Federación Autismo Galicia

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Federación Autismo Galicia Federación de entidades galegas dedicadas ás persoas con trastornos do espectro do autismo. linktr.ee/autismogalicia

La Federación Autismo Galicia es una entidad autonómica sin ánimo de lucro, constituida en 1995 y declarada de utilidad pública, que agrupa las asociaciones y entidades gallegas que trabajan específicamente con personas con Trastorno del Espectro del Autismo (TEA) y sus familias.

🏥 Cara a unha atención sanitaria máis accesible e adaptada ás persoas autistas⌚ Unha espera longa, un espazo descoñecido...
04/11/2026

🏥 Cara a unha atención sanitaria máis accesible e adaptada ás persoas autistas

⌚ Unha espera longa, un espazo descoñecido ou demasiados estímulos poden xerar ansiedade nunha consulta médica.

🔛 Para avanzar cara a unha atención máis accesible e adaptada, en 2026 traballamos coas áreas sanitarias de Santiago, Vigo, Ferrol e Ourense:

✅ Máis de 70 profesionais sanitarios formados.
✅ Revisión de procesos asistenciais para reducir barreiras.
✅ Colaboración coas entidades federadas de cada territorio.

🙌 Pequenos cambios poden marcar unha gran diferenza na experiencia sanitaria das persoas autistas e das súas familias.

🔗 Le a noticia completa na nosa web ➡ https://www.autismogalicia.org/index.php?PHPSESSID=je5405b46v17gk5hijf9taulc2&V_dir=MSC&V_mod=shownews&idn=4967&V_idmod=62&id=4967&newlang=galician

🎉 Medio século de traballo polas persoas con autismo.A Fundación Menela celebra os seus 50 anos baixo o lema «Fixose Fac...
03/11/2026

🎉 Medio século de traballo polas persoas con autismo.

A Fundación Menela celebra os seus 50 anos baixo o lema «Fixose Facéndose», e dende Autismo Galicia quixemos acompañala:

🖼️ Na inauguración da exposición conmemorativa na Sede Afundación Vigo, que percorre cinco décadas de historia e que se pode visitar ata o 21 de novembro.
🍽️ Na Cea Solidaria na Casona da Torre, cuxa recadación irá destinada a renovar o parque infantil do Colexio Menela.

Parabéns a toda a Fundación Menela, ás súas familias e profesionais, e grazas polo camiño feito. Seguimos xuntos polos dereitos das persoas con autismo. 💙

👉 Máis información na nosa web: https://www.autismogalicia.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=shownews&idn=4971&V_idmod=62&newlang=galician

03/11/2026

🏫 A inclusión educativa non consiste só en estar.

🎯 Reforzar os recursos humanos, a formación docente, a orientación especializada e os axustes razoables en todas as etapas, incluídas a formación profesional, a universidade e a aprendizaxe permanente, son requisitos crave para unha educación de calidade.

📢 Desde Autismo España e as entidades federadas pedimos que se garanta unha rede suficiente e flexible de modalidades e apoios, con transicións planificadas e participación do alumnado e as familias nas decisións.

🔛 Ademais da implantación de medidas para previr o acoso, o absentismo e o abandono escolar, con protocolos específicos, accesibilidade cognitiva e sistemas de seguimento.

🔗 Consulta todas as medidas que propoñemos en ➡ https://autismo.org.es/actua.../noticias/ley-de-autismo-29n/

02/11/2026

🥼 Diagnosticar a tempo cambia vidas.

📜 Ningunha familia debería enfrontarse a listaxes de agarda interminables cando existen sinais de autismo.

📢 Pedimos que se garanta unha detección precoz homoxénea en todo o país, atención temperá pública e gratuíta, e coordinación entre os sistemas sanitario, educativo e social.

⚖ Aprobar un marco estatal de mínimos para a detección e o diagnóstico nos ámbitos sanitario, educativo e social.

🏥 Establecer circuítos de derivación, prazos máximos de valoración e intervención e plans de transición cando finalice a etapa de atención temperá.

📲 Autismo España e a súa rede de entidades propoñen 🔟 medidas. Podes consultalas aquí ⏩ https://autismo.org.es/actua.../noticias/ley-de-autismo-29n/

📢 Unímonos a Autismo España para reclamar unha Lei de Autismo que garanta os dereitos e apoios das persoas autistas. 🗳️ ...
02/11/2026

📢 Unímonos a Autismo España para reclamar unha Lei de Autismo que garanta os dereitos e apoios das persoas autistas.

🗳️ Ante as eleccións xerais do 29-N, pedimos ás formacións políticas que incorporen aos seus programas electorais as principais demandas do movemento asociativo do autismo.

📢 Baixo o lema “As persoas autistas contan”, imos presentar 🔟 propostas para un país máis accesible e inclusivo coas persoas con autismo.

🔄 Comparte os vídeos e únete á campaña ➡️ https://autismo.org.es/que-hacemos/incidencia-politica/demandas-politicas-autismo/

Exigimos la defensa de los derechos de las personas con autismo en los programas políticos de las próximas elecciones.

👻 Cada quen ten os seus medos… e os seus propios trucos para espantalos! 🪄🏚 Unha casa encantada, unha máscara terrorífic...
30/10/2026

👻 Cada quen ten os seus medos… e os seus propios trucos para espantalos! 🪄

🏚 Unha casa encantada, unha máscara terrorífica 🎭, un ruído inesperado 🗯️ ou unha festa chea de xente…O que para algunhas persoas é diversión, para outras
pode ser todo un reto.

🎃 Neste Samaín, lembremos que non todas as persoas vivimos as cousas da mesma maneira. Respectar os ritmos, anticipar o que vai pasar e comprender as necesidades de cada quen tamén é unha forma de acompañar 🙌

😱 Que este Samaín dea moito medo… pero que non falten a comprensión, os apoios e as ganas de pasalo ben! 🔝

🧡 Feliz Samaín! 🧡



29/10/2026

🔛 Campaña para concienciar sobre acoso escolar ao alumnado con autismo | SÉ UN FARO

💬 Cando o alumnado con autismo conta o que lle pasa, adóitao facer antes á familia que ás súas amizades, polo que son as primeiras persoas que poden dar a voz de alarma 🗣

✍ Neste segundo artigo da campaña, elaboramos un texto que pretender servir de guía práctica para que as familias saiban como actuar cando creen que unha persoa con autismo está a vivir una situación de acoso escolar.

📲 Neste reel resumimos os catro pasos principais neste proceso de comunicación da situación.

🤔 Queres saber máis? Atopa máis info sobre o proceso no artigo publicado na nosa web ⏩ https://acortar.link/PxRnEX

🏥 Máis accesibilidade e mellor atención sanitaria para as persoas autistas en Ferrol!🤝 A Federación Autismo Galicia e As...
29/10/2026

🏥 Máis accesibilidade e mellor atención sanitaria para as persoas autistas en Ferrol!

🤝 A Federación Autismo Galicia e Aspanaes participaron nunha xornada formativa no Hospital Naval de Ferrol, organizada xunto coa Área Sanitaria de Ferrol, para achegar aos profesionais sanitarios ferramentas e estratexias de apoio ás persoas con autismo.

🗣 Falamos de comunicación, anticipación, accesibilidade cognitiva e sensorial, atención adaptada e acompañamento ás familias.

🖼️ A xornada tamén serviu para presentar "Pictosaúde", un sistema de pictogramas que facilita a comprensión dos procesos sanitarios e axuda a anticipar probas, coidados e sensacións.

🔛 Seguimos traballando para conseguir unha atención sanitaria máis comprensible, accesible e adaptada ás necesidades de cada persoa.

🔗 Le a noticia completa na nosa web ⏩ https://www.autismogalicia.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=shownews&idn=4960&V_idmod=62&id=4960

⚖ As persoas autistas contan e os seus dereitos deben estar entre as prioridades da próxima lexislatura. 🗳 Ante as elecc...
28/10/2026

⚖ As persoas autistas contan e os seus dereitos deben estar entre as prioridades da próxima lexislatura.

🗳 Ante as eleccións xerais do 29 de novembro, desde o movemento asociativo do autismo reclamamos ás formacións políticas o compromiso de impulsar unha Lei de autismo que garanta os dereitos, a igualdade de oportunidades e o acceso a apoios especializados durante todo o ciclo vital.

📢 Esta reivindicación articúlase ao redor de 🔟 ámbitos prioritarios de actuación, que inclúen a detección precoz e a atención temperá, a educación, a saúde, o emprego, a vida independente, o acceso á xustiza e o financiamento dos servizos.

🔛 Desde Autismo España trasladamos estas necesidades aos diferentes partidos con representación parlamentaria, para que as incorporen aos programas electorais e tradúzanse en medidas concretas, coordinadas e dotadas de recursos suficientes.

🔗 Entra no blog de Autismo España para coñecer en profundidade as propostas ➡ https://autismo.org.es/actualidad/noticias/ley-de-autismo-29n

Las personas autistas cuentan. Y sus derechos deben estar entre las prioridades de la próxima legislatura.

Ante las elecciones generales del , desde el movimiento asociativo del reclamamos a las formaciones políticas el compromiso de impulsar una Ley de autismo que garantice los derechos, la igualdad de oportunidades y el acceso a apoyos especializados durante todo el ciclo vital.

Esta reivindicación se articula en torno a 10 ámbitos prioritarios de actuación, que incluyen la detección precoz y la atención temprana, la educación, la salud, el empleo, la vida independiente, el acceso a la justicia y la financiación de los servicios.

Desde Autismo España hemos trasladado estas necesidades a los diferentes partidos con representación parlamentaria, para que las incorporen a los programas electorales y se traduzcan en medidas concretas, coordinadas y dotadas de recursos suficientes.

Entra en nuestro blog para conocer en profundidad nuestras propuestas 👉 https://autismo.org.es/actualidad/noticias/ley-de-autismo-29n/

27/10/2026

🗣 A responsable de Área de Programas de Autismo Galicia, Cristina Couto, participa na campaña "Voces que contan" da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia.

🏥 Neste vídeo abórdase a importancia da detección temperá do autismo.

Dirección

Avd. Rodríguez De Viguri, 35
Santiago De Compostela
15703

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Federación Autismo Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Federación Autismo Galicia:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos