Compostela Solidaria

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Compostela Solidaria Organización Solidaria
Tel: 681 63 99 94
[email protected]
www.compostelasolidaria.org

COMUNICADO | APRAZAMENTO DO X CONCERTO SOLIDARIODende Compostela Solidaria queremos comunicar que, tras o recente falece...
14/10/2026

COMUNICADO | APRAZAMENTO DO X CONCERTO SOLIDARIO

Dende Compostela Solidaria queremos comunicar que, tras o recente falecemento do noso querido compañeiro, amigo e vicepresidente, Carlos Nieves Vicente, decidimos aprazar o X Concerto Solidario, previsto para o vindeiro 28 de novembro.

A perda de Carlos deixou un baleiro enorme na nosa asociación. Despois de tantos anos compartindo proxectos, ilusións e momentos inesquecibles, sentimos que precisamos un pouco máis de tempo antes de volver subir ao escenario.

A nosa intención é celebrar o concerto durante o mes de febreiro, nunha data que anunciaremos proximamente.

Esta décima edición estará dedicada á memoria de Carlos. Queremos que sexa unha ocasión especial para lembralo, celebrar todo o que nos deu e agradecerlle o seu compromiso incansable con Compostela Solidaria.

Estamos convencidos de que non habería mellor maneira de homenaxealo que continuar co proxecto solidario ao que dedicou tanto tempo, traballo e ilusión.

Grazas de corazón pola vosa comprensión, polo cariño recibido e por acompañarnos nestes momentos tan difíciles.

Por Carlos. ❤️

Con profunda dor despedimos o noso compañeiro, amigo e vicepresidente de Compostela Solidaria, Carlos Nieves Vicente.Car...
12/09/2026

Con profunda dor despedimos o noso compañeiro, amigo e vicepresidente de Compostela Solidaria, Carlos Nieves Vicente.

Carlos era desas persoas que sempre estaban. Sempre disposto a botar unha man, a compartir unha idea ou a arrincar un sorriso. Durante moitos anos traballou no Concello de Santiago e colaborou en numerosos proxectos pensados para mellorar a vida da veciñanza. O seu compromiso coa cidade era sincero e constante.

Tamén estaba a música. As cancións que enviaba cada día a máis de 700 persoas convertéronse, case sen pretendelo, nun pequeno ritual compartido. Era a súa maneira de acompañar e de facer un pouco máis alegre o día de quen o rodeaba.

En Compostela Solidaria foi unha peza fundamental. Participou en todas as iniciativas da asociación e traballou incansablemente na organización dos nove Concertos Solidarios celebrados desde 2014. Xa preparaba o décimo, coa ilusión de sempre. Os seus monólogos ácidos e enxeñosos, a súa alegría e esa enerxía tan súa daban vida a cada proxecto.

E, por suposto, o Obradoiro. Non faltaba a un partido. Vivía cada encontro coa mesma intensidade e lealdade que poñía en todo o que quería.

Pero, por riba de todo, estaba a súa familia. Adorábaa.

Carlos deixa un baleiro inmenso na nosa asociación e en todas as persoas que tivemos a sorte de compartir camiño con el. Tamén deixa moito cariño, moita gratitude e unha pegada que non se vai borrar.

Grazas por todo, Carlos. Sempre estarás con nós. Nunca te esqueceremos.

O pasado 3 de xullo realizouse un free tour solidario pola Colexiata de Sar, guiado por Juan Segade (Compos Tours), no q...
22/07/2026

O pasado 3 de xullo realizouse un free tour solidario pola Colexiata de Sar, guiado por Juan Segade (Compos Tours), no que participaron máis de vinte persoas do Centro Sociocultural da Trisca.

Desde Compostela Solidaria queremos dar as grazas de corazón a Juan Segade por acordarse de nós e por destinar integramente a recadación desta visita á nosa asociación. Xestos coma este axúdannos a seguir apoiando ás persoas que máis o precisan.

Grazas tamén ao Centro Sociocultural da Trisca e a todas as persoas participantes pola súa xenerosidade.

💙 Xuntas e xuntos construímos unha Compostela máis solidaria.

✨Boas festas dende Compostela Solidaria ✨Que o ano que comeza nos atope con máis conciencia, máis solidariedade e máis c...
24/12/2025

✨Boas festas dende Compostela Solidaria ✨

Que o ano que comeza nos atope con máis conciencia, máis solidariedade e máis compromiso colectivo.
Grazas por formar parte deste camiño. 💙🤝

💙 Entrega de 6.300 € a Asociación Itinera Voluntarios en Saúde Mental 💙Hoxe fixemos entrega de 6.300 €, a cantidade máis...
16/12/2025

💙 Entrega de 6.300 € a Asociación Itinera Voluntarios en Saúde Mental 💙
Hoxe fixemos entrega de 6.300 €, a cantidade máis alta acadada ata agora grazas á recadación do noso concerto solidario 🎶✨

Queremos dar as grazas de corazón aos/ás músicos/as, que participaron de maneira totalmente altruísta 🎵💛, e ás empresas colaboradoras, polo seu apoio e compromiso 🙌🤝

E, por suposto, grazas a todas as persoas que asististes, colaborastes e fixestes posible este evento.
Xuntas e xuntos seguimos demostrando que a solidariedade transforma realidades 💫

Grazas por camiñar con Compostela Solidaria.

27/11/2025

Recordatorio: o Concerto Solidario é mañá 🎶💛

Mañá enchemos o Auditorio La Salle co IX Concerto Solidario, a beneficio de Asociación Itinera Voluntarios en Saúde Mental unha entidade que traballa pola inclusión das persoas con trastornos mentais.

🎟️ Entradas solidarias: 10 €
Dispoñibles en A Reixa Tenda e Asthor Decoración… e tamén no propio auditorio mañá, por se decides vir á última hora.

Se non podes asistir pero queres colaborar, temos Fila Cero:

💳 Transferencia a ABANCA:
ES38 2080 0375 1330 4001 8491

📲 Bizum a Compostela Solidaria:
Abre Bizum → Doazóns → código 08492 → escolle o importe que queiras achegar.

💛 Grazas por sumar solidariedade e apoiar esta causa.
Xuntas e xuntos facemos cidade.




Dirección

Santiago De Compostela
15706

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Compostela Solidaria publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Compostela Solidaria:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos