Federación Alcer Galicia

Cómo llegar

Federación Alcer Galicia A Federación ALCER Galicia está composta polas 4 Asociacións para a Loita Contra as Enfermidades

Tabulé de arroz integral con tofu 🍛
29/10/2026

Tabulé de arroz integral con tofu 🍛

O pasado martes 27 de outubro, unha das psicólogas da Federación Alcer Galicia impartiu un obradoiro sobre o manexo do b...
28/10/2026

O pasado martes 27 de outubro, unha das psicólogas da Federación Alcer Galicia impartiu un obradoiro sobre o manexo do baixo estado de ánimo no hospital Ribera Povisa de Vigo, no marco do proxecto Vivir Ben. Seguimos traballando para promover o benestar emocional das persoas con ERC e familiares



Alcer Pontevedra

📢Anuniamosvos... obradoiro de NUTRICION sobre dietoterapia en ERC e cocinha renal saudable 🥗📅 Mércores, 18 de novembro d...
27/10/2026

📢Anuniamosvos... obradoiro de NUTRICION sobre dietoterapia en ERC e cocinha renal saudable 🥗

📅 Mércores, 18 de novembro de 2026
🕓 De 10:00 a 13:00 h
📍 Casa Azul, Rúa Sor Lucía, 4, Pontevedra
💚 Anímaste a vir?

📝 Inscrición previa necesaria.



Alcer Pontevedra

👥 ENCONTRO DE FAMILIAS MEDRO CON ALCER 2026📍 Os días 23, 24 e 25 de outubro, a Federación ALCER Galicia celebrou o Encon...
26/10/2026

👥 ENCONTRO DE FAMILIAS MEDRO CON ALCER 2026

📍 Os días 23, 24 e 25 de outubro, a Federación ALCER Galicia celebrou o Encontro de Familias Medro con ALCER 2026 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, no concello de Nigrán, dirixido a menores con enfermidade renal crónica (ERC) e ás súas familias.

💚 O encontro foi inaugurado por Jacobo Rey, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, e Juan González, alcalde de Nigrán. A iniciativa enmárcase no Programa Medro con Alcer, que conta co apoio e financiamento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, así como coa colaboración do Concello de Nigrán.

🗣️ O encontro contou coa participación da Dra. Gema Ariceta, especialista en nefroloxía pediátrica do Hospital Vall d’Hebron de Barcelona, que abordou os retos que supón convivir coa enfermidade renal crónica na infancia, o seu impacto nas familias e a importancia dunha transición progresiva á atención sanitaria de adultos. Ademais, durante a fin de semana compartíronse espazos de convivencia, aprendizaxe e apoio psicosocial entre as familias participantes.

💙 Desde ALCER Galicia agradecemos a colaboración das institucións e a participación de todas as familias que fixeron posible este encontro.


Alcer Coruña
Alcer Lugo
Asociación Alcer Ourense
Alcer Pontevedra

Bolos de vento de cabaza! Unha merenda ideal para outono ou samaín.
16/10/2026

Bolos de vento de cabaza! Unha merenda ideal para outono ou samaín.

09/10/2026

TORTILLA DE COLIFLOR AO CURRY

Dende a Federación ALCER Galicia compartimos unha nova receita: unha deliciosa tortilla de coliflor, unha alternativa á clásica tortilla de pataca con menos potasio, especialmente pensada para persoas con enfermidade renal crónica que necesitan controlar a súa inxestión. 💚

Unha receita sinxela, saborosa e fácil de preparar, utilizando coliflor conxelada e previamente cocida para favorecer a redución do seu contido en potasio.

Anímate a probala e descubre unha forma diferente de incorporar verduras á túa alimentación!

O pasado xoves 8 de outubro celebramos un novo obradoiro de psicoloxía centrado nas Narrativas e Vivencias na Enfermidad...
09/10/2026

O pasado xoves 8 de outubro celebramos un novo obradoiro de psicoloxía centrado nas Narrativas e Vivencias na Enfermidade Renal Crónica.

Foi un espazo para compartir experiencias, escoitar outras vivencias e fortalecer os vínculos entre as persoas participantes.

Moitas grazas a todas as persoas que formastes parte deste encontro e que compartistes co grupo as vosas experiencias! 💚



Alcer Pontevedra

🏃‍♀️ Formación, exercicio e enfermidade renal crónicaXa está aberta a preinscrición para a 2ª edición da Microcredencial...
07/10/2026

🏃‍♀️ Formación, exercicio e enfermidade renal crónica

Xa está aberta a preinscrición para a 2ª edición da Microcredencial Universitaria “Prácticas Motrices na Enfermidade Renal Crónica” da Universidade da Coruña.

Unha oportunidade para ampliar coñecementos sobre a práctica de actividade física e exercicio no contexto da enfermidade renal crónica, cunha formación 100 % en liña e de 4 ECTS.

📅 5–20 de febreiro de 2027
💻 Modalidade en liña
🎓 4 ECTS

⏰ Preinscrición ata o 1 de novembro de 2026.

Desde ALCER Galicia animámosvos a coñecer esta formación e a aproveitar esta oportunidade para seguir avanzando na especialización e no coñecemento do exercicio aplicado á enfermidade renal.

👉 Toda a información: nefrotrein-micro2027.weebly.com



Alcer Coruña
Alcer Lugo
Asociación Alcer Ourense
Alcer Pontevedra

O martes 6 de outubro levouse a cabo un obradoiro sobre Narrativas e Vivencias na Enfermidade Renal Crónica. O encontro ...
07/10/2026

O martes 6 de outubro levouse a cabo un obradoiro sobre Narrativas e Vivencias na Enfermidade Renal Crónica. O encontro tivo lugar no CABES de Santiago de Compostela, é nel os asistentes tiveron a oportunidade de intercambiar experiencias e de crear vínculos entre eles. Moitas gracias a todas as persoas que participaron e compartiron co grupo as súas vivencias!



Alcer Coruña

🍐 Pera ao forno con mel, limón e canela. 🧀 Queres darlle un toque diferente? Podes engadir ao final un pequeno anaco de ...
02/10/2026

🍐 Pera ao forno con mel, limón e canela. 🧀 Queres darlle un toque diferente? Podes engadir ao final un pequeno anaco de queixo gorgonzola. O contraste doce-salgado queda xenial, pero lembra empregar pouca cantidade, xa que os queixos curados e azuis presentan un maior contido en fósforo e sal.

O limón e as especias como a canela son grandes aliados para potenciar o sabor das preparacións sen necesidade de abusar do azucre ou do sal.

Como sempre, na enfermidade renal as recomendacións deben adaptarse ás necesidades de cada persoa.

Dirección

Rúa Manuel María Nº 6, Planta 2, Oficina 2
Santiago De Compostela
15705

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Federación Alcer Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos