26/09/2026
📸🇵🇹 BRAGA NOS ESPERA… ¿VÉS CON NÓS?
O vindeiro 3 de outubro poñemos rumbo a Braga para vivir unha xornada dedicada á fotografía, á cultura e ás artes visuais.
Visitaremos as exposicións da 36.ª edición dos ENCONTROS DA IMAGEM, un dos festivais de fotografía máis importantes de Portugal. 🖼️📷
Unha oportunidade para descubrir novas miradas, inspirarnos, fotografar e compartir unha xornada entre apaixonados pola imaxe.
E o mellor? A actividade está aberta a todo o mundo, sexas socio/a de Fotoforum ou non.
🗓️ 3 de outubro
🚌 SAÍDAS E PARADAS
📍 09:15 h · CEIP de Bertamiráns
📍 09:30 h · Praza de Galicia, Santiago
📍 Parada en Pontevedra para recoller ás persoas inscritas que se incorporen alí
💰 PREZO DO AUTOBÚS
🔴 Socios/as: 25 €
⚪ Non socios/as: 35 €
🍽️ Comida libre: cada persoa poderá comer onde queira.
🌙 Regreso a Santiago: entre as 21:30 e as 22:00 h.
⚠️ PRAZAS LIMITADAS
👉 Para participar, cubre o seguinte formulario de inscrición:
https://forms.gle/5sgfrrXU2vh2Fd1H6
📷 Un día. Unha cidade. Moitas miradas.
Braga está esperando por nós.
Formulario de inscripción para a excursión a Braga, o sábado 3 de outubro.