Fundación 10 de Marzo

Cómo llegar Página web
La Fundación Andreu Nin y Andavira Editora te invitan a la presentación del libro La memoria reciente. Lucha antifranqui...
25/10/2026

La Fundación Andreu Nin y Andavira Editora te invitan a la presentación del libro La memoria reciente. Lucha antifranquista y memoria democrática.

La obra recoge una serie de entrevistas a personas que participaron en lo que se dio en llamar «la izquierda del 68». Una generación que, a pesar de su intensa lucha, fue ignorada en los relatos oficiales de la Transición. Con este proyecto queremos rendirle nuestro reconocimiento por su contribución a lograr un mundo mejor.

🗓 27 de octubre · 19:00 h
Fundación Eugenio Granell, Praza do Toural · Santiago de Compostela

Participarán: Enrique del Olmo (presidente de la FAN), Encarna Otero Cepeda, Emilio Fernández Zunzunegui (Magis), Tensi Alvarez Folgar, Xesus Veiga Buxán y Jacobo Bermejo (Andavira Editora).

https://www.instagram.com/reel/DewQYOLAtEO/?mdxt=Z2Y5OGVydnp5ZjM0

Santiago acoge la presentación de la memoria reciente, libro que lleva por subtítulo Lucha antifranquista y memoria demo...
25/10/2026

Santiago acoge la presentación de la memoria reciente, libro que lleva por subtítulo Lucha antifranquista y memoria democrática. Se presenta el martes 27 a las 19 horas en la sede de la Fundación Eugenio Granell (Praza do Toral).
Editado por Andavira, es parte del proyecto de la Fundación Andreu Nin y se presenta el martes 27 de octubre.

En pleno clima tenso ante la jornada electoral del domingo, 29 de noviembre de 2026, quizá sea bueno acudir en Santiago el martes 27 de octubre a la presentación del libro 'La memoria reciente', editado desde Galicia con 31 entrevistas y así recordar el daño que causaron ciertas etapas sociopolíticas del siglo XX.

Editado por Andavira, es parte del proyecto de la Fundación Andreu Nin y se presenta el martes 27 de octubre

Presentación da edición facsimilar da revista Alborada. Entre finais de 1965 e comezos de 1966 xurdía en Vigo unha revis...
21/10/2026

Presentación da edición facsimilar da revista Alborada. Entre finais de 1965 e comezos de 1966 xurdía en Vigo unha revista clandestina realizada por mulleres vencelladas ao PCE e á oposición antifranquista. Esta foi Alborada que, en palabras da investigadora María Lopo é, seguramente, a primeira publicación clandestina de mulleres feita en Galicia baixo a ditadura franquista. A pesar da súa curta traxectoria - dous números impresos, dos cales só un chegou a ser distribuído-, a súa pegada foi de gran relevancia histórica e política.

Presentación da edición facsimilar da revista Alborada Entre finais de 1965 e comezos de 1966 xurdía en Vigo unha revista clandestina realizada por mulleres vencelladas ao PCE e á oposición antifranquista. Esta foi Alborada que, en palabras da investigadora María Lopo é, seguramente, a primei...

Conversatorio interxeracional“Cando comezou este proxecto sobre a folga xeral de Vigo de 1972, aínda non se falaba da fo...
12/10/2026

Conversatorio interxeracional

“Cando comezou este proxecto sobre a folga xeral de Vigo de 1972, aínda non se falaba da folga xeral do 11 de novembro”. Son palabras de Esther Carrodeguas, directora de Barrios en loita: 1972, no Conversatorio interxeracional celebrado o 8 de no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (Vigo).

1972 é unha experiencia colectiva producida por Teatro del Barrio dentro da celebración de “España en libertad. 50 años” (Secretaría de Estado de Memoria Democrática). O seu obxectivo é investigar dende a escea a folga xeral de Vigo de 1972. Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira (Compañía ButacaZero), acompañados dun equipo de profesionais do mundo escénico, son os responsables deste proyecto multidisciplinar.

As actividades que componen o proxecto son tres: un faladoiro interxeracional (8.10.2026), un roteiro polos lugares de memoria relacionados coa folga viguesa de 1972 (11.10.2026) e, finalmente, a presentación dunha muestra del trabajo que terá lugar os días 12 e 13 de novembro na Sala Ártika de Vigo, que colabora co proxecto.

No Conversatorio interxeracional tomaron a palabra veteráns sindicalistas, loitadores antifranquistas: Hixinio Leirós, Carlos Núñez, Juan Benavides e Arturo Correa. No escenario estivo tamén presente Emilio Crespo, da Fundación 10 de Marzo, quen, daquela estudante, participou nas mobilizacións. Todos eles falaron da intensidade e duración dunha folga xeral que paralizou a cidade de Vigo durante moitos días. Destacaron a dureza dun conflito que deixo sen salario a moitas familias, posto que os despedimentos foron moi numerosos; rememoraron a represión policial, pero tamén a solidadariedade da cidadanía e necesidade da memoria e da lembranza. Insistiron na necesidade de organización e da defensa das conquistas laborais, sociais e políticas, que nunca están a salvo: a democracia gañouse nas rúas e nas rúas hai que defendela.
Imaxes de ButacaZero.

1 Minuto de silencio por MariCarmen en las puertas de los centros de trabajo. Viernes, 9 de octubre a las 12:00 horas
08/10/2026

1 Minuto de silencio por MariCarmen en las puertas de los centros de trabajo. Viernes, 9 de octubre a las 12:00 horas

As folgas de 1976, nas que as aínda ilegais Comisións Obreiras desenvolveron un papel clave, foron as máis numerosas de ...
05/10/2026

As folgas de 1976, nas que as aínda ilegais Comisións Obreiras desenvolveron un papel clave, foron as máis numerosas de toda a Europa Occidental, soamente superadas polas italianas. Foi no primeiro trimestre de 1976, moi poucas semanas da morte do ditador, cando se produciu o maior número de conflitos. Pero continuaron ao longo de todo o ano. O 12 de novembro conmemóranse o cincoenta aniversario da primeira folga xeral trala morte de Franco. A chamada Coordenadora de Organizacións Sindicais (CCOO,UGT e USO) convocou un paro xeral no que se reivindicaban subas de salarios, golpeados pola inflación, e facíanse públicas as preocupacións sobre un desemprego en ascenso e o problema dos despedimentos. A convocatoria incluía reivindicacións políticas como a amnistía, tamén a amnistía laboral, así como un “goberno de amplo consenso democrático”.
A Fundación 1º de Mayo ven de publicar un traballo sobre aquelas folgas de 1976. O volumen, coordenado por Susana Alba e José Babiano, no que se estuda o contexto histórico e social das mobilizacións (Javier Tébar Hurtado y Andrea Tappi). O volumen inclúe estudos de carácter territorial (Baix Llobregat, ao coidado de Carlota Vidal Sánchez; Euskadi, por José Antonio Pérez Pérez; Madrid, por Susana Alba Monteserin; Asturias, por Rubén Vega García; País Valenciano, de Pere J. Beneyto Calatayud y Alberto Gómez Roda; Castilla y León, por M. Luisa López Municio e Ana M. Peña Varó; Andalucía: Marcial Sánchez Mosquera. A situación en Galicia é estudada por José Gómez Alén e Víctor Manuel Santidrián (Fundación 10 de Marzo). O libro inclúe tamén un traballo sobre as mulleres e as loitas feministas (Mayka Muñoz Ruiz), as mobilizacións estudiantís (Jordi Sancho Galan) e a represión da protesta (David Ballester).

O pasado 30 de setembro presentouse a edición facsimilar da revista Alborada. No acto, celebrado na Fundación Eugenio Gr...
04/10/2026

O pasado 30 de setembro presentouse a edición facsimilar da revista Alborada. No acto, celebrado na Fundación Eugenio Granell (Santiago de Compostela), participaron Emilio Crespo, da Fundación 10 de Marzo, e Jacobo Bermejo, de Andavira Editora. Tomaron a palabra María Lopo, alma mater da inciativa, e Co**ha Lago, militante antifranquista que foi unha das persoas responsables da creación do Movemento Democrático de Mulleres de Galicia en Vigo.
A importancia de Alborada resulta historicamente excepcional, posto que se trata, case con toda probabilidade, da primeira publicación clandestina de mulleres feita en Galicia baixo a ditadura franquista. Máis aló disto, os dous números que puideron ver a luz antes da caída da súa rede clandestina reveláronse dunha calidade e unha modernidade extraordinarias.
Por todo isto, a Fundación 10 de Marzo, en continuidade co seu labor editorial de 2020 no que se rescatou a figura de Palmyre Ros, decidiu realizar a presente edición facsimilar de Alborada, en conmemoración do seu 60 aniversario. Débese honrar e difundir o seu traballo pioneiro para poder tecer novas redes solidarias que recuperen esta filiación feminina, raíz de feminismos, xurdida do encontro irredento de persoas libres, comprometidas e antifranquistas no Vigo de 1966 porque, como escribiu a resistente antifascista Lucie Aubrac nunha cita moi querida por Palmyre Ros, «O verbo resistir sempre debe conxugarse en presente».
O libro presentado inclúe, un traballo, de María Lopo (“A revista viguesa Alborada. Un proxecto pioneirode prensa clandestina de mulleres”) e outro de Víctor Manuel Santidrián Arias (“Da «cuestión da muller» á «liberación da muller»”), da Fundación 10 de Marzo.
A publicación presentada reproduce de forma facsimilar os dous exemplares que se publicaron e que están depositados no Archivo Histórico do PCE (Madrid), os índices da revista e a transcrición dos artigos.

27/09/2026

Escoitala é entender por que esta historia non podía quedar esquecida.
María Lopo achéganos a Alborada, a revista que un grupo de mulleres se atreveu a facer en Vigo en 1966, cando facelo era todo un risco.

https://www.facebook.com/share/r/1Db8oSkasD/

LABOR. A MEMORIA DO TRABALLO.Xornadas días de labor a memoria do traballo e a sua pegada na sociedade e o territorio. O ...
25/09/2026

LABOR. A MEMORIA DO TRABALLO.

Xornadas días de labor a memoria do traballo e a sua pegada na sociedade e o territorio. O 25 e 26 de setembro de 2026 na Aula Magna da Facultade de Humanidades e documentación de Ferrol coa participación de Víctor Santidrián Arias da Fundación 10 de Marzo.

https://www.memoriadocumental.gal/galicia/en-que-estamos/2026-xornadas-dias-de-labor-a-memoria-do-traballo-e-a-sua-pegada-na-sociedade-e-o-territorio/programa-das-xornadas/

https://www.memoriadocumental.gal/galicia/en-que-estamos/2026-xornadas-dias-de-labor-a-memoria-do-traballo-e-a-sua-pegada-na-sociedade-e-o-territorio/

Dirección

Vía Edison, Nº 1/C Polígono Do Tambre
Santiago De Compostela
15890

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fundación 10 de Marzo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos