás máis de 1.000 mulleres que onte nos acompañastes, moitas percorrendo quilómetros desde distintos puntos de Galicia para compartir este día tan importante para nós. 🚌🥰

🫶 Grazas ás que levades connosco desde o primeiro día, ás que vos fostes sumando polo camiño e ás que representades o futuro desta gran familia.

✨ Onte non celebramos só un aniversario. Celebramos a nosa historia, as nosas raíces, a nosa forza e todo o que aínda nos queda por conseguir. 💜

🌱💜 Porque se algo temos claro despois destes 20 anos é que o rural ten futuro, pero sen as mulleres ese futuro é imposible.

💜💜
16/10/2026

💜💜

❗😍 Emociondas e agradecidas de poder ter compartido con todas vós a celebración, neste Día Internacional das Mulleres Ru...
15/10/2026

❗😍 Emociondas e agradecidas de poder ter compartido con todas vós a celebración, neste Día Internacional das Mulleres Rurais, do vinte aniversario da nosa organización
🟠 Tanto camiño andado, e tanto que nos queda por seguir avanzando xuntas!
Grazas!
💜 Mulleres rurais: liderado, xustiza e dereitos.

A organización celebrou este xoves o Día Internacional das Mulleres Rurais cun acto que serviu tamén para conmemorar o vinte aniversario da organización

Dirección

Rua Doutor Maceira, 13/baixo
Santiago De Compostela
15706

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

981 530500

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fademur Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Fademur Galicia:

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos