Asociación ASPAS

Cómo llegar Página web

Asociación ASPAS 🙋‍♀️Somos unha asociación que nace co fin de traballar pola mellora da vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias🍀

𝐎 𝐍𝐚𝐝𝐚𝐥 𝐱𝐚 𝐬𝐞 𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐩𝐫𝐞𝐩𝐚𝐫𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐞𝐧 𝐀𝐒𝐏𝐀𝐒!Nos Obradoiros de Abalorios Aspas e cestería xa se respira ambiente de Nadal! est...
05/11/2026

𝐎 𝐍𝐚𝐝𝐚𝐥 𝐱𝐚 𝐬𝐞 𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐩𝐫𝐞𝐩𝐚𝐫𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐞𝐧 𝐀𝐒𝐏𝐀𝐒!

Nos Obradoiros de Abalorios Aspas e cestería xa se respira ambiente de Nadal! están a traballar con moita ilusión na elaboración de diferentes centros de mesa e cestos de agasallo para estas festas.
Entre as propostas deste ano podemos atopar orixinais centros de mesa con velas e decoración do Nadal, cestos con bombóns, turróns e doces, así como pequenos detalles pensados para sorprender aos máis pequenos.
Cada creación prepárase con mimo, creatividade e dedicación, coidando os detalles para ofrecer agasallos especiais que levan detrás moito traballo e ilusión.
Son unha opción perfecta para decorar os nosos fogares, sorprender a familiares e amizades ou ter un detalle especial nestas datas. Ademais, con cada compra contribuímos a dar visibilidade e poñer en valor o traballo que realizan as persoas con discapacidade intelectual no noso Centro Ocupacional.

🎁 𝐐𝐮𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐟𝐚𝐜𝐞𝐫 𝐮𝐧 𝐞𝐧𝐜𝐚𝐫𝐠𝐨?
Podes consultar os diferentes modelos e realizar os teus pedidos:
A través das redes sociais de Abalorios Aspas.
Chamando ao teléfono 981 58 20 50 ou 682 73 50 88
Directamente na Asociación ASPAS, en San Marcos (Santiago de Compostela).
𝐄𝐬𝐭𝐞 𝐍𝐚𝐝𝐚𝐥, 𝐚𝐠𝐚𝐬𝐚𝐥𝐥𝐚 𝐚𝐥𝐠𝐨 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐮𝐧 𝐝𝐞𝐭𝐚𝐥𝐥𝐞: 𝐚𝐠𝐚𝐬𝐚𝐥𝐥𝐚 𝐜𝐫𝐞𝐚𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞, 𝐢𝐥𝐮𝐬𝐢𝐨𝐧 𝐞 𝐢𝐧𝐜𝐥𝐮𝐬𝐢𝐨𝐧! ❤️

🦷 𝐓𝐚𝐥𝐥𝐞𝐫 𝐝𝐞 𝐬𝐚𝐮𝐝𝐞 𝐛𝐮𝐜𝐨𝐝𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 Durante o mes de setembro realizamos un taller de saúde e hixiene bucodental dirixido ás pe...
03/11/2026

🦷 𝐓𝐚𝐥𝐥𝐞𝐫 𝐝𝐞 𝐬𝐚𝐮𝐝𝐞 𝐛𝐮𝐜𝐨𝐝𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥
Durante o mes de setembro realizamos un taller de saúde e hixiene bucodental dirixido ás persoas usuarias dos nosos centros, co obxectivo de reforzar os bos hábitos no coidado da boca e dos dentes.
formación foi impartida por 𝐃𝐢𝐚𝐧𝐚 𝐕𝐢𝐝𝐚𝐥, 𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐥𝐞𝐱𝐢𝐨 𝐝𝐞 𝐇𝐢𝐱𝐢𝐞𝐧𝐢𝐬𝐭𝐚𝐬 𝐃𝐞𝐧𝐭𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚, entidade que colaborou con nós de maneira totalmente gratuíta, achegando os seus coñecementos e experiencia para ofrecernos pautas e recomendacións prácticas sobre unha correcta hixiene bucodental.
Como continuidade desta actividade, no 𝐦𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨 dedicamos a reunión mensual do grupo de familias a este mesmo tema, convidando tamén ao resto das familias que quixeran participar. Nesta sesión trasladáronse ás familias os principais contidos traballados previamente coas persoas usuarias, para que tamén puidesen coñecelos e reforzalos desde a casa.

Unha iniciativa moi útil para traballar de maneira coordinada entre persoas usuarias, profesionais e familias na promoción de hábitos saudables.

02/11/2026

👓💜 Novembro trae de volta unha colaboración moi especial a ! Este mes, Óptica Val | Centros ópticos y auditivos volve abrir as súas portas á Asociación ASPAS -Santiago de Compostela- para seguir construíndo unha Compostela máis inclusiva, onde todas as persoas teñan o seu espazo e as mesmas oportunidades.

✨ Óptica Val, con máis de 40 anos de experiencia e presenza en Santiago, O Grove, Ourense, Portonovo e Sanxenxo, son especialistas no coidado da saúde visual e auditiva, así como en combinar innovación, moda e compromiso social.

💪 ASPAS, pola súa banda, traballa cada día para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, ofrecendo apoios personalizados, talleres ocupacionais, programas de emprego e actividades que favorecen a integración social.

📍 Durante todo o mes, animámosvos a achegarvos a Óptica Val, na Praza Roxa, para coñecer de primeira man o labor de ASPAS, participar nas actividades programadas, achegarvos á realidade das persoas ás que acompañan e colaborar coa asociación mercando produtos solidarios.

💜 Unha oportunidade para mirar máis alá, coñecer outras realidades e descubrir que a inclusión tamén se constrúe desde os pequenos xestos e os espazos cotiáns.

👁️ Porque cando miramos coa mirada da inclusión… todo se ve mellor.

ℹ️ Unha campaña de Comercio Santiago e Concello de Santiago.

OS AUTOXESTORES PARTICIPAN NO ENCONTRO AUTONÓMICO O pasado venres, 30 de outubro, o grupo de persoas autoxestoras de ASP...
02/11/2026

OS AUTOXESTORES PARTICIPAN NO ENCONTRO AUTONÓMICO

O pasado venres, 30 de outubro, o grupo de persoas autoxestoras de ASPAS participou no 24º Encontro Autonómico de Persoas Autoxestoras, organizado por Fademga Plena inclusión Galicia en Montouto.
Baixo o lema «O futuro é hoxe: decidindo a nosa vida», a xornada reuniu a 121 persoas de 13 entidades galegas para compartir experiencias, intercambiar opinións e reflexionar sobre o dereito das persoas con discapacidade intelectual a tomar as súas propias decisións.
Ao longo do encontro abordáronse temas como a participación, o envellecemento, a resolución de conflitos, as redes sociais e o lecer inclusivo.
Ademais, o noso compañeiro Javier Riobó, psicólogo de ASPAS, formou parte do programa dedicado ao envellecemento e aos apoios necesarios para construír o futuro que cada persoa desexa.
👏 Unha xornada para aprender, compartir e seguir reivindicando que todas as persoas teñen voz e dereito a decidir sobre a súa propia vida!

31/10/2026

🎃👻 Celebramos Halloween en ASPAS! 👻🎃

Pasamos unha tarde terrorificamente divertida celebrando Halloween cun obradoiro moi especial de pintura de máscaras e cabazas. 🎨🎭🎃

Creatividade, cor, risas e moitas ganas de pasalo ben nunha xornada diferente que compartimos todos xuntos. 🧡

Encántanos crear momentos así, nos que cada persoa pode participar, expresarse e g***r ao seu xeito.

Diversión

🌿 𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐏𝐀𝐔𝐒𝐀 𝐄𝐍 𝐕𝐄𝐑𝐃𝐄 🌿Un grupo de persoas da Residencia Juan Vidán Torres participou na actividade “Pausa en verde”, or...
28/10/2026

🌿 𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐏𝐀𝐔𝐒𝐀 𝐄𝐍 𝐕𝐄𝐑𝐃𝐄 🌿
Un grupo de persoas da Residencia Juan Vidán Torres participou na actividade “Pausa en verde”, organizada por Fademga Plena inclusión Galicia no Parque da Lagoa, na Cidade da Cultura de Santiago.
Unha experiencia diferente na que puideron deixar a un lado as présas e g***r dun tempo de calma, contacto coa natureza e benestar. 🍃
Durante a actividade, guiada por 𝐌𝐚𝐫𝐠𝐚 𝐂𝐡𝐚𝐨, guía certificada de baños de bosque, realizaron un percorrido tranquilo no que prestaron atención ao que vían, escoitaban e sentían ao seu redor.
🌳 Unha oportunidade para parar, respirar, conectar co presente e descubrir que a natureza tamén pode ser un espazo para coidarnos e sentirnos mellor.

🗺️ Cartografía Moza: aprendendo a orientarnos pola cidade! 🧭Estamos participando na actividade de Cartografía Moza, orga...
27/10/2026

🗺️ Cartografía Moza: aprendendo a orientarnos pola cidade! 🧭

Estamos participando na actividade de Cartografía Moza, organizada polo 𝘾𝙀𝙉𝙏𝙍𝙊 𝙓𝙊𝙑𝙀 da Almáciga, na que tivemos a oportunidade de traballar a orientación, aprender a interpretar mapas e descubrir como utilizar unha brúxula.

Unha experiencia práctica e divertida para desenvolver habilidades de orientación, gañar autonomía e aprender a desprazarnos pola cidade con máis confianza. 🚶‍♀️📍

🏊‍♀️💙 Campionato Autonómico de Natación en A Coruña 💦Esta  fin de semana participamos no Campionato Autonómico de Nataci...
26/10/2026

🏊‍♀️💙 Campionato Autonómico de Natación en A Coruña 💦

Esta fin de semana participamos no Campionato Autonómico de Natación de Special Olympics Galicia, celebrado na Coruña. 🏅

Unha xornada de moito deporte, esforzo e diversión.

👏 Parabéns a todos e todas as deportistas polo seu traballo e sua participación.




DeporteInclusivo DiscapacidadeIntelectual Inclusión DeporteParaTodos

🏀💙 Xogos Autonómicos de Baloncesto Special Olympics Galicia en Lugo 💙🏀A pasada fin de semana tocou desfrutar do balonces...
23/10/2026

🏀💙 Xogos Autonómicos de Baloncesto Special Olympics Galicia en Lugo 💙🏀

A pasada fin de semana tocou desfrutar do baloncesto en Lugo! 🏀✨

Participamos nos Xogos Autonómicos de Baloncesto de Special Olympics Galicia, unha xornada chea de deporte, compañeirismo, esforzo e ilusión. 💪😊

🧠 Seguimos formándonos para ofrecer os mellores apoiosUn grupo de profesionais participou nunha sesión do proxecto AVICE...
22/10/2026

🧠 Seguimos formándonos para ofrecer os mellores apoios

Un grupo de profesionais participou nunha sesión do proxecto AVICENA, promovido por Fademga Plena inclusión Galicia.

Esta iniciativa busca mellorar a atención ás persoas con discapacidade intelectual, especialmente no ámbito da saúde mental, promovendo un uso adecuado da medicación e unha mellor coordinación entre os profesionais de apoio e os servizos sanitarios.

Porque seguir aprendendo, compartindo experiencias e incorporando novas ferramentas tamén é unha forma de mellorar a calidade dos apoios que ofrecemos cada día. 💚

Dirección

Santa Teresa De Jornet Nº 19
Santiago De Compostela
15890

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 18:30
Martes 10:00 - 18:30
Miércoles 10:00 - 18:30
Jueves 10:00 - 18:30
Viernes 10:00 - 18:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación ASPAS publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos