Fademga Plena inclusión Galicia

Cómo llegar Página web

Fademga Plena inclusión Galicia Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do desenvolvemento

09/08/2026

Se estima que aportación estatal a políticas de Dependencia y Discapacidad de las CCAA crezca entre un 14% y un 27% y, en opinión de Plena inclusión, este incremento presupuestario deben notarlo las personas que más apoyos necesitan.

🍀 Hoxe recibimos na nosa sede de Santiago de Compostela a Susana Pérez Iglesias, secretaria xeral de Emprego e Relacións...
05/08/2026

🍀 Hoxe recibimos na nosa sede de Santiago de Compostela a Susana Pérez Iglesias, secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Durante o encontro reuniuse co noso presidente, Eladio Fernández; co presidente de CERMI Galicia, Ramón Sestayo; co noso xerente, Manel Fernández; e co coordinador da Área de Emprego e Formación, Manuel Carrillo.

Falamos sobre os retos e as oportunidades do emprego e da formación para as persoas con discapacidade intelectual, así como sobre o traballo que desenvolvemos dende FADEMGA Plena inclusión Galicia e as nosas entidades federadas.

A visita rematou cun percorrido polas nosas instalacións, no que puidemos compartir de preto os nosos proxectos e a realidade do sector.

Grazas pola visita e por abrir espazos de diálogo e colaboración. Seguimos traballando por máis oportunidades, máis inclusión e máis emprego digno. 💚

Desde FADEMGA Plena inclusión Galicia queremos trasladar todo nuestro cariño y apoyo a las miles de personas afectadas p...
25/07/2026

Desde FADEMGA Plena inclusión Galicia queremos trasladar todo nuestro cariño y apoyo a las miles de personas afectadas por los incendios que están asolando distintos puntos de España.

Nuestro reconocimiento a quienes han tenido que abandonar sus hogares, a las familias que viven con incertidumbre y a los equipos de emergencia que trabajan sin descanso para proteger vidas y el entorno.

Mucha fuerza. 💚

💙 Feliz Día de Galicia!Hoxe celebramos a nosa terra, a nosa lingua e unha maneira de estar no mundo baseada na comunidad...
25/07/2026

💙 Feliz Día de Galicia!

Hoxe celebramos a nosa terra, a nosa lingua e unha maneira de estar no mundo baseada na comunidade, na diversidade e no coidado das persoas.

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia seguimos traballando por unha Galicia máis inclusiva, na que todas as persoas poidan participar, decidir e construír futuro.

🌿 Esta mañá estivemos a presentar unha nova ferramenta para axudar ás entidades sociais a medir e mellorar o seu impacto...
21/07/2026

🌿 Esta mañá estivemos a presentar unha nova ferramenta para axudar ás entidades sociais a medir e mellorar o seu impacto ambiental.

Durante a sesión coñecemos como se desenvolveu este instrumento e todo o traballo de análise, deseño e colaboración que hai detrás. Tamén descubrimos como pode converterse nun aliado para coñecer mellor a realidade de cada entidade, detectar oportunidades de mellora e tomar decisións con maior criterio.

Queremos agradecer especialmente a participación de Marta Rey, directora da Cátedra Inditex de Sostibilidade, así como de Alejandro Fernández, Sara García e Sara González, especialistas en sostibilidade e innovación social, por compartir connosco os seus coñecementos e acompañarnos nesta xornada.

Porque avanzar cara a organizacións máis sostibles comeza por saber onde estamos. Medir non é o final do camiño: é o punto de partida para mellorar. 💚🌍

💬 Sabías que en FADEMGA contamos cunha Guía de linguaxe inclusiva?Porque comunicar non é só transmitir información: tamé...
19/07/2026

💬 Sabías que en FADEMGA contamos cunha Guía de linguaxe inclusiva?

Porque comunicar non é só transmitir información: tamén é decidir quen aparece, como aparece e quen queda fóra.

Esta guía ofrece recursos prácticos para detectar erros frecuentes e empregar palabras, expresións e imaxes máis respectuosas, facendo especial fincapé na maneira de referírmonos ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Inclúe recomendacións para a comunicación escrita, oral, visual, web e en redes sociais. Porque a inclusión non pode limitarse a unha data sinalada: debe estar presente en cada publicación, cada boletín e cada mensaxe que compartimos.

As palabras poden ocultar ou facer visible, marxinar ou incluír. Escollelas ben non é unha moda nin un detalle: é unha forma de transformar a realidade.

📖 Bótalle unha ollada á nosa Guía de linguaxe inclusiva e fagamos da comunicación un espazo no que caiban todas as persoas.
🔗https://www.fademga.org/gl/publicacions/guia-de-linguaxe-inclusiva.html

Próximamente…
17/07/2026

Próximamente…

🟣 Poñémonos DE FRONTE ás violencias machistas. Todas.Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia apoiamos a campaña DE FRONTE ...
16/07/2026

🟣 Poñémonos DE FRONTE ás violencias machistas. Todas.

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia apoiamos a campaña DE FRONTE á violencia de xénero, impulsada pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña

Porque a violencia contra as mulleres tamén se exerce a través das pantallas: mediante o control, o acoso, os discursos de odio, a difusión de contidos sen consentimento ou o uso da intelixencia artificial para crear novas formas de violencia.

E porque as mulleres con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento deben estar presentes na prevención, na información e nas respostas fronte a estas violencias.

Non abonda con mirar.
Hai que recoñecer, actuar e construír alianzas.

Fronte á violencia machista, poñémonos DE FRONTE.

🔗 Máis información e recursos en defronte.gal

15/07/2026

💙A saúde e a rehabilitación son un dereito, non un privilexio.
No marco do 20º aniversario da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, lembramos a importancia de garantir unha atención sanitaria accesible, de calidade e centrada nas persoas, así como o acceso aos servizos e apoios necesarios para favorecer a autonomía e a participación na comunidade.
Porque avanzar en dereitos é avanzar en inclusión.

Dirección

Vía Pasteur, 53 B/Polígono Del Tambre
Santiago De Compostela
15890

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Martes 09:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 14:00
16:00 - 19:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fademga Plena inclusión Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir