Proxecto Ríos

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Proxecto Ríos O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos.

Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade. Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, e unha vez recibidas na sede do Proxecto, elabóranse informes anuais cos datos subministrados por todos os/as participantes nas distintas campañas.

🌿 Formación en custodia fluvial e identificación de macroinvertebrados en Ponteareas🧐O pasado sábado 3 de outubro celebr...
10/10/2026

🌿 Formación en custodia fluvial e identificación de macroinvertebrados en Ponteareas

🧐O pasado sábado 3 de outubro celebramos no Centro Cultural Cotarel, en Arnoso (Ponteareas), un curso de formación da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil.

A xornada dividiuse en dúas partes. Nunha primeira sesión teórica, abordamos as posibilidades que ofrece a custodia fluvial en Galiza. A continuación, desenvolvemos unha sesión teórico-práctica centrada na metodoloxía de recollida de mostras e na identificación das diferentes familias de macroinvertebrados acuáticos, fundamentais para coñecer o estado ecolóxico dos nosos ríos. 💧🔬

💙Contamos cunha ampla participación de persoas da contorna e doutros puntos de Galiza. Ademais, houbo tempo para compartir coñecementos e debater sobre outras cuestións de interese, como as especies exóticas invasoras e as aves.

🔴 Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A.

🌿Onte realizamos unha saída co alumnado do Grao en Mestre/a de Educación Infantil e do Dobre Grao en Mestre/a de Educaci...
09/10/2026

🌿Onte realizamos unha saída co alumnado do Grao en Mestre/a de Educación Infantil e do Dobre Grao en Mestre/a de Educación Infantil e Primaria da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo.

💧Achegámonos ao río Rato para descubrir as posibilidades didácticas e pedagóxicas que ofrecen os cursos fluviais nos diferentes niveis educativos.

🔎 A través da mostraxe de macroinvertebrados e da observación do bosque de ribeira, exploramos diferentes propostas e recursos para traballar co alumnado e achegar a natureza ás aulas dunha maneira práctica, vivencial e participativa.

🔴 Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A.

🌊 20 anos mollándonos polos ríos! 💧Rematada a XIX Limpeza Simultánea de Ríos, queremos seguir lembrando e agradecendo a ...
07/10/2026

🌊 20 anos mollándonos polos ríos! 💧

Rematada a XIX Limpeza Simultánea de Ríos, queremos seguir lembrando e agradecendo a todas as persoas voluntarias que, ao longo destes 20 anos, dedicaron o seu tempo e esforzo ao coidado dos nosos ríos. 🌿🌊

💙 Grazas por unirvos a corrente do Proxecto Ríos!

🔴Actividade financiada pola Deputación da Coruña

💧Ata aquí chegou a XIX Limpeza Simultánea de Ríos, cun gran resultado: 933 persoas voluntarias e 13 toneladas de lixo re...
06/10/2026

💧Ata aquí chegou a XIX Limpeza Simultánea de Ríos, cun gran resultado: 933 persoas voluntarias e 13 toneladas de lixo retiradas dos ríos galegos!

Atopamos de todo: plásticos, toalliñas húmidas, pneumáticos, vidro, latas, pilas, restos de madeira e mobles, ferralla, electrodomésticos xiringas, entullos, roupa... Moito deste material está ciscado en vertedoiros incontrolados.

Desde o Proxecto Ríos queremos facer un agradecemento a todas as participantes desta gran xornada de voluntariado ambiental. Tamén queremos chamar a atención das administracións para o coidado dos nosos ecosistemas fluviais.

💙O principal obxectivo dunha xornada coma esta é axudar a concienciar a sociedade sobre a importancia dunha boa xestión dos nosos residuos, mais o voluntariado ambiental non debe nin pode suplir o traballo da administración.

Vémonos o ano que vén?😊

🔴 Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. e pola Deputación da Coruña

Toda a info, na web de ProxectoRíos e adega.gal

💪🏼 Máis de 700 persoas recollen 10 toneladas de lixo dos nosos ríos! 🌊💚Un ano máis, mollámonos polos ríos! 💦A XIX Limpez...
04/10/2026

💪🏼 Máis de 700 persoas recollen 10 toneladas de lixo dos nosos ríos! 🌊💚

Un ano máis, mollámonos polos ríos! 💦

A XIX Limpeza Simultánea de Ríos, organizada por ADEGA a través do Proxecto Ríos, mobilizou este sábado 3 e domingo 4 de outubro a 717 persoas en 49 concellos de toda Galiza. 🌿

Grandes e pequenos grupos, rapazada, persoas adultas, entidades, asociacións, fundacións e centros de ensino… 76 entidades uníronse para coidar dos nosos ríos e retirar do seu contorno aquilo que nunca debería ter chegado a eles. 🧤🗑️

👉🏼 O resultado? Máis de 10 toneladas de lixo recollidas, segundo os primeiros datos analizados.

