30/08/2022
🔴 AMEAZA IRREPARABLE PARA O SOUTO 🔴
‼️ Publicada no DOG (22/08) a exposición dunha liña de alta tensión para o Parque Eólico 'A Picota' ata Compostela.
🪨 Infraestrutura e desmonte partirían O Souto pola metade. Trátase do corazón ecolóxico do ENIL comprometido polo Pazo de Raxoi en pleno municipal.
✋ Instamos ao Concello a que presente alegacións ao proxecto. Poñémonos á súa disposición para apoiar o proceso.
⚡️ Existen alternativas cun impacto paisaxístico, ecolóxico e económico inferiores á actual. Traballaremos arreo nesta liña. As alegacións están abertas á cidadanía ata o 4 de setembro. Iremos actualizando información. Contamos co voso apoio!
🌳POLO SOUTO, NON! 👀 http://i.gal/osouto