COLEF Galicia

Cómo llegar Página web

COLEF Galicia Colexio Profesional da Educación Física e do Deporte de Galicia

Cada inicio de curso, miles de docentes de Educación Física deciden ir un paso máis aló e converter unha sesión de movem...
02/11/2026

Cada inicio de curso, miles de docentes de Educación Física deciden ir un paso máis aló e converter unha sesión de movemento nunha experiencia educativa con impacto real. A súa implicación en iniciativas como A Volta ao Cole de Fundación Unoentrecienmil demostra que a Educación Física é moito máis que actividade física: é saúde, é ciencia, é compromiso social e é esperanza para nenas e nenos que loitan contra a leucemia.

A Volta ao Cole Unoentrecienmil non é só unha carreira solidaria, é moito máis! Para os miles de colexios de toda España que a organizan cada ano, é unha experiencia educativa e transformadora que une ao alumnado, ao profesorado e ás familias ao redor dunha boa causa. Co pretexto de prepararse para a carreira, alumnos e alumnas aprenden valores esenciais: empatía, solidariedade e compromiso con aqueles nenos e nenas enfermos que están en tratamento e desexando volver ao cole.

Desde o Consejo COLEF e o COLEF Galicia, animamos un ano máis ao persoal docente de Educación Física a inscribir o seu centro educativo na Volta ao Cole 2026 e sumarse a unha acción solidaria que, curso tras curso, está a financiar investigación e transformando vidas.

Máis info👇
https://colefgalicia.com/cando-a-educacion-fisica-convertese-en-motor-de-investigacion-e-solidariedade-a-volta-a-cole-2026/

Nun contexto no que o deporte evoluciona constantemente e as necesidades dos deportistas son cada vez máis diversas, a f...
31/10/2026

Nun contexto no que o deporte evoluciona constantemente e as necesidades dos deportistas son cada vez máis diversas, a formación permanente constitúe unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento dunha práctica profesional responsable, ética e orientada á excelencia. A incorporación de novos coñecementos, habilidades e metodoloxías permite aos profesionais da dirección técnica adaptarse aos retos actuais e mellorar o acompañamento que ofrecen aos deportistas ao longo da súa traxectoria. Con este propósito, FOCO nace como unha proposta formativa flexible, rigorosa e vinculada á realidade cotiá do adestramento a través do liderado e xestión dos deportistas.

Os primeiros contidos de FOCO estarán dispoñibles a partir do martes 20 de outubro, no Centro Virtual do CSED.

+info👇
https://www.csd.gob.es/es/el-csd-lanza-un-programa-de-formacion-continua-sobre-el-liderazgo-de-los-entrenadores

Ourense volve converterse en punto de encontro para as familias coa terceira edición de EXPOFAMILIA, a feira da saúde e ...
30/10/2026

Ourense volve converterse en punto de encontro para as familias coa terceira edición de EXPOFAMILIA, a feira da saúde e o benestar familiar, que se celebrará o sábado 7 e o domingo 8 de novembro no recinto de Expourense. Máis aló das charlas, a feira ofrece unha programación pensada para todas as idades.

O domingo 8 ás 17:00h, Diego Vilas Casal, Xerente do COLEF Galicia participará nunha mesa redonda MÁIS ALÓ DE SER “CAMPIÓNS”.

Porque o deporte non só forma deportistas, tamén forma persoas. O deporte infantil e xuvenil é moito máis que competicións, resultados e medallas. É esforzo, respecto, compañeirismo, superación, igualdade e aprendizaxe.

Os/as colexiados/as que queiran asistir teñen un código de desconto

+ info👇
https://colefgalicia.com/events/expofamilia-ourense-2026/

AVISO INFORMACIÓN SOBRE AS TITULACIÓNSNova convocatoria PROGRAMA COOPERACIÓN 2026.Emprego Galicia concede, cada ano, sub...
29/10/2026

AVISO INFORMACIÓN SOBRE AS TITULACIÓNS
Nova convocatoria PROGRAMA COOPERACIÓN 2026.

Emprego Galicia concede, cada ano, subvencións destinadas a financiar a contratación de persoas desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e social en colaboración coas entidades locais ou coas entidades privadas sen ánimo de lucro con centros de traballo en Galicia.

Tras a recente publicación da convocatoria de Programas de cooperación 2026 da Xunta de Galicia (Emprego Galicia), dende o COLEF Galicia queremos recordar a todas as entidades locais e organismos contratantes a estricta necesidade de contar con persoas cuxa titulación sexa habilitante para o desempeño das súas funcións, en estricto cumprimento da Lei do Deporte de Galicia.

A contratación de persoal cualificado non só garante a legalidade e a seguridade xurídica dos procesos de emprego e intervención deportiva, senón que asegura un servizo de calidade para a cidadanía.

Neste senso, é especialmente relevante lembrar que, os/as Educadores/as Físico-deportivos/as (licenciados/as ou graduados/as en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e debidamente colexiados/as) son os profesionais que dende o ano 2019 o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social recoñece de forma oficial as súas competencias en exercicio físico en personas de calquera idade que teñan algún problema de saúde, aquelas con diversidade funcional ou con capacidades diferentes.

Por este motivo, somos as persoas legal e técnicamente capacitadas, formadas e competentes para: planificar, desenvolver e supervisar o exercicio físico e a actividade físico-deportiva orientada á saúde nalgúns dos colectivos máis vulnerables ou con necesidades especiais da nosa sociedade.

Coidar da saúde e do benestar da veciñanza esixe rigor profesional, seguridade e emprego de calidade. Contemos sempre con profesionais titulados e colexiados.

Accede ás 6 ofertadas para Instructor/a de Actividades Deportivas en diversas entidades.

+ℹ️👇🏻
https://colefgalicia.com/instructores-as-actividades-deportivas-programa-cooperacion-2026-varias-entidades/

✊🏻 O Consejo COLEF leva ao 29N a Educación Física como política de Estado‼️O Consejo COLEF presenta 26 propostas elector...
28/10/2026

✊🏻 O Consejo COLEF leva ao 29N a Educación Física como política de Estado‼️

O Consejo COLEF presenta 26 propostas electorais e unha axenda de reformas para facer efectivo o mandato constitucional de fomentar a Educación Física e situala como política de Estado.

🪧 Se reclaman servizos accesibles e seguros durante toda a vida, emprego cualificado e ordenación profesional, con compromisos e prazos para a próxima lexislatura. Ademais, esixe culminar a aprobación da actualización xurídica da profesión tras oito anos de trámites.

A cidadanía non pode seguir esperando 😡




+ℹ️👇🏻
https://www.consejo-colef.es/post/propuestas-colef-29n

O COLEF GALICIA NAS AULAS: O PRIMEIRO PASO CARA Á EXCELENCIA PROFESIONALO pasado venres 23 de outubro, o Xerente do COLE...
26/10/2026

O COLEF GALICIA NAS AULAS: O PRIMEIRO PASO CARA Á EXCELENCIA PROFESIONAL
O pasado venres 23 de outubro, o Xerente do COLEF Galicia, Diego Vilas Casal ( nº 56.399) e a Coordinadora de Proxectos do COLEF Galicia, Laura González González ( nº 68.159), estiveron co alumnado de terceiro e de cuarto curso do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de A Coruña.
Nestas visitas dámoslles aos estudantes consellos que poden utilizar mentres están na súa etapa universitaria, comentámoslles diferentes situacións coas que se van a atopar cando dean o salto ao mundo laboral e amosámoslles a situación actual dos EFD.
Queremos agradecer a Vicente Gambau i Pinasa (EFD nº 8.916) por permitirnos poder realizar esta xornada durante a súa clase de Xestión. É un privilexio contar con docentes tan comprometidos en achegar a realidade profesional ás aulas.

+ info👇
https://colefgalicia.com/o-colef-galicia-nas-aulas-o-primeiro-paso-cara-a-excelencia-profesional/

Dirección

Rúa Lope Gómez De Marzoa S/n (Edificio FEUGA/Despacho 20)
Santiago De Compostela
15705

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando COLEF Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos