Cómo llegar Página web

Fegadem 🧠 Federación Galega de que mellora a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple e das súas familias. 🧡Orientación, apoio e sensibilización.

Infórmate e participa! 📢
Entidade declarada de utilidade pública FEGADEM, Federación Galega de Esclerose Múltiple, é unha federación de recente creación que nace a principios do ano 2011, como resultado dunha reunión celebrada o 16 de decembro de 2010, na que representantes das Asociacións Galegas de Esclerose Múltiple deciden constituírse nunha federación de asociacións sen ánimo de lucro, coa "finalidade de garantir a calidade de vida das persoas afectadas por esclerose múltiple e das súas familias"

📣 Dende o 2 ata o 13 de novembro, "Máis aló do visible" estará en  A exposición está na planta 4 do CHUAC, antes da cafe...
03/11/2026

📣 Dende o 2 ata o 13 de novembro, "Máis aló do visible" estará en

A exposición está na planta 4 do CHUAC, antes da cafetería 👀

Dende queremos agradecer ao persoal do hospital pola colaboración, á Xunta polo patrocinio e a todas as persoas que participastes no proxecto 🧡

Grazas tamén ás entidades e en especial a Acem Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple por apoiarnos con esta presentación.

Proximamente en ➡️

🔗 Valora a exposición na nosa web https://esclerosismultiplegalicia.org/mais-alo-do-visible/

🏛️ Antes de construír unha pirámide, alguén tivo que imaxinala.Unha idea. Un trazo. Un propósito.As grandes construcións...
30/10/2026

🏛️ Antes de construír unha pirámide, alguén tivo que imaxinala.

Unha idea. Un trazo. Un propósito.

As grandes construcións non aparecen da nada, e as melloras tampouco.

💡 En queremos seguir construíndo unha Federación mellor, e para iso queremos escoitar as vosas ideas, propostas de mellora, necesidades...

Comparte as túas no Buzón de Ideas.

📩 Podes facelo de forma anónima ou deixar os teus datos se queres que poidamos responderche.

🔗 Accede ao Buzón de Ideas na nosa web: https://esclerosismultiplegalicia.org/buzon-de-ideas/

📍 A próxima parada de "Máis aló do visible" será na  Despois de Pontevedra, a exposición sobre os síntomas invisibles da...
27/10/2026

📍 A próxima parada de "Máis aló do visible" será na

Despois de Pontevedra, a exposición sobre os síntomas invisibles da estará no CHUAC dende o 2 ata o 13 de novembro 🧠

🗓️ Do 2 ao 13 de novembro
📍 CHUAC (4ª planta) | A Coruña

Grazas ao persoal do CHUAC por colaborar na visibilidade deste proxecto e polo seu traballo diario coa , así como a todas as entidades, institucións e persoas que o fixestes posible 🧡

Achégate a coñecela! 💬

🔗 https://esclerosismultiplegalicia.org/2026/09/30/fegadem-presenta-a-exposicion-de-fotos-mais-alo-do-visible/

💼 OFERTA DE EMPREGO EN  : TRABALLO SOCIAL OU EDUCACIÓN SOCIAL 💼🎓 Tes o grao en Traballo Social ou Educación Social e gus...
20/10/2026

💼 OFERTA DE EMPREGO EN : TRABALLO SOCIAL OU EDUCACIÓN SOCIAL 💼

🎓 Tes o grao en Traballo Social ou Educación Social e gustaríache poñer os teus coñecementos ao servizo das persoas con ?

Buscamos unha persoa que queira contribuír ao noso traballo na defensa dos dereitos das persoas con e na promoción da inclusión social. Esta oportunidade pode ser para ti!

📍 Lugar de traballo: Santiago de Compostela
🕒 Xornada: 75 %
📅 Duración do contrato: 1 ano

👤 É necesario estar inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) no momento da contratación.

📩 Como presentar a candidatura?

Envía o teu CV a [email protected] co asunto «Oferta emprego Coopera+Nome e Apelidos».

⏰ Podes enviar o CV ata o 13 de novembro de 2026.

👉 Consulta os requisitos e as condicións completas nos termos de referencia:
https://esclerosismultiplegalicia.org/wp-content/uploads/2026/10/Terminos-referencia-TSocial-EdSocial-Coopera.pdf

🤝 Se coñeces a alguén que poida estar interesado/a, comparte esta publicación.

Esta oferta de emprego está vinculada aos programas de cooperación 2026 da Xunta de Galicia.

📍 A exposición "Máis aló do visible" chega a  ! 💙Despois do seu paso por Santiago, a nosa exposición fotográfica continú...
19/10/2026

📍 A exposición "Máis aló do visible" chega a ! 💙

Despois do seu paso por Santiago, a nosa exposición fotográfica continúa a súa viaxe por Galicia para achegar á sociedade unha realidade que non sempre se ve: os síntomas invisibles da esclerose múltiple.

📸 Dende hoxe e ata o 30 de outubro, podes visitar a exposición na Biblioteca Antonio Odriozola, en Pontevedra. A entrada é libre!

🗓️ Do 19 ao 30 de outubro
📍 Biblioteca Antonio Odriozola | Pontevedra
🎟️ Entrada libre

A través da fotografía, queremos mostrar que a pode afectar de moitas maneiras ás persoas que conviven con ela. A fatiga, a dor ou as dificultades cognitivas son algúns dos síntomas da que, por non seren evidentes, non sempre se comprenden.

Con este proxecto, dende queremos contribuír a dar visibilidade a estas realidades, fomentar a comprensión e sensibilizar sobre o impacto da enfermidade.

Grazas a todas as persoas, entidades e institucións que facedes posible que Máis aló do visible siga percorrendo Galicia e achegando a realidade da Esclerose Múltiple a máis persoas.

👇 Se estás en Pontevedra, animámoste a achegarte á exposición e a compartir a información para que a mensaxe chegue máis lonxe.

🔗 Máis información sobre o proxecto:
https://esclerosismultiplegalicia.org/2026/09/30/fegadem-presenta-a-exposicion-de-fotos-mais-alo-do-visible/

Sabes que queren dicir todas as E- das etiquetas? Comprendes as cantidades e a orde dos alimentos? Queres saber máis de ...
19/10/2026

Sabes que queren dicir todas as E- das etiquetas? Comprendes as cantidades e a orde dos alimentos? Queres saber máis de alérxenos? 🤔

Lembra que aínda podes inscribirte á sesión "Aprende a ler as etiquetas dos alimentos que consumes" 👇

📅 Martes 27 de outubro
⏰ 17:30 horas
➡ Modalidade online ou presencial (Santiago), segundo escollas

Inscríbete! 🔗 https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdpjoWUJ--SbezaGanbxo8cK2Mz4KSUyNT8AuXRUH5Jp6U7bQ/viewform?usp=header

🛒 Sabes interpretar as etiquetas dos alimentos que consumes?

Ás veces, a información que aparece nos envases pode xerar máis dúbidas ca respostas 🤔 Saber interpretala axúdanos a coñecer mellor os produtos que consumimos e a tomar decisións informadas sobre a nosa alimentación.

Por iso, dende o departamento de nutrición de organizamos unha sesión informativa con Yasmina Domínguez, profesional da Federación, para aprender a ler e interpretar as etiquetas dos alimentos e resolver as vosas dúbidas.

💬 Ademais, queremos que a sesión responda ás vosas necesidades. Por iso, podedes achegar as vosas preguntas e enviar fotografías das etiquetas que vos gustaría analizar, tanto no formulario de inscrición como por WhatsApp, no número 604 016 523. Se asistides presencialmente, podedes levar as etiquetas convosco.

📅 Martes, 27 de outubro
🕠 17:30 h | Duración aproximada dunha hora.
📍 Modalidade presencial ou en liña.
📌 Se asistes presencial, é na sede de FEGADEM, en Santiago de Compostela.

✍️ Inscríbete e participa! As prazas son limitadas en ambas as modalidades.

👉 Formulario de inscrición:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdpjoWUJ--SbezaGanbxo8cK2Mz4KSUyNT8AuXRUH5Jp6U7bQ/viewform?usp=dialog

🌐 Podes consultar toda a información na nosa web:
http://esclerosismultiplegalicia.org/2026/10/15/fegadem-organiza-unha-sesion-para-aprender-a-ler-as-etiquetas-dos-alimentos/

Agardámoste! 💚

🟠🔵  En AVEMPO necesítante! Inscríbete na XIV edición do 'Eu Móvome pola Esclerose Múltiple'. Consegue o teu dorsala e pa...
19/10/2026

🟠🔵 En AVEMPO necesítante!

Inscríbete na XIV edición do 'Eu Móvome pola Esclerose Múltiple'. Consegue o teu dorsala e participa no pelotón solidario pola 🧠💪

As inscricións pechan mañá e precisan dun último esforzo! Inscríbete en https://magmasports.es/es/evento/xiv-carreira-solidaria-eu-movome-pola-esclerose-multiple

Información do evento:
🗓 Domingo, 25 de outubro
📍 Alameda de Bouzas (Vigo)
🕰 11:00 horas
🏃‍♀️👨‍🦽🏃‍♂️ Carrera 10K | Carrera 5K | Andaina | Dorsal 0

🟠🔵 ¡Aún necesitamos un empujón en las inscripciones del del próximo 25 de octubre! Y, no se nos ocurre mejor manera que pedirlo con parte de nuestros trabajadores y varios usuarios de AVEMPO 💪.

A día de hoy rondamos los 500 inscritos e inscritas, pero nos encantaría, al menos, doblar la cifra e, incluso, superarla.

📢 ¡Ya quedan pocos días para cerrar las inscripciones del XIV 'Eu Móvome pola Esclerose Múltiple', no lo dejes para el último momento!

✍️ Las inscripciones se cierran el martes 20 de octubre a las 23:59 horas en 📲.

Consigue tu dorsal y participa en el pelotón solidario por la 🧠. ¡Te necesitamos!

🗓 25 de octubre 🗓
📍Alameda de Bouzas📍
🕰 11:00 horas🕰
🏃‍♀️👨‍🦽🏃‍♂️ Carrera 10K | Carrera 5K | Andaina | Dorsal 0

🛒  Sabes interpretar as etiquetas dos alimentos que consumes?Ás veces, a información que aparece nos envases pode xerar ...
15/10/2026

🛒 Sabes interpretar as etiquetas dos alimentos que consumes?

Ás veces, a información que aparece nos envases pode xerar máis dúbidas ca respostas 🤔 Saber interpretala axúdanos a coñecer mellor os produtos que consumimos e a tomar decisións informadas sobre a nosa alimentación.

Por iso, dende o departamento de nutrición de organizamos unha sesión informativa con Yasmina Domínguez, profesional da Federación, para aprender a ler e interpretar as etiquetas dos alimentos e resolver as vosas dúbidas.

💬 Ademais, queremos que a sesión responda ás vosas necesidades. Por iso, podedes achegar as vosas preguntas e enviar fotografías das etiquetas que vos gustaría analizar, tanto no formulario de inscrición como por WhatsApp, no número 604 016 523. Se asistides presencialmente, podedes levar as etiquetas convosco.

📅 Martes, 27 de outubro
🕠 17:30 h | Duración aproximada dunha hora.
📍 Modalidade presencial ou en liña.
📌 Se asistes presencial, é na sede de FEGADEM, en Santiago de Compostela.

✍️ Inscríbete e participa! As prazas son limitadas en ambas as modalidades.

👉 Formulario de inscrición:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdpjoWUJ--SbezaGanbxo8cK2Mz4KSUyNT8AuXRUH5Jp6U7bQ/viewform?usp=dialog

🌐 Podes consultar toda a información na nosa web:
http://esclerosismultiplegalicia.org/2026/10/15/fegadem-organiza-unha-sesion-para-aprender-a-ler-as-etiquetas-dos-alimentos/

Agardámoste! 💚

🤝 Sumamos alianzas para axudar a mellorar a calidade de vida das persoas con  .Un ano máis, en   renovamos a colaboració...
13/10/2026

🤝 Sumamos alianzas para axudar a mellorar a calidade de vida das persoas con .

Un ano máis, en renovamos a colaboración coa oficina de CaixaBank de Frei Rosendo Salvado, en Santiago de Compostela, que co seu apoio solidario contribúe ao noso traballo en favor das persoas con e das súas familias 💙

Grazas a Amparo Rodríguez e a todo o equipo da oficina pola súa confianza e compromiso co movemento asociativo galego.

Grazas por seguir ao noso lado!

🔗 https://esclerosismultiplegalicia.org/2026/10/13/fegadem-renova-a-colaboracion-con-caixabank-para-apoiar-as-persoas-con-esclerose-multiple/

Aquí podes ler a nova sobre a presentación de Máis aló do visible, de man de El Correo Gallego 👇
08/10/2026

Aquí podes ler a nova sobre a presentación de Máis aló do visible, de man de El Correo Gallego 👇

El Hospital Clínico acoge hasta el 16 de octubre la exposición fotográfica con la que la Federación Galega de Esclerose Múltiple busca concienciar sobre una enfermedad que se diagnostica a los 32 años de media, mayoritariamente en mujeres

Dirección

Centro Cadoiro/Rúa República Checa, 52
Santiago De Compostela
15707

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 14:00
Martes 08:30 - 14:00
Miércoles 08:30 - 12:30
17:00 - 20:00
Jueves 08:30 - 14:00
Viernes 08:30 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fegadem publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos