25/05/2026
O vindeiro sábado 30 de maio a AGPNS celebrará as Asembleas Ordinaria e Extraordinarias no Centro Sociocultural Santa Marta (Rúa de Antonio Rama Seoane, 6) en Santiago de Compostela:
• Asemblea Ordinaria Anual, convocada en primeira convocatoria ás 17:00h e ás 17:30h en segunda.
• Asemblea Extraordinaria para renovar a Xunta Directiva, en primeira convocatoria ás 19:15h e ás 19:45h en segunda.
• Asemblea Extraordinaria para modificar a sede que consta nos estatutos, en primeira convocatoria ás 20:00h e ás 20:30h en segunda.
Repasaremos a actividade de 2025 e decidiremos as liñas de actuación.
A participación é aberta tamén ás persoas interesadas que non sexan socias (aínda que non terán dereito a voto).
Será posible a participación na modalidade telemática por medio do seguinte acceso (requirirá o contrasinal facilitado aos interesados): https://meet.jit.si/AGPNSAsembleas