Proxecto Em-Rede

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Proxecto Em-Rede 📍 Rede de Iniciativas empresariais de Santiago e Comarca
👥 Autónomos&Pymes 🛍️

🤝 Tecendo redes: asociacións que impulsan o liderado femininoO sábado 26 de setembro, a Praza da Quintana acolleu a VIII...
28/09/2026

🤝 Tecendo redes: asociacións que impulsan o liderado feminino

O sábado 26 de setembro, a Praza da Quintana acolleu a VIII Feira das Emprendedoras de Compostela, unha edición especial que celebrou o 20 aniversario de Woman Emprende, a rede de apoio ao emprendemento feminino da USC.

Na segunda mesa redonda da xornada, Paula Sánchez, secretaría de Em-Rede, compartiu espazo con Carmen Costa (Executivas de Galicia), Gala Llano (Empresarias de Galicia) e Ana Olveira (EspazoCoop) para falar do papel das asociacións na promoción do liderado feminino.

Foi unha honra participar nunha feira que amosou que emprender é posible en distintos campos, desde valores feministas e con bos resultados empresariais. 💜

Grazas a Woman Emprende, á Concellaría de Promoción Económica e a todas as emprendedoras que fixeron posible a xornada.

🤝 Tecendo redes: asociacións que impulsan o liderado femininoO sábado 26 de setembro, a Praza da Quintana acolleu a VIII...
28/09/2026

🤝 Tecendo redes: asociacións que impulsan o liderado feminino

O sábado 26 de setembro, a Praza da Quintana acolleu a VIII Feira das Emprendedoras de Compostela, unha edición especial que celebrou o 20 aniversario de Woman Emprende, a rede de apoio ao emprendemento feminino da USC.

Na segunda mesa redonda da xornada, Paula Sánchez, secretaría de Em-Rede, compartimos espazo con Carmen Costa (Executivas de Galicia), Gala Llano (Empresarias de Galicia) e Ana Olveira (EspazoCoop) para falar do papel das asociacións na promoción do liderado feminino.

Foi unha honra participar nunha feira que amosou que emprender é posible en distintos campos, desde valores feministas e con bos resultados empresariais. 💜

Grazas a Woman Emprende, á Concellaría de Promoción Económica e a todas as emprendedoras que fixeron posible a xornada.

A VIII Feira das Emprendedoras chega á Praza da Quintana 🎉Este sábado 26 de setembro, a Praza da Quintana énchese de tal...
25/09/2026

A VIII Feira das Emprendedoras chega á Praza da Quintana 🎉

Este sábado 26 de setembro, a Praza da Quintana énchese de talento feminino coa VIII Feira das Emprendedoras de Compostela. Woman Emprende (USC) cumpre 20 anos e celébrao a lo grande: 20 emprendedoras mostrando proxectos de artesanato, cultura, coidados, saúde e tecnoloxía 💪

Ademais, dúas mesas redondas ben potentes:
🗣️ “20 anos emprendendo: historias que inspiran”
🗣️ “Tecendo redes: asociacións que impulsan o liderado feminino” — con Eva López, presidenta de Em-Rede

Tamén haberá obradoiros, plan para peques e zona gastro. Entrada libre e gratuíta 🙌

📍 Praza da Quintana
🗓️ Sábado 26/09

A VIII Feira das Emprendedoras chega á Praza da Quintana 🎉Este sábado 26 de setembro, a Praza da Quintana énchese de tal...
25/09/2026

A VIII Feira das Emprendedoras chega á Praza da Quintana 🎉

Este sábado 26 de setembro, a Praza da Quintana énchese de talento feminino coa VIII Feira das Emprendedoras de Compostela. Woman Emprende (USC) cumpre 20 anos e celébrao a lo grande: 20 emprendedoras mostrando proxectos de artesanato, cultura, coidados, saúde e tecnoloxía 💪

Ademais, dúas mesas redondas ben potentes:
🗣️ "20 anos emprendendo: historias que inspiran"
🗣️ "Tecendo redes: asociacións que impulsan o liderado feminino"

Tamén haberá obradoiros, plan para peques e zona gastro. Entrada libre e gratuíta 🙌

📍 Praza da Quintana
🗓️ Sábado 26/09

🦊✨ O comercio local tamén forma parte de ‘A Raposa do Aire’Desde EmRede queremos agradecer especialmente a Flyingfun.scq...
25/09/2026

🦊✨ O comercio local tamén forma parte de ‘A Raposa do Aire’

Desde EmRede queremos agradecer especialmente a Flyingfun.scq, unha das promotoras desta iniciativa, pola súa implicación, ilusión e por contar co comercio local para facer realidade esta experiencia tan especial.

‘A Raposa do Aire’ chega a Santiago cunha proposta diferente: unha aventura inmersiva polo casco histórico na que as participantes convertiranse en investigadoras para resolver un misterio a través de pistas, enigmas e diferentes probas.

E estamos moi felices de que o comercio local forme parte desta historia. 🛍️❤️

As persoas gañadoras recibirán un agasallo composto por produtos adquiridos entre os comercios asociados a EmRede. Unha maneira de premiar ás participantes e, ao mesmo tempo, de dar visibilidade e valor ao noso comercio de proximidade.

Porque cando entidades, iniciativas e comercio local traballamos xuntos, conseguimos que Santiago cobre vida dunha maneira diferente.

👏 Grazas por confiar en EmRede e por demostrar, unha vez máis, que apoiar o comercio local é tamén construír cidade.

🦊 Moita sorte ás 250 persoas participantes... e que comece a investigación!

🦊✨ O comercio local tamén forma parte de ‘A Raposa do Aire’Desde EmRede queremos agradecer especialmente a Flying Fun, u...
25/09/2026

🦊✨ O comercio local tamén forma parte de ‘A Raposa do Aire’

Desde EmRede queremos agradecer especialmente a Flying Fun, unha das promotoras desta iniciativa, pola súa implicación, ilusión e por contar co comercio local para facer realidade esta experiencia tan especial.

‘A Raposa do Aire’ chega a Santiago cunha proposta diferente: unha aventura inmersiva polo casco histórico na que as participantes convertiranse en investigadoras para resolver un misterio a través de pistas, enigmas e diferentes probas.

E estamos moi felices de que o comercio local forme parte desta historia. 🛍️❤️

As persoas gañadoras recibirán un agasallo composto por produtos adquiridos entre os comercios asociados a EmRede. Unha maneira de premiar ás participantes e, ao mesmo tempo, de dar visibilidade e valor ao noso comercio de proximidade.

Porque cando entidades, iniciativas e comercio local traballamos xuntos, conseguimos que Santiago cobre vida dunha maneira diferente.

👏 Grazas por confiar en EmRede e por demostrar, unha vez máis, que apoiar o comercio local é tamén construír cidade.

🦊 Moita sorte ás 250 persoas participantes... e que comece a investigación!

📣 Chegaron as REBAIXAS ao comercio local! É o momento perfecto para atopar os produtos de sempre coa mellor calidade e a...
29/06/2026

📣 Chegaron as REBAIXAS ao comercio local! É o momento perfecto para atopar os produtos de sempre coa mellor calidade e aproveitar descontos especiais nesta tempada. E, como sempre, co valor engadido da atención personalizada e do asesoramento profesional de quen coñece as túas necesidades 😊

Moda, calzado, complementos, beleza, decoración, fogar, agasallos... Todo o que precisas para este verán agárdate nos comercios de proximidade, cun trato próximo e unha experiencia de compra única 🛍️☀️

Desde Em-Rede queremos darvos as grazas por seguir apostando polo pequeno comercio. Cada compra que facedes contribúe a fortalecer a economía local, manter vivo o barrio e apoiar ás persoas que traballan cada día para ofrecer o mellor ❤️

———
Em-Rede conta co apoio do para as súas iniciativas de promoción.
———

🔥 Compostela celebra o San Xoán nos seus barrios Os barrios da cidade únense un ano máis á celebración dunha das noites ...
23/06/2026

🔥 Compostela celebra o San Xoán nos seus barrios

Os barrios da cidade únense un ano máis á celebración dunha das noites máis especiais do calendario, ofrecendo unha ampla variedade de actividades para todos os públicos. Música, tradición, xogos, obradoiros, foliada, baile e moita convivencia veciñal encherán as rúas e prazas de Compostela durante estas xornadas festivas.

Se aínda non recolliches as túas herbas de San Xoán, podes participar nos paseos botánicos organizados para descubrir as tradicións e os segredos desta noite máxica. Consulta a programación completa, horarios e información sobre reservas na páxina de Turismo de Santiago.

Boa noite de San Xoán! Que non falten as cacharelas, as sardiñadas e os encontros entre veciños e veciñas. Gozade dunha festa que une tradición, cultura e comunidade para dar a mellor benvida ao verán.

—-

As actividades promocionais de Em-Rede contan co apoio do

Desde o comercio e servizos locais tamén reivindicamos a rede, a cultura e o orgullo frente o odio, e sumámonos a celebr...
18/06/2026

Desde o comercio e servizos locais tamén reivindicamos a rede, a cultura e o orgullo frente o odio, e sumámonos a celebrar a Compostela que queremos, a máis diversa, inclusiva e respectuosa 🌈.

Na web de Turismo de Santiago e Concello de Santiago atoparedes a programación especial do .

📣 Nova pílula formativa organizada pola asociación Comercio Punto Compostela á que poden asistir de forma gratuíta as pe...
16/06/2026

📣 Nova pílula formativa organizada pola asociación Comercio Punto Compostela á que poden asistir de forma gratuíta as persoas asociadas a Em-Rede ☺️

Tratatá sobre a protección de datos. Abordaranse as cuestións básicas e os criterios prácticos da protección de datos no sector comercio, cun enfoque sinxelo e útil para aplicar no día a día. A sesión inclúe un pequeno aperitivo para seguir conversando e intercambiando experiencias.

📍Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)
Rúa do Vilar, 54, Santiago de Compostela

📅 Mércores 17 de xuño de 2026
🕣 De 20:30 h a 22:00 h

⚠️ Prazas limitadas! Inscrición escribindo a: [email protected] ou a través do teléfono/WhatsApp 613 10 55 75.

Dirección

Rúa Rodríguez Carracido 9/Bajo
Santiago De Compostela
15701

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Proxecto Em-Rede publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Proxecto Em-Rede:

Atajos

Compartir