Pero esta limpeza é moito máis ca retirar residuos: é concienciar, participar e lembrar que a conservación dos nosos ríos é responsabilidade de todas e todos. 💚

🌊 Grazas a todas as persoas e entidades que vos mollastes polos ríos!

🔴 Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. e pola Deputación da Coruña

🌊 20 anos mollándonos polos ríos! 💧Xa está aquí! 🙌 Esta fin de semana celebramos a XIX Limpeza Simultánea de Ríos. 🥾🌿Moi...
02/10/2026

🌊 20 anos mollándonos polos ríos! 💧

Xa está aquí! 🙌 Esta fin de semana celebramos a XIX Limpeza Simultánea de Ríos. 🥾🌿

Moitas grazas a todas as persoas voluntarias que un ano máis vos calzades as botas, e vos mollades para coidar e defender os nosos ríos. 💙

🌊 Móllate polos ríos!

🔴 Actividade financiada pola Deputación da Coruña

🌊👕 Xa están aquí as camisolas da XIX Limpeza Simultánea de Ríos! 💙Grazas a todas as persoas que participades nesta edici...
01/10/2026

🌊👕 Xa están aquí as camisolas da XIX Limpeza Simultánea de Ríos! 💙

Grazas a todas as persoas que participades nesta edición e que, un ano máis, vos mollades polos ríos! 💦

🙌 Entre todas e todos seguimos coidando e defendendo os nosos ríos!

Móllate polos ríos! 🌊

🔴Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. e pola Deputación da Coruña

💙O pasado martes día 29 de setembro, instalamos a exposición dos 20 Anos do Proxecto Ríos no IES Pedra da Aguia de Camar...
01/10/2026

💙O pasado martes día 29 de setembro, instalamos a exposición dos 20 Anos do Proxecto Ríos no IES Pedra da Aguia de Camariñas, centro que se une a corrente do proxecto Ríos.

🧐O alumnado poderá coñecer máis de cerca as actividades do programa. Estará durante dúas semanas no colexio.

🏸Ao finalizar faremos unha saída ao río para amosar a metodoloxía de inspección do Proxecto Ríos.

🔴Actvidade financaiada pola Deputación da Coruña

🌊💧 Esta fin de semana, as delegacións de ADEGA teñen unha manchea de limpezas de ríos!Aquí vos mostramos as que están or...
29/09/2026

🌊💧 Esta fin de semana, as delegacións de ADEGA teñen unha manchea de limpezas de ríos!

Aquí vos mostramos as que están organizadas polas delegacións, pero hai moitas máis! 🙌

🔎 Podedes consultar todas as actividades dispoñibles na web do Proxecto Ríos e unirvos á que máis vos interese.

💙 Móllate polos ríos! 🌿🐟

🔴 Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. e pola Deputación da Coruña.

👉🏼Baixo o lema ' Móllate polos Ríos ' ADEGA e o Proxecto Ríos convocan á sociedade a participar nunha xornada de volunta...
29/09/2026

👉🏼Baixo o lema ' Móllate polos Ríos ' ADEGA e o Proxecto Ríos convocan á sociedade a participar nunha xornada de voluntariado para a retirada de lixo dos cursos fluviais galegos.

📝Será o domingo 4 de outubro de 2026

💧Esta actividade busca concienciar a sociedade sobre a importancia de manter os nosos ríos libres de lixo, unha condición imprescindible para garantir a súa saúde e preservar a súa biodiversidade.

Para participar podes unirte a un dos grupos xa formados que estea próximo a oteu concello.
Podes consultar o listado na web do Proxecto Ríos, onde aparecen os contactos para poder anotarvos:.

Anímate a participar!!💪🏼

🔴Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. pola Deputación da Coruña

Deseño Magenta Publicidad

Dirección

Avenida Castelao 20 Baixo
Santiago De Compostela
15704

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Proxecto Ríos publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Proxecto Ríos:

Atajos

Compartir