Cogami Empresarial

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Cogami Empresarial Esta é a páxina oficial de facebook de Galega de Economía Social.

O talento tamén se atopa nas aulas universitarias! 🎓COGAMI participou nas feiras de emprego IMPULSA-T e FESTALENT, organ...
02/11/2026

O talento tamén se atopa nas aulas universitarias! 🎓

COGAMI participou nas feiras de emprego IMPULSA-T e FESTALENT, organizadas pola Universidade da Coruña, para presentar a diversidade de perfís profesionais que forman parte da Organización e achegarse a persoas interesadas en incorporarse aos seus equipos.

A boa acollida nos dous encontros permitiunos compartir información sobre as oportunidades laborais en ámbitos tan diversos como as artes gráficas, o medio ambiente, a alimentación, o téxtil, o transporte, a docencia ou os servizos sociosanitarios.

A participación en FESTALENT contou, ademais, cunha sorpresa doce da man de Hornos de Lamastelle. 🍰

Máis detalles na noticia:

A entidade estivo presente en IMPULSA-T, na Coruña, e en FESTALENT, en Ferrol, para dar a coñecer os seus ámbitos de actividade e achegarse a persoas interesadas en incorporarse ao seu equipo.

🌍 Hornos de Lamastelle participa en  2026!A empresa de COGAMI Empresarial está presente neste encontro internacional org...
27/10/2026

🌍 Hornos de Lamastelle participa en 2026!

A empresa de COGAMI Empresarial está presente neste encontro internacional organizado pola Cámara de Comercio da Coruña, que conecta empresas galegas con importadores doutros países.

Unha oportunidade para dar a coñecer os seus produtos de panadería e pastelaría, establecer novos contactos comerciais e explorar posibilidades de expansión a outros mercados.

👉 Máis información: https://www.cogami.gal/difusion/sala-de-prensa/novas-cogami-empresarial/hornos-de-lamastelle-participa-en-exporpymes-2026-para-dar-a-conecer-os-seus-produtos-en-n/

🎯 Un CV, unha volta á ruleta e un agasallo sorpresa! 🎁Onte, na feira de emprego IMPULSA-T da Universidade da Coruña, en ...
23/10/2026

🎯 Un CV, unha volta á ruleta e un agasallo sorpresa! 🎁

Onte, na feira de emprego IMPULSA-T da Universidade da Coruña, en Elviña, recibimos as persoas participantes cunha proposta para coñecer COGAMI dunha forma diferente. 💜

E isto non remata aquí! O vindeiro 29 de outubro estaremos en FESTALENT, en Ferrol. Se buscas novas oportunidades profesionais, achégate ao noso posto, coñécenos e trae o teu CV. 😉

📍 Pavillón Municipal de Esteiro
🕙 De 10:00 a 14:00 h e de 15:00 a 18:00 h

Agardámoste!

💼 En COGAMI hai diferentes camiños para desenvolver unha carreira profesional.COGAMI participa hoxe na feira de emprego ...
22/10/2026

💼 En COGAMI hai diferentes camiños para desenvolver unha carreira profesional.

COGAMI participa hoxe na feira de emprego Impulsa-T, na Universidade da Coruña, e estará o vindeiro 29 de outubro en FESTALENT, en Ferrol, para dar a coñecer a organización e contactar con persoas interesadas en formar parte do seu equipo.

As áreas profesionais de interese son diversas: artes gráficas, medio ambiente, alimentación, téxtil, transporte, docencia, orientación laboral e ámbitos sociosanitario e sanitario, entre outros.

🔗 Coñece máis sobre a nosa participación:

A entidade estará presente en IMPULSA-T, en A Coruña, e en FESTALENT, en Ferrol, co obxectivo de dar a coñecer as oportunidades profesionais que ofrece e contactar con persoas interesadas en desenvolver a súa carreira na Organización.

💻 Como optimizar os procesos de xestión laboral a través da dixitalización?Naiara Goicoechea, directora do Departamento ...
21/10/2026

💻 Como optimizar os procesos de xestión laboral a través da dixitalización?

Naiara Goicoechea, directora do Departamento Laboral de COGAMI Empresarial e adxunta á Dirección Xeral, compartiu a experiencia da Organización na nova edición de Transforma HR, o foro de Recursos Humanos organizado por Landín Informática e Factorial.

Durante o encontro, explicou como ferramentas como a3innuva e Factorial poden contribuír a mellorar os procesos de administración laboral e achegou a realidade de COGAMI no seu conxunto.

👉 Le a noticia completa: https://www.cogami.gal/difusion/sala-de-prensa/novas-cogami-empresarial/naiara-goicoechea-comparte-a-experiencia-de-cogami-empresarial-na-dixitalizacion-dos-proce/

♻️ Darlle unha segunda vida aos residuos é avanzar cara a unha economía máis circular.Durante o seu primeiro ano de serv...
20/10/2026

♻️ Darlle unha segunda vida aos residuos é avanzar cara a unha economía máis circular.

Durante o seu primeiro ano de servizo para a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, xestionou máis de 3.021 toneladas de residuos voluminosos, das que o 59,16 % eran valorizables.

🌱 A recuperación de materiais como a madeira, os metais, os plásticos e os aparellos eléctricos e electrónicos contribúe a aproveitar mellor os recursos e reducir o impacto ambiental.

👉 Consulta todos os detalles da actividade e dos resultados acadados:
https://www.cogami.gal/difusion/sala-de-prensa/novas-cogami-empresarial/coregal-valoriza-preto-do-60-dos-residuos-voluminosos-que-xestiona-na-comarca-de-ferrol/

🌍 Como inflúe o novo escenario xeopolítico internacional na economía social?Representantes de COGAMI Empresarial asistir...
16/10/2026

🌍 Como inflúe o novo escenario xeopolítico internacional na economía social?

Representantes de COGAMI Empresarial asistiron á VI edición dos Cafés con Aroma a Economía Social, organizada polo Foroesgal en Santiago de Compostela, unha xornada para reflexionar sobre os retos do contexto internacional e as súas implicacións para o noso sector.

Coñece os detalles do encontro na nosa web 👇

A xornada, organizada polo ForoESGal en Santiago de Compostela, centrouse na análise do escenario xeopolítico internacional e nas súas implicacións para a economía social.

14/10/2026

💼 O talento non entende de prexuízos. As oportunidades tampouco deberían.

Ter un emprego é moito máis ca traballar: é unha vía para desenvolver capacidades, gañar autonomía e formar parte activa da sociedade.

No marco do 20º aniversario da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, lembramos que o acceso ao emprego segue a enfrontarse a barreiras e estereotipos que é necesario superar.

🗣️ A través do testemuño de Ruth, reivindicamos a importancia de ofrecer oportunidades laborais ás persoas con discapacidade e avanzar cara a un mercado de traballo máis inclusivo, no que as capacidades, a formación e a experiencia estean por riba dos prexuízos.

Porque a inclusión laboral constrúese con oportunidades reais.

💙 Mirando ao futuro, co compromiso de seguir creando oportunidades.En COGAMI Empresarial seguimos traballando para xerar...
09/10/2026

💙 Mirando ao futuro, co compromiso de seguir creando oportunidades.

En COGAMI Empresarial seguimos traballando para xerar emprego, impulsar a inclusión laboral das persoas con discapacidade e contribuír a unha sociedade máis inclusiva e sostible.

Un compromiso que nos impulsa a avanzar, innovar e construír novas oportunidades a través da economía social. 🌱

👉 Coñece máis sobre o noso compromiso de futuro:

Tras tres décadas de traxectoria e un ano marcado polo crecemento, a innovación e a sostibilidade, COGAMI Empresarial afronta o futuro coa mesma convicción que inspirou o seu nacemento: crear oportunidades de emprego para as persoas con discapacidade a través de empresas competitivas, responsabl...

En COGAMI Empresarial entendemos que facer empresa e xerar impacto social poden ir da man.As nosas empresas continúan me...
01/10/2026

En COGAMI Empresarial entendemos que facer empresa e xerar impacto social poden ir da man.
As nosas empresas continúan medrando e competindo en sectores moi diversos, ao tempo que impulsan a innovación, a sostibilidade e, sobre todo, a creación de oportunidades para as persoas con discapacidade.
Porque a Economía Social non consiste só en crear emprego: consiste en xerar valor para as persoas e para o conxunto da sociedade, reinvestindo ese valor para seguir avanzando.
👉 Coñece como COGAMI Empresarial fai da economía social unha ferramenta para transformar a realidade:

COGAMI Empresarial demostra cada día que a rendibilidade económica e o compromiso social poden avanzar da man. A través dun modelo empresarial baseado na Economía Social, o grupo crea emprego, impulsa a innovación, promove a sostibilidade e contribúe ao desenvolvemento económico de Galicia.

Dirección

Rúa República Checa, Nº17 Parque Empresarial Costa Vella
Santiago De Compostela
15707

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Cogami Empresarial publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Cogami Empresarial:

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